Saltar ao contido

Conversa:Control científico

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

grupo de control cientifico

[editar a fonte]

usuario:Miguelferig, Grupo de control é o mesmo que Control científico? !d'O Magriço valho (conversa) 8 de agosto de 2024 ás 23:46 (UTC)[responder]

Ola, !d'O Magriço valho. Penso que basicamente si, porque sería un grupo de pacientes ou de ratos de laboratorio que se usa como control no experimento. Pero, idealmente poderíanse facer páxinas distintas, unha explicando como son os experimentos que usan grupos de control e outra sobre o grupo de control en si, é dicir, cal debe ser a súa composición, como se elixen os seus compoñentes, que sexan representativos da poboación etc. Pero as dúas páxinas terían un contido moi similar e probablemente sería bo incluír todo nun só artigo.--Miguelferig (conversa) 8 de agosto de 2024 ás 23:57 (UTC)[responder]
Entendín, pergunto porque na en.wiki existe tamém en:Treatment and control groups. !d'O Magriço valho (conversa) 9 de agosto de 2024 ás 11:44 (UTC)[responder]
Dalgúns temas hai dúas porque alguén as fixo con eses nomes e aí quedaron. Moitas veces ocorre iso e despois hai que facer o labor de fusionar (merge) páxinas nunha soa. Propostas de merge na wikipedia inglesa hainas por centos. Dun tópico sempre se pode facer unha páxina separada sempre que trates unha parte máis específica dese tema e en maior extensión e detalle, entón é posible facer a páxina de grupo de control, distinta de control científico. Teoricamente, neste caso son aspectos distintos e poderían ter cada un a súa páxina. Esa é a miña opinión, !d'O Magriço valho. Eu creo que polo momento, na Galipedia, grupos de control pode quedar como unha redirección de control científico. Despois, no futuro habería que facer a outra páxina con maior extensión e especificidade e o suficientemente diferente, porque iso sempre se pode facer facilmente.--Miguelferig (conversa) 9 de agosto de 2024 ás 16:26 (UTC)[responder]