Conversa:Delfínidos
Untitled
[editar a fonte]Ao parecer golfiño, delfín e arroaz non son o mesmo. Xa o dice algún dicionario, pero eu fíome das xentes do mar cando falo con elas claro, porque escoitar galego para min é moi pracenteiro e disto os nenos -entre os que me inclúo, claro- aínda non saben tanto. Home, algún sempre hai eh, afortunadamente. A ver se as novas xeracións non seguen cambiando de lingua, por favor, ese é o meu berro e mira que o fixen en minísculas. A verdade é que ás veces desvíome do tema, pero se les ben o desvío ten o seu sentido. Ala, non vos mareo máis e veña, Bicos para todas e todos. --Xoán Carlos Fraga 00:53, 11 setembro 2006 (UTC)
Redirección inadecuada
[editar a fonte]Dado que a família dos delfínidos (Dephinidae) conta con máis de 30 especies parece algo abusivo que a voz delfínidos redirixa á páxina do golfiño (aínda tendo en conta de que en realidade non se trata do golfiño común (que, por certo, si ten páxina propia, e non redirixe a nada) senón dun artigo, algo curto e moi mellorábel, da familia dos delfínidos.
Hoxe trataba de facer (ou editar, caso de a haber) un artigo delfínidos (Delphinidae), pero non o podo facer até que non se desfaga dita anómala redirección.
- Lista de epecies
- Xénero Cephalorynchus
- Cephalorynchus eutropia — golfiño chileno
- Cephalorynchus commersonii — golfiño de Commerson
- Cephalorynchus heavisidii — golfiño de Heaviside
- Cephalorynchus hectori — golfiño de Hector
- Xénero Delphinus
- Delphinus capensis — golfiño do Cabo
- Delphinus delphis — golfiño común
- Xénero Feresa
- Feresia attenuata — feresia / candorca pigmea
- Xénero Globicephala
- Globicephala macrorhynchus — caldeirón tropical
- Globicephala melas — caldeirón / caldeirón común
- Xénero Grampus
- Grampus griseus — golfiño cincento / golfiño de Risso
- Xénero Lagenodelphis
- Lagenodelphis hosei — golfiño de Fraser
- Xénero Lagenorhynchus
- Lagenorhynchus acutus — golfiño de flancos brancos do Atlántico
- Lagenorhynchus albirostris — golfiño de fociño branco
- Lagenorhynchus australis — golfiño austral / gofiño de Peale
- Lagenorhynchus cruciger — golfiño cruzado / golfiño reloxo de area
- Lagenorhynchus obliquidens — golfiño de flancos brancos do Pacífico
- Lagenorhynchus obscurus — golfiño escuro / golfiño de Fitzroy
- Xénero Lissodelphis
- Lissodelphis borealis — golfiño sen aleta setentrional
- Lissodelphis peronii — golfiño sen aleta meridional
- Xénero Orcaella
- Orcaella brevirostris — golfiño branco do Irrawaddy
- Orcaella heinsohni — golfiño branco de Heinsohn
- Xénero Orcinus
- Orcinus orca — candorca
- Xénero Peponocephala
- Peponocephala electra — golfiño de cabeza de melón / peponocéfalo
- Xénero Pseudorca
- Pseudorca crassidens — falsa candorca
- Xénero Sotalia
- Sotalia fluviatilis — sotalia de río
- Sotalia guianensis — sotalia de Güiana
- Xénero Sousa
- Sousa chinensis — golfiño xorobado do Pacífico
- Sousa plumbea — golfiño xorobado do índico
- Sousa teuszii — golfiño xorobado do Atlántico
- Xénero Stenella
- Stenella attenuata — golfiño pinto tropical
- Stenella clymene — golfiño acróbata de fociño curto
- Stenella coeruleoalba — golfiño azul e branco
- Stenella frontalis — golfiño pinto do Atlántico
- Stenella longirostris — golfiño acróbata de fociño longo
- Xénero Steno
- Steno bredanensis — golfiño de foiño estreito / esteno
- Xénero Tursiops
- Tursiops aduncus — arroaz do Indo-Pacífico
- Tursiops truncatus — arroaz / arroaz real
- Tursiops australis — arroaz austral
(Nota: os nomes vulgares indicados aquí son unha proposta [moi] provisional). --XoioÉche o que hai 20:40, 13 de maio de 2012 (UTC)
- Movido Golfiño a Delfínidos, pero deixo a redirección (como tamén a deixo desde Delfín), porque na fala non especializada os pequenos odontocetos sonche todos golfiños, sexan máis ou menos grandes, (sacando a candorca) e os grandes misticetos son todo baleas (sacando o cachalote, claro). Logo veñen os especialistas e poñen nome máis específico ás diferentes especies, e así o teremos que recoller nós nas correspondentes entradas, pero o concepto golfiño como pequeno cetáceo, sexa da especie que sexa, non o podemos obviar. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 14:23, 14 de maio de 2012 (UTC)
- ¿De onde colleches, Xoio, os nomes comúns? Hai algúns que me sorprenden bastante, pero chamar golfiño azul e branco á Stenella coeruleoalba leva a palma. Sempre foi golfiño riscado. Supoño que terás á man as publicacións da CEMMA, que nisto dos cetáceos é unha referencia de moito peso. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 14:29, 14 de maio de 2012 (UTC)
- Totalmente de acordo contigo, Pedro, sobre o de que golfiño (e delfín) é un nome común aplicábel a todos os delfínidos (menos á candorca —por grande— ou aos que teñen nomes galegos de seu). Por iso agradezo que moveras Golfiño cara a Delfínidos (e tamén, obviamente, que manteras as redireccións). Agora queda máis aquelado o tema.
Canto ao dos nomes vulgares saqueinos de aquí e dacolá (incluso inventei siobre a marcha algúns). Por iso dixen que eses nomes eran unha proposta moi provisional, que cumpriría facer más demoradamente, e cos debidos asesoramentos. Un saúdo, Luís --XoioÉche o que hai 14:52, 14 de maio de 2012 (UTC)
- Totalmente de acordo contigo, Pedro, sobre o de que golfiño (e delfín) é un nome común aplicábel a todos os delfínidos (menos á candorca —por grande— ou aos que teñen nomes galegos de seu). Por iso agradezo que moveras Golfiño cara a Delfínidos (e tamén, obviamente, que manteras as redireccións). Agora queda máis aquelado o tema.
- ¿De onde colleches, Xoio, os nomes comúns? Hai algúns que me sorprenden bastante, pero chamar golfiño azul e branco á Stenella coeruleoalba leva a palma. Sempre foi golfiño riscado. Supoño que terás á man as publicacións da CEMMA, que nisto dos cetáceos é unha referencia de moito peso. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 14:29, 14 de maio de 2012 (UTC)
- Vexo que xa se adiantou Lameiro a mover e redireccionar, co cal iso queda feito. En todo caso, Xoio, no que tinxe aos nomes comúns, debemos ir con moitísimo tento: non podemos dar ningún nome común que non veña nunha publicación especializada. Se non estás refrendados por un documento, non deben figurara aquí. Un saúdo e, coma sempre, bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 10:51, 15 de maio de 2012 (UTC)
- O malo de térmonos que ater, para os nomes vulgares, a que estes teñan que estar reflectidos nunha publicación especializada, é que non hai demasiadas publicacións deste tipo en Galicia. E non todas son demasiado fiábeis. A xeito de exemplo, un:
Na monumental obra de Lahuerta e Vázquez Vocabulario multilingüe de oragnismos acuáticos, Santiago: Xunta de Galicia / Consellería de Educación e O. U. / Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades / Termigal, 2000, ISBN 84-453-2913-8, dase para a especie Dissostichus mawsoni Norman 1937, peixe da familia dos nototeníidos (Nototheniidae) o singular nome de pescada austral do Antártico que, nin é unha pescada, nin pertence ao xénero Merluccius (cuxos membros son os únicos que teñen o dereito a charmárense pescadas), e nin sequera é da familia dos merlúcidos, que pertence á orde dos gadiformes, mentres que os noteníidos fan parte da dos perciformes, moi afastada filoxeneticamente). E menos mal que se trata dunha pescada austral do Antártico, e non dunha boreal do Antártico nin doutra austral do Ártico. E todo iso malia contar co asesoramenrto do TERMIGAL. Se cousas como esta ocorren (e non é o único caso) con dito asesorameto, que non poderiamos ver noutras que non conten con el?
Así, é practicamente imposibel editar páxinas de aniamis (e de plantas e outros seres vivos), incluídas as especies galegas.
En gran parte o problema solucionríase se Galipedia permitise (como fan moitas outras Wikis) titular as páxinas co nome científico da especie en cuestión. Deste xeito, poderíanse editar, sen nome [vulgar] respaldado por unha publicación especializada e logo, na páxina de conversa, discutir cal sería o nome galego máis acaído. Pero isto (o de permitir as entradas polo nome científico) seica xa o propuxera Pedro (Lameiro), que se discutira, e que non fora aceptado. Lástima. --XoioÉche o que hai 21:09, 15 de maio de 2012 (UTC)- Ben sabemos que hai nomes "comúns" inventados por alguén benintencionado e sen ningunha base lóxica. Isto acontece máis con especies descoñecidas en Galicia e que, polo tanto, non teñen nome común-común (eu tamén o vin en especies arquicoñecidas en galego, ás que daban un nome ficticio, tradución literal do nome común inglés). Pero éche o que hai. Salvo casos flagrantes son as denominacións popularizadoras -xa que non populares- de bichos e plantas que, admitámolo, non podemos chamar en latín. Para cetáceos -galegos- temos a CEMMA como referencia; para paxaros, a SGO; e así con case tódolos grupos de bichos. Coas plantas xa é outro tema. E se se dá, que se dará, o caso dun bicho para o que non teñamos nome común referenciado e fiable, úsese como título o nome científico, que esa excep´ción está contemplada. Non hai tanto problema, xa o verás. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 21:29, 15 de maio de 2012 (UTC)
- O malo de térmonos que ater, para os nomes vulgares, a que estes teñan que estar reflectidos nunha publicación especializada, é que non hai demasiadas publicacións deste tipo en Galicia. E non todas son demasiado fiábeis. A xeito de exemplo, un:
Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)
[editar a fonte]Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 7 ligazóns externas en Delfínidos. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20100131204406/http://www.dolphinassistance.org/es/noticias-delfines-anatomia.html á ligazón http://www.dolphinassistance.org/es/noticias-delfines-anatomia.html
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20120128022149/http://www.canaricultura.com/manual/temas%20variados%20de%20criadores/hibridaciones.htm á ligazón http://www.canaricultura.com/manual/temas%20variados%20de%20criadores/hibridaciones.htm
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20100328115434/http://www.dolphinaris.com.mx/Enciclopedia-sobre-Delfines/Comunicacion/ á ligazón http://www.dolphinaris.com.mx/Enciclopedia-sobre-Delfines/Comunicacion/
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20061111055736/http://www.txtwriter.com/Onscience/Articles/Flipper.html á ligazón http://www.txtwriter.com/Onscience/Articles/Flipper.html
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20090505132256/http://www.eco2site.com/informes/delfines2.asp á ligazón http://www.eco2site.com/informes/delfines2.asp
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20100330033550/http://www.environmentalgraffiti.com/ecology/first-time-in-world-history-killer-whales-filmed-hunting/1142 á ligazón http://www.environmentalgraffiti.com/ecology/first-time-in-world-history-killer-whales-filmed-hunting/1142
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20090908084039/http://www.lostiempos.com/diario/actualidad/internacional/20090810/matanza-de-delfines-en-islas-feroe_29579_47533.html á ligazón http://www.lostiempos.com/diario/actualidad/internacional/20090810/matanza-de-delfines-en-islas-feroe_29579_47533.html
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 23 de agosto de 2018 ás 06:37 (UTC)
Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)
[editar a fonte]Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Delfínidos. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20130926100750/http://www.cemma.org/cont.htm á ligazón http://www.cemma.org/cont.htm
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 29 de agosto de 2018 ás 11:42 (UTC)
Ligazóns externas modificadas (febreiro 2019)
[editar a fonte]Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Delfínidos. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20120518005717/http://www.seaworld.org/animal-info/info-books/bottlenose/physical-characteristics.htm á ligazón http://www.seaworld.org/animal-info/info-books/bottlenose/physical-characteristics.htm
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 21 de febreiro de 2019 ás 12:49 (UTC)