Conversa:Festa do Boi
Aparencia
Untitled
[editar a fonte]O texto do apartado historia hai que contextualizalo, tal como está redactado semella que está nun estilo antisemita, o que seguro que non era intención do usuario que o redactou.--Cheluco 13:09, 19 de febreiro de 2011 (UTC)
- O caso é que esa é a teoría máis común do nacemento da festa, e ten moitas referencias. Hai outras teorías, xa máis laicas, que podo engadir pero mantendo aquela. Pedro --Lameiro (conversa) 13:28, 19 de febreiro de 2011 (UTC)
- Non digo que non, pero require que se acheguen esas referencias e e modificar frases como: "conseguiu botar para sempre aos xudeus" como se fose un logro ou contextualizándoo doutro xeito, como frase literal dalgunha lenda popular por exemplo. Pero se o podes arranxar, mel sobre filloas.--Cheluco 13:31, 19 de febreiro de 2011 (UTC)
- Non pretendía ser antisemita, a verdade é que visto así podería parecer, sen embargo penso que está moito mellor como está agora. Estaría ben achegar as outras teorías que eu descoñezo (non son un gran coñecedor da festa). Moitas grazas.--Piquito