Conversa:Choiva ácida
Aparencia
Untitled
[editar a fonte]- O mellor sería que o artigo principal fose choiva ácida, pois é a denominación xeral nas publicacións ecolóxicas galegas. Acedo ten moitas veces o significado dun alimento perdido ou derramado, polo menos no galego popular, e por iso soa estraño choiva aceda.--Xoán Carlos Fraga 11:24, 20 xaneiro 2006 (UTC)
- O dicionario web da RAG : acidez s.f. 1. Calidade do que é acedo, sabor acedo. Por iso mudei o nome, eu tiña a idea de que como adxectivo en galego só se admitía acedo pero igual me equivoco, non teño un bo dicionario a man. Heino revisar en canto poida, pero se hai un lingüista por aí... saúdos.
- Segundo o Servizo de Normalización Lingüística da USC, a forma recomendable é chuvia ácida / choiva ácida: Chuvia que arrastra compostos ácidos orixinados por reaccións químicas na atmosfera. Tamén en portugués se aconsella esta forma: pt: chuva ácida. Saúdos. --Lameiro 20:45, 18 maio 2007 (UTC)
- Para os significados relacionados con química úsase ácido (ver e comparar Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ácido. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para acedo.).--Miguelferig (conversa) 11 de xuño de 2018 ás 20:43 (UTC)
Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)
[editar a fonte]Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Choiva ácida. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20070813063816/http://vello.vieiros.com/nova.php?Ed=1&id=56368 á ligazón http://vello.vieiros.com/nova.php?Ed=1&id=56368
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 3 de setembro de 2018 ás 18:50 (UTC)