Conversa:Club Lemos
Untitled
[editar a fonte]Estades misturando a Serie A do antigo Campionato de Galicia (que existiu entre 1905 e 1940) coa Serie A Rexional ligueira, que foi creada en 1940/41. Son competicións diferentes.--Kiskiyosus (conversa) 3 de xaneiro de 2013 ás 00:49 (UTC)
Está marcado con cores distintas. Non queda claro xa así? En xeral as entradas de equipos galegos teñen bastante lío cos diferentes nomes que as categorías rexionais/autonómicas/comarcais/provinciais foron tendo ao longo do tempo. Habería que ir regularizánoo pouco a pouco. Paréceme que o lóxico sería poñerlles o nome que tiveron en cada momento, pero dándolle a mesma cor, por exemplo, a 1ª Autonómica, 1ª Rexional e á actual Primeira Galicia. Tamén remitirían á mesma entrada, claro.
Non é cuestión de cores. O antigo Campionato de Galicia non era parte da liga española, era outra competición distinta. Nese cadro teñen que aparecer só as presenzas do Lemos na liga española.
Quinto ou sexto?
[editar a fonte]Boas. Non estou seguro de que sexa acertado dicir que o Lemos é o quinto club de fútbol máis antigo de Galiza, o club monfortino foi fundado en 1924, mais o Bergantiños (de acordo co seu sitio web) foi fundado un ano antes, en 1923. Non sei se hai bibliografía ao respecto, mais atendendo a isto, o Lemos sería o sexto, mentres que o Celta e o Bergantiños estarían no cuarto e quinto posto (descoñezo o día de fundación do Bergantiños, polo que non podo dicir cal é anterior). Un saúdo, Piquito (conversa) 15 de febreiro de 2022 ás 13:26 (UTC)
- E tamén o Racing de Ferrol é máis antigo. Eu eliminaría esa parte e deixaríao en que "é un dos máis antigos de Galicia". Saúdos. Nonsonninguen (conversa) 16 de febreiro de 2022 ás 11:14 (UTC)
O Sin Querer da Coruña é de 1922. O Libunca de Ferrol é de 1924.