Conversa:Eswatini
![]() | Detalles das contribucións e análise de visitas á páxina. |
Untitled
[editar a fonte]Non hai que poñer no título tamén o topónimo oficial Swaziland?--Miguelferig (conversa) 29 de xuño de 2013 ás 17:36 (UTC)
Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)
[editar a fonte]Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Suacilandia. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20130926060955/http://www.udc.es/publicaciones/documentos/biblioteca/CriteriosParaUsoDaLingua.pdf á ligazón http://www.udc.es/publicaciones/documentos/biblioteca/CriteriosParaUsoDaLingua.pdf
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 27 de agosto de 2018 ás 23:04 (UTC)
Cambio do nome do país
[editar a fonte]En abril deste ano, o rei Mswati III anunciou que o Reino de Suacilandia cambiaría oficialmente o seu nome colonial e pasou a chamarse eSwatini, que é o nome que os swazi lle dan ó seu propio país. Unha ip engadiu a información no comezo do artigo, pero creo que aínda non se falou sobre o cambio de nome do artigo. Algunhas wikis xa fixeron o cambio, como a inglesa (Eswatini), a hausa, a xavanesa, a letoa, a lituana, a occitana, o patois, o polaco, (a wiki en swazi xa o recollía con esta forma, obviamente), a serbia, a serbocroata... pero moitas, incluíndo a maioría da nosa contorna, soamente recolleron a nova no artigo e deixaron o antigo nome. Deberíamos facer o cambio nós tamén?--Breogan2008 (conversa) 25 de novembro de 2018 ás 08:14 (UTC)
- No de Suacilandia non estou de acordo. Vouno tratar de explicar... En galego Suacilandia é o exónimo para un pequeno país africano, de nome en inglés Swaziland. Dito país tiña como nome oficial "Swaziland" en inglés, e agora moudou o seu nome polo dunha lingua bantú (coido) "eSwatini", pero iso non significa que debamos mudar o nome galego, que ten preferencia sobre a forma oficial. --Norrin (Fálame) 21 de febreiro de 2019 ás 18:04 (UTC)
- Por certo que "eSwatini" significa exactamente o mesmo, terra dos suazis. --Norrin (Fálame) 21 de febreiro de 2019 ás 18:06 (UTC)
Eswatini, Esuatini, Essuatini, etc.
[editar a fonte]A Real Academia Galega xa se pronunciou sobre o uso do topónimo Eswatini? Isto parece estar influenciado en gran medida pola forma anglosaxoa, que se diferencia da castelá, Esuatini; e do portugués, Essuatíni. Erumakura (conversa) 28 de setembro de 2024 ás 21:03 (UTC)
- A forma anglosaxoa é máis fiel ao orixinal swazi: eSwatini; e a maioría das linguas manteñen o orixinal -w- son o portugués e o castelán os que se diferencian. E a RAG deixou claro no seu pronunciamento sobre varias formas ucraínas [1] que:
"Como criterio xeral, o Seminario de Onomástica da RAG segue as recomendacións do grupo de expertos en nomes xeográficos da Organización das Nacións Unidas (ONU), baseadas no respecto ás formas de cada topónimo na súa lingua orixinal"--HacheDous=0 (conversa) 28 de setembro de 2024 ás 21:27 (UTC)
- A páxina de nomes xeográficos da ONU: [2] e como se di na ligazón anterior da RAG neste caso non hai formas históricas en galego nin problemas de transliteración, agás a RAG diga expresamente outra cousa semella que a forma en galego é Eswatini.--HacheDous=0 (conversa) 28 de setembro de 2024 ás 21:32 (UTC)