Conversa:Cataluña - Catalunya
Esta páxina orfa contén unha conversa vella ou contidos anteriores con valor enciclopédico e mantense para a súa consulta. Por favor, non borres esta páxina. |
Untitled
[editar a fonte]Habería que amosar que o estatuto define a Cataluña como unha nación. --Norrin_strange (Talk) 17:26, 30 maio 2007 (UTC)
Falso ó prologo dí que o parlamento de Cataluña "representando" ao pobo catalán definiu a Cataluña como nación, pero onde segue a ser unha nacionalidade histórica. --Anónimo
- Revisando o historial de edicións atopei que varios anónimos andiveron a mudar diversas definicións para Cataluña, anónimos que non fixeron outras edición útiles para o wiki. Non entro a valorar se Cataluña é ou non é unha nación, seguindo o mesmo criterio que seguimos con outras mudanzas que pretenden impoñer un punto de vista recupero a última edición feita por un usuario rexistrado con historial de edicións neste proxecto. Esa edición corresponde a Norrin strange e define a Cataluña como unha nación. Para que quede claro o sentido da miña reversión recuperaría igual se dixese que é unha Comunidade histórica (tal como aparece noutra das edicións anónimas) ou territorio como tamén se ve. Se alguén considera que debe mudarse nación por outro termo debe expoñelo e argumentalo na páxina de discusión non facer as mudanzas agochandose como un usuario anónimo. Aproveito para dicir que para os colaboradores e lectores deste wiki é máis importante ter artigos de calidade que dilapidar esforzos discutindo. Para finalizar, como dixen antes a reversión está relacionada coa xestión do wiki polo tanto non entro a debatir cal é a definición final. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:37, 30 maio 2007 (UTC)
Todo isso que diz o Parlamento sobre a "nação" é referido só à comunidade autónoma, não ao Rossilhão nem a outras terras. --Ibérico 21:15, 6 xullo 2007 (UTC)
Creo que a xente que consulta a entrada "cataluña" na galipedia non o fai para ver se cataluña é unha nación ou unha nacionalidade, penso que prefiren coñecer a poboación, a renta per cápita, as cidades maís importantes, a historia, o pib, a extensión, a densidade... (anónimo)
- Unha cousa é a Cataluña, e outra a Comunidade Autónoma de Cataluña. A primeira comprende á segunda e ao Rosellón. -- Norrin_strange (Fala-me) 19:19, 31 xullo 2008 (UTC)
Como din "anónimo", o estatuto di que Cataluña é oficialmente unha nacionalidade histórica. Así figura tamén nos artigos de Cataluña en castelán e catalán. O prólogo do estatuto só di que o parlamento definiu a Cataluña como unha nación, pero o Tribunal Constitucional deixou claro que isto non ten valor legal nin xurídico. Por tanto, se queredes podemos mencionar o do prólogo máis adiante no texto, pero non penso que sea o correcto poner que Cataluña es una nación no primeiro párrafo do artigo. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 83.32.95.92 (conversa • contribucións) 22:55, 8 de agosto de 2010
- Imos chegar primeiro a un consenso e logo editamos o artigo. No entanto vou desfacer a última edición. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:10, 8 de agosto de 2010 (UTC)
- Síntoo, Xoacas, porque xa a desfixen eu. Non é cuestión, creo eu, de debater aquí o significado da sentenza do Constitucional, que, por outra parte, non considerou ese preámbulo inconstitucional (é dicir, ese preámbulo segue aí). Creo sinceramente que unha redacción do tipo: "o carácter peculiar da súa organización social levou a que a Constitución Española a recoñecese como nacionalidade histórica, e o seu Estatuto e mais o seu parlamento, como nación". Todo ben referenciadiño e listo. E en semellantes termos debería facerse o mesmo con Galicia. Pero facer guerra dunha definición coma esta é remexer onde non hai moito que remexer. Nin creo que se poida conseguir unha definición perfecta, nin creo que poñer unha cousa ou a contraria (realto) sexa pra "estar tolos" ou sinal "de estar de broma". --Xabier Cid Conversa 21:18, 8 de agosto de 2010 (UTC)
Paréceme boa solución, salvo por unha cousa: por máis que mirei, na Constitución do 78 non se fala de nacionalidades históricas. Sobre iso escribín algo en Conversa:Nacionalidade histórica que creo que servirá aquí: nacionalidades e rexións, ou ben provincias con entidade rexional histórica. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:20, 8 de agosto de 2010 (UTC)
Daquela non se pode dicir moito máis. Non sei se lendo outro tipo de documentos se pode sacar máis petróleo, pero se a constitución fala de "nacionalidades e rexións" sen especificar, o que diga aquí de pouco nos vale. --Xabier Cid Conversa 22:57, 8 de agosto de 2010 (UTC)
Cataluña un pais?
[editar a fonte]Vamos a ver, esto está cheo de contradicions. Dicir que Cataluña é un pais e despois afirmar que é unha comunidade autonoma é pura contradición. Outra cousa é que a vontade catalana e autoridades catalanas conciban a sua terra como unha nación, tendo en conta tamén que a propia Constitución española reconoce a Cataluña como nacionalidade histórica, pero de ahí a afirmar que cataluña é un pais... creo que non é correcto. O dia que Cataluña se independice vale, pero de momento sigue sendo unha comunidade autonoma 100%. --Jorjum (conversa) 09:05, 11 de outubro de 2012 (UTC)
- Cataluña é un país, hoxe, na meiranda parte, organizado administrativamente como comunidade autónoma dentro do Estado español. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 09:15, 11 de outubro de 2012 (UTC)
- Referencias e fontes diso? --Jorjum (conversa) 09:17, 11 de outubro de 2012 (UTC)
- Jorjum, non confundas país con estado. Galiza tamén é un país, de feito pódese escoitar decote na TVG e na Radio Galega referirse así. --Estevo(aei)pa o que queiras... 10:46, 11 de outubro de 2012 (UTC)
- Referencias e fontes diso? --Jorjum (conversa) 09:17, 11 de outubro de 2012 (UTC)
Por certo, na wiki en galego non se usa un icono: ou , na parte superior dereita, para os artigos destacados? --Jorjum (conversa) 11:44, 11 de outubro de 2012 (UTC)
- Si, úsase para os artigos de calidade. --Toliño Fala aquí comigo 11:50, 11 de outubro de 2012 (UTC)
- Ahh!! vale so para os artigos de calidade, vale, vale, vale.....ok saudos --Jorjum (conversa) 12:04, 11 de outubro de 2012 (UTC)
- Os artigos destacados ou destacados sobre Galicia o que levan é a categorización. Telos creo en categoría:artigos destacados. --Atobar (conversa comigo) 12:07, 11 de outubro de 2012 (UTC)
- Ahh!! vale so para os artigos de calidade, vale, vale, vale.....ok saudos --Jorjum (conversa) 12:04, 11 de outubro de 2012 (UTC)
- Si, úsase para os artigos de calidade. --Toliño Fala aquí comigo 11:50, 11 de outubro de 2012 (UTC)