Conversa:Cebador
Nome da páxina
[editar a fonte]Primer é un termo moi utilizado así na literatura científica en moitos idiomas, non só no inglés. É unha desas palabras difíciles de traducir como splicing, riboswitch, scavenger cell, etc., que non é de estrañar que se vexan por aí usadas directamente en inglés en moitas ocasións. O primer é a molécula que ceba o encima, ou que serve de iniciador para que poida este empezar a síntese. A tradución que máis se ve é cebador e en menor medida iniciador (pero isto refírese ao castelán), aínda que a palabra en inglés primer tamén se usa moito. As palabras cebador e iniciador existen tamén en galego con significados análogos, polo que son unha boa tradución. Os portugueses titularon a páxina iniciador. Na wiki en castelán titulárona incomprensiblemente "partidor", palabra que eu non vin usada para isto nunca na vida e que lles estraña tamén aos propios usuarios desa wiki. Pensei en titular a páxina primer para que non se confundise cos cebadores eléctricos, pero ao final optei por cebador. Igual había que poñerlle parénteses, pero polo momento esta é a única páxina feita chamada cebador. Estas escollas son sempre discutibles.Miguelferig (conversa) 1 de maio de 2013 ás 17:41 (UTC)
Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)
[editar a fonte]Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Cebador. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20100726222939/http://student.ccbcmd.edu/courses/bio141/lecguide/unit3/viruses/hivlc.html á ligazón http://student.ccbcmd.edu/courses/bio141/lecguide/unit3/viruses/hivlc.html
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 22 de agosto de 2018 ás 20:39 (UTC)