Conversa:Eduardo Ferreirós Boullosa
Untitled
[editar a fonte]Agradezo calqueira colaboración no artigo que poida aportar información nova e relevante, pero coido que o número de edicións deste artigo xa non está xustificado, tanto máis cando moitas delas non aportan absolutamente nada novo, introducen conxeturas e afirmacións non contrastadas, veñen a "parafrasear" e reinterpretar libremente outras edicións i, en definitiva, desvirtúan esta biografía.
E coma exemplo: .- a mención "falecido o 23 de agosto de 1936 no Pousadoiro" máis alá de non facer xusticia ós feitos, é inadecuada sabendo que: Eduardo Ferreirós foi capturado en Carril pola Guardia Civil i entregado ós grupos locais de falanxistas; foi conducido ó monte, lonxe da cidade, donde foi torturado con gran saña (fontes orais afirman que incluso lle cortaron os testículos e llos introduciron na boca), abandoando despois o seu cadaver na capela de San Antoniño do Pousadoiro, Cea, donde foi atopado un día despois -o día 23 de agosto-. Parece logo evidente que o termo "asasiñado", sen necesidade de afondar en detalles máis escabrosos, resulta máis adecuado que "falecido", que para nada se axusta ós feitos. .- a calificación de "sindicalista anarquista galego" non ten máis base por canto se deduce únicamente da súa pertenencia á C.N.T., sindicato que aglutinou a unha grande maioría de traballadores, e con moita presencia en poblacións coma as mariñeiras galegas (a CNT chegou a ter no ano 36 un millón e medio de afiliados en España: moitos obreiros e traballadores, e se cadra non tantos anarquistas). .- non está contrastado que fose "fillo de mariñeiro" (nin él mesmo, que moi ben puido ser estibador en Carril) .- en canto á afirmación "realizou colaboracións puntuais con distintos xornais, como El Pueblo Gallego", agradecerei referencias a calquer outro xornal máis que "El Pueblo Gallego" (e, por certo, nunca de forma específica "Sobre o tema da pesca e o marisqueo") .- i en canto ós posibles dereitos de autor polo artigo de "El Pueblo Gallego" (sempre citando con referencia explícita a fonte), lembremos que se trata de un artigo do ano 1.933 (máis de 75 anos!!), publicado nun xornal desaparecido hai casi 30 anos!! (...)
Moitas das referencias (biográficas, á causa militar, ó seu labor sindical, ... ) son modificadas ou reinterpretadas polos editores -cando non directamente eliminadas- sen un mínimo rigor, sen ser investigadas e contrastadas, e despreciando a fonte documentada.
Fontes, neutralidades e precisións
[editar a fonte]Ola, boa tarde, acabo de reverter a última edición feita por moitas razóns, e espero poder explicalas aquí, así como dar resposta ao comentario anterior.
- No artigo consta que foi asasinado cando ten que constar. É costume nos artigos da wikipedia que non se poña a causa do falecemento ao comezo do artigo.
- Se así se dixese, podería parecer que a importancia que ten este señor é que foi asasinado. Se así fose, debería ser cualificado de irrelevante (moitas persoas son asasinadas) e conseguintemente borrado.
- A supresión da categoría anarcosindicalismo (se te refires a iso) faise porque xa existe unha categoría máis precisa, e a de anarcosindicalismo sería redundante.
- Sobre se era ou non fillo de mariñeiro... cito un artigo que cita a propia IP: "Eduardo tiña dous irmáns máis novos ca el, un rapaz chamado Antonio e unha nena. El era o cabeza de familia dende que o seu pai, mariñeiro, afogara nun naufraxio que tivo lugar en 1924 na propia ría de Arousa" [1].
- Deduzo, pois, que a mellor opción sería borrar as referencias á súa actividade xornalística, porque non se pode cualificar de actividade se só escribe unha vez nun xornal. É isto así?
- Con respecto aos dereitos de autor, aínda que a cabeceira non exista non quere dicir que os dereitos de propiedade se extinguisen. En todo caso, sería interesante a cita cando estea achegando datos de valor sobre a vida ou feitos de Eduardo Ferreirós.
- A Galipedia, como todas os proxectos wikipedia, debe basearse en fontes rigorosas. Non é o caso deste artigo. O traballo que realicei de edición ata o de agora tratou de apoiar o máximo posible o texto creado por esta IP sen referencias, intentando que ese celo en facer as cousas ben non danase demasiado uns contidos que podían chegar a ser valiosos. Eera consciente de que se actuamos con rigor neste caso polo que se refire a fontes históricas, o único camiño que lle queda ao artigo é o borrado.
- Como é habitual en artigos referentes á Guerra Civil, a redacción pecaba dunha gran falta de neutralidade. Debemos lembrar neste punto que a wikipedia non é unha páxina de homenaxe, nin un sistema de vinganza, nin tampouco un sistema de reparación de feitos.
- Moitos destes artigos son creados por persoas intimamente relacionadas cos mencionadas (compañeiros ideolóxicos, veciños, familiares...). A este respecto, pódese consultar a norma en:Conflict of Interest, onde se explica por que hai que evitar esta práctica.
- Noutros casos os artigos baséanse en investigacións orixinais, e tivemos aínda non hai moito un caso disto. O rigor e a calidade histórica daos a revisión dos pares: se un traballo é orixinal e non foi revisado e contrastado por outros, non se pode confiar nel como fonte rigorosa e, ademais, é moi posible que se estea utilizando a wikipedia para promover fins ou investigacións alleos ao proxecto wiki.
- Finalmente, xa que facemos unha reversión, podemos tentar conservar os estilos e a estrutura que se corresponden cun artigo da wikipedia.--Xabier Cid Conversa 20:40, 8 decembro 2008 (UTC)