Saltar ao contido

Conversa:Enciño

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Enciño redirixía cara a aciñeira, como é tamén outra denominación do angazo tiña que se reflectir e refíxena para convertela en páxina de homónimos, agora ben unha vez que o fixen atópome que non teño referencias de enciño como outra forma galega da aciñeira, no TILGA hai unhas poucas, porén son obras modernas e podería ser simplemente un castelanismo, e remexendo en internet non atopo nada de confianza. Quizabes fora mellor deixar enciño como redirección cara ao angazo.--RNC 15:20, 4 decembro 2008 (UTC)

  • Enciño, co significado de aciñeira ("encina", di) vén no Dicionario de dicionarios recollido por Eladio Rodríguez, abonado por Novoneyra, que o recolle no Courel. Ningún outro dicionario anterior lle dá máis significado có de angazo. Tamén lle dá significado de aciñeira o Catálogo da Flora Vascular Galega, que non o localiza. Creo que son, sobre todo Novoneyra, referencias de confianza. O VOLGa só o recolle, e con asterisco de desaconsellado, como anciño (=angazo), pero segundo Constantino García, enciño era a forma usada en 11 lugares. Eu recuperaría a idea da páxina de homónimos. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:48, 4 decembro 2008 (UTC)
  • Con esas referencias paréceme ben que permaneza como páxina de homónimos logo.--RNC 19:58, 4 decembro 2008 (UTC)