Saltar ao contido

Conversa:Galicia/Arquivo Galiza

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Votación para fusionar Galicia e Galiza nun único artigo titulado Galicia

[editar a fonte]

Está aberta unha votación para fusionar os dous artigos. Esquecín avisar nesta páxina ao abrir a votación, pero fagoo agora que aínda quedan 10 días. A votación está en Wikipedia:Votacións/Fusión dos artigos Galiza e Galicia nun único titulado Galicia Miguel.lima 14:22, 8 marzo 2008 (UTC) mesaxe movida por ElviraConversa con mi 14:39, 9 marzo 2008 (UTC)

Rematou a votación, sendo este o resultado:

Miguel.lima 11:54, 19 marzo 2008 (UTC)


Poño un comentario aquí que creo que é interesante, a pesares que na redacción da Galipedia hai que ter congta non só os feitos como aparecen a continuación senón tamén as circunstancias, polo que sempre teremos subxectividades:

"E entrando noutro tema, vexo que estades a revisar os artigos, iso debería servir para que non se repitan entradas como as de Galicia-Galiza, artigo totalmente acientífico: non se pode dicir que Galicia limita con América, ou as Illas Británicas (nin salvando o mar nin o aire) non é cientifico, está ben para unha novela ou unha película pero non para un artigo divulgativo (espero que ningún rapaz lea iso e o poña nun exame).
Débense evitar as opinións persoais ("segundo algúns" encobre unha opinión persoal) Calificar de pequena nación a Galicia é subxectivo, para min é unha gran nación. De querer dicir que é pequena en extensión habería que o dicir especificamente. E, xuridicamente ou administrativamente, Galicia non é unha nación, é unha comunidade autónoma ou unha nacionalidade histórica. Eu preferería que Galicia fose unha nación independente, pero non é así, e debemos reflectir a realidade xurídica, non o que nos gostaría ser. La Coruña(no apartado vilas aparece ao carón da forma oficial) non é unha forma oficial válida, a lexislación está moi clara, as competencias sobre lingua galega e toponimia está na Xunta de Galicia, o estatuto é unha lei orgánica, e unha lei española (a de grandes cidades) non pode modificar iso. E, evidentemente, en Santiago non chove 320 días ao ano (177 é a cifra real ).Non sigo comentando a entrada por non aburrir.
As críticas fágoas por que quixera que nos tomasen en serio, debemos ser un exemplo que outras wikis imiten, e que un rapaz poida facer unha redacción tomando datos da Galipedia e aprobe. De detectar artigos acientíficos débese poñer un aviso ou borralos.--Rocastelo 17:46, 22 Dec 2004 (UTC)"

Posto por --Agremon 18:01, 22 Dec 2004 (UTC)

27/12/04 - Estado do artigo - Indicacións para o seguinte

[editar a fonte]

Ola a todos. Estiven uns días cavilando e tratando de mellorar Galiza. Teiñma pensado dar mañá a cousa por terminada, pero prefiro adiantar a data.

Galiza segue a ter un montón de lagoas, pero creo que é tempo para que outro a colla durante uns días e a mellore. Quen o faga, que poña un aviso aquí e a data ata a que vai a ter ó seu coidado a páxina. Así, cando pasen varios polo mantemento é de esperar que a páxina xa sexa aceptable e se poda pasar tamén o contido a Galicia. Adxunto algúns comentarios:

Quen pase a manter a páxina, que revise a ortografía. Por experiencia sei que se me pasan cantidade de verbas mal escritas.

Creo que para o apartado inicial de discriminación que chega o que está feito (a non ser que aparezan máis galicias por América). A pesares de que fixen unha reordenación de apartados, os que veñen a continuación, os que hai hoxse en día, convirá reordealos cando esté un pouco máis traballada a páxina.

1 Táboa de datos: En total hai tres, que coido mellor que unha soa para que sexa manexable. Prevert quere facer un template para Galiza/Galicia e paréceme ben; sobre novos datos para aumentar, non se me ocorre que falte ningún fundamental.

2 Información Xeral. Creo convinte unha mellor redacción.

3 Administración do Territorio. Escribindo esto decátome que faltan as Comarcas. Xa comezo a solucionalo. Haberá que revisalo; por exemplo, puxen unha ligazón a Comarcas de Galicia; déixoa así, pero o lóxico sería poñer 'Comarcas de Galiza', indo direitamente a un artigo que se chame así ou (creo pero solución) cunha ligazón ó actual. Na táboa de resume aínda non aumentei o número de comarcas.

4 Economía. Creo que deben poñerse números, pero con coidado de non pasarse. Poñer unha táboa cos datos non viría mal, pero creo que todo dentro dun aumento limitado, para non facer unha macro división. Poñer subdivisións por áreas económicas ou sectores económicos.

5 Xeografía. Coido que está algo desequilibrada; nuns sitios fáise referencia a artigos e noutros intégranse os datos, o que a fai unha sección irregular. Falta unha subdivisión sobre vías de comunicación e outra de xeoloxía.

6 Natureza. Peixes e aves necesitan o seu apartado propio.

7 Climatoloxía. Faltan seccións climáticas de Galicia e gráficos de temperaturas medias e precipitacións.

8 Historia. Ten apartados moi floxos. Aquí hai que ter un coidado especial sobre opinións particulares. Como ilustración, podedes ver a mesma páxina de 'historia e cultura' da Xunta, que ten pasaxes 'opinables'.

9 Lingua. Pode que fora mellor falar de lingua e cultura, desgaxando algo do que xa está posto en Historia.

10 Persoas destacables. Creo que falta mogollón de xente. Por exemplo, non puxen escultores, nin pintores, xente de teatro ou creadores de banda deseñada. O motivo é que me levou moito traballo aumentar algún fotógrafo e non estou aínda seguro da súa valía, polo que o deixo para xente máis artista ca min.

11 Política. A táboa correspondente á historia dende a democracia non a desenvolvín como apartado en parte porque os datos que hai son de política, pero debera incluír máis cousas. Pode que fora cousa de facer en 'historia en democracia' máis subapartados onde se trate tamén o de política e partidos políticos, xunto con outros sobre a desindustrialización/reconversión dos asteleiros ou a despovoación do campo.

12 Ligazóns externas. Coido convinte aumentalas e poñelas como subdivisións (o apartado de univerisades non o puxen como subdivisión porque era un só)

En fin, tratei de facer un resume e o facelo xa me deu ideas para continuar eu, pero creo que debe facelo outro, aínda que volva despois eu (aló polo 15 de xaneiro, a non ser indicacións en contra, darei unha volta pola páxina para argallar supoñendo que non esté xa todo argallado).

Despois do proceso que comezamos creo que a páxina ha quedar ben facendo de insignia da galiedia. Un saúdo a todos.--Agremon 17:17, 27 Dec 2004 (UTC)

80.58.23.170 fixo un cambio de español por castelan (así, sen acento), que revertín segundo a indicación do artigo castelán na galipedia.--Agremon 16:09, 2 Jan 2005 (UTC)


Loita armada de galeguista no franquismo

[editar a fonte]

Practicamente non houbo galeguistas nas partidas guerrilleiras durante o franquismo, Carlos Velo foi un caso illado. A maioría dos guerrilleiros eran comunistas, anarquistas ou socialistas, algúns con certas ideas galeguistas, pero esa non foi unha característica do movemento guerrilleiro en Galicia. Os galeguistas ou marcharon ao exilio exterior (Castelao) foron asasinados (Bóveda) mantivéronse nun exilio interior (Otero Pedraio) ou traicionaron as súas crenzas (Risco, Das Casas), e o común dos galeguistas apandaron como puideron co franquismo.--Rocastelo 11:26, 27 Feb 2005 (UTC)


ISO 3166

[editar a fonte]

Coido que o código GA no ISO 3166 pertence a Gabón e procurando en http://en.wikipedia.org/wiki/ISO_3166-2:ES atopei o seguinte:

† Autonomous communities not included in "Sorted by Code" because: not proper format

(aínda así aparece GA como código de Galicia... ¿non se presta a confusión? ¿Alguén mo pode explicar?)

--Luisinho 21:11, 12 Mar 2005 (UTC)

  • O código ISO 3166-2 codifica subdivisións de estados, mentres o código ISO 3166 codifica estados. (por certo bisbarra non é máis enxebre que comarca, as dúas son formas galegas, que coincida co castelán non o fai nin máis nin menos enxebre)--Rocastelo 21:40, 12 Mar 2005 (UTC)
  • Gracias. Entón modificado o enlace de 'bisbarras de Galicia' polo de 'comarcas de Galicia' en 'divisións administrativas'

--Luisinho 19:57, 13 Mar 2005 (UTC)

Enlaces que na miña opinión sobran

[editar a fonte]

Paréceme algo completamente ilícito que no apartado ligazóns internas se engadan estas seguintes:

  • Bloque Nacionalista Galego

Non creo que sexa correcto que se poña un partido político na páxina dunha comunidade autónoma, anque esté gobernando. ¿Por qué non poñemos ó PSG-PSOE?

  • Esquerda Unida - Izquierda Unida

Este partido nin sequera ten representación política no parlamento galego. ¿Por qué non poñemos a outros partidos sen representación, coma PCG, CG, etc?

  • Plataforma Nunca mais

E bueno, este último, xa que sí non me parece correcto que apareza. Tamén podíamos engadir hipervínculos de ONG's ou marcas privadas, xa que estamos.

E neste artigo, Galiza, hai outro enlace máis que non hai en Galicia:

  • Galiza Livre

Considero que é mellor que se retiren estes catro enlaces, porque incuestionablemente sobran da información que se pretende dar en este artigo (a non ser que non se intente ser obxetivo nel).


--O Tin 13:57, 7 xuño 2006 (UTC)

Opinião sobre a Galiza...

[editar a fonte]

Sou lusófono (brasileiro) e admirador da Galiza, sua cultura e principalmente seu idioma. Penso que muitos de nós de língua portuguesa gostaríamos que o idioma galego fosse cada vez mais aproximado do irmão gêmeo português. Quando emitimos comentários sobre uma aproximação da Galiza com a lusofonia não queremos incomodar (molestar) ninguém. Apenas mostramos a nossa opinião sobre a situação da língua de Camões, Rosália de Castro e de Machado de Assis. Esperamos que os amigos que não coincidem com a nossa opinião não a tomem mal...é apenas opinião e democracia.

    • É opinión, amigo, mais non democracia. ¿pagades os vosos impostos en Galicia? ¿Non? Pois bendita opinión :D Persoalmente, non esquezo os vencellos obvios entre as linguas portuguesas e as galegas, mais nós, os galegos temos lingua de noso e se queremos desprendernos de interferencias do castelán tamén debemos desfacernos de interferencias lusófonas. Temos que atopa-lo noso propio espazo no mundo linguístico. --Adalbertofrenesi 12:10, 16 xuño 2006 (UTC)


  • Si e non...

si que debemos atopa-lo noso propio espazo no mundo linguistico,...pero non nos podemos desvencellar do portugués, pois cometeríamos un gran erro...o portugués é, salvando as distanzas, o que o galego sería sen a interferenza do castelán. Po-lo tanto pra "descastelaniza-lo" galego, temos que mirar pro galego-portugués medieval, ou se queremos algo moderno, pro portugués actual.

E logo...que eu saiba...o pagar ou non impostos n Galiza, non ten nada que ver con isto non?^, se eu os pago en Madrid ou onde a vida me leve....deixarei de ter opinión ou de poder mostra-la sobre Galiza?, non?...pois temos case 2 ou 3mill de emigrantes, máis que habitantes hai na galiza....e eles non pagan impostos en Galiza...pensa niso...e no Brasil hai moiiito emigrante galego.

saúdosLuimipi 11:12, 17 xuño 2006 (UTC)

Deixem que opinem os lusófonos

[editar a fonte]

Não é de bom tom retirar um comentário de algum lusófono aqui dessa área de discussão. Estamos aqui para debate e digo que até no Wikipedia em castelhano nossos comentários são respeitados. Por favor, nos deixem opinar. Temos orgulho de dividir com vocês esse belo idioma que falamos.


Comentario

Non me parece que sexa correcto afirmar que estamos aqui para debate. Digo o mesmo que me dixeron non hai moito a min, que a Wikipedia non é o mellor sitio para opinar sobre temas de politiqueo ou outras cousas coma se a Galiza é lusófona ou deixa de selo. A páxina Talk:Galiza é para discutir sobre cousas do artigo que se crean que están mal, e non para discutir sobre a lusofonía. Opino que non é correcto que se retiren os comentarios, sexan do que sexan; pero tampouco é facer discusións que se alonxen tanto do tema como discutir sobre a lusofonía cando a páxina de discusión é sobre Galiza. Saúdos.
Posdata O meu comentario sobre retirar os hipervínculos que me parece que sobran parece que non interesa moito. ¿Non opina ninguén sobre sacalos ou deixalos?
--O Tin -- Contradíceme se te atreves 22:14, 1 xullo 2006 (UTC)

Ok respeito a sua sugestão. Alguém me pode informar se a Galipedia possui alguma parte onde se possa debater, discutir, trocar (cambiar) opiniões?

Eu opino que deberiamos emprender unha verdadeira pocura retrospectiva e apostar radicalmente por un achegamento ao latín, que é a nosa lingua nai, o noso tronco común. Alén de achegamentos aos nosos irmaos univitelinos, fagamos coma o Marco dos Apeninos e vaimos á procura da nosa nai.

Por favor, plantexamentos ridículos non: o galego é o que é por mor da súa evolución histórica. Non precisa de achegamentos que o dilúan como lingua, porque é plenamente válido tal e como é, tal e como evoluiu ao longo da súa propria historia, coas súas peculiaridades e vicisitudes, que foron as que foron, non as que algúns desexarían.

Quen aposte por outra vía é parvo, en todo o senso da palabra.

>>>>>>>>>>

Fantástico meu, así dá gusto, quen non pense coma ti é parvo. Así dás moito crédito aos teus argumentos. Pediríache por favor que te absteñas de facer esta clase de comentarios na enciclopedia.

>>>>>>>>>> O que queira falar galego co fale, e o que non lle guste que non. Pero unha cousa é o galego e outra moi distinta é o que queren impoñer persoas que parece que o que queren é falar portugues. E con isto non quero decir que esté encontra do portugues, ni moito menos, se queres fala portugues pero non digas que iso é galego. Non estropeades a nosa lingua con póliticas. P.D. Sobre o comenterio anterior, de que por favor non se fagan comentarios desta clase, a qué se refire. A lo de parvo o a que non fagamos comentarios encontra dos lusistas/lusófonos. P.D(2). Poderíase crear unha nova entrada que defiñese lusista como persoa que odia o galego.

Nome do PP de G

[editar a fonte]

Nos partidos políticos, o PP de G púxose como Partido Popular de Galiza, cando esta formación se denomina Partido Popular de Galicia. ¿Non habería que respetar a etimoloxia primitiva? —o anterior comentario sen asinar foi feito por 193.144.79.187 (conversacontribucións)

Xa está corrixido. --Prevert(talk) 10:36, 29 marzo 2007 (UTC)

Mal escrito

[editar a fonte]

no apartado lingua aparece esto: Lingua O galego é a lingua propia de GalIZA, <= Será Galiza

Feito. Grazas. Lansbricae (Ti dirás) 11:16, 28 xuño 2007 (UTC)

Teríase que engadir....

[editar a fonte]

Teríase que engadir como Director de Cine galego e Fotógrafo a Xosé Gil y Gil

Era raro que este artigo non fora una imposición mais dos bloqueiros, dades moita pena, e sodes o cancro de Galicia. ____________________________________________________________


É absolutamente parcial afirmar que a lingua galega é unha lingua e non un "dialecto portugués continental" porque así o di "a administración". Como se o pobo galego (ensino, escritores, medios de comunicación...) non existise. Se queremos que a Wikipedia galega non se convirta en residual (por sectaria) cumpriría modificar de inmediato eses parágrafos sobre o noso idioma.

E máis importante Vilagarcia que Naron e Fene

[editar a fonte]

Vilagarcia e moito más importante que Narón e Fene pola sua poboación e máis pola sua importancia na ría. Fene e Narón son pobos grandes pola sua proximidade con Ferrol e Coruña pero non teñen unha indentidade historica como ten Vilagarcia.


RE: Estas afirmacións deben ser referenciadas, porque para cada un é máis importante o lugar onde vive. non creo que sxa axeitado clasificar por importancia os lugares, pero se se quere facer tense que referenciar. Lansbricae (Ti dirás) 09:47, 17 setembro 2007 (UTC)


gustariame engadir en cine e video a Anton Reixa e en fotografía ao recentemente falecido e gañador de prestixiosos premios fotograficos Xosé Manuel Doniz Freire


Fusión con Galicia

[editar a fonte]

É risible que teñamos dous artigos diferentes para a mesma cousa, e se esa cousa é a nosa terra de onde sae esta lingua é ainda máis ridículo. hai que tomar cartas no asunto, que dicides?Xermánico! 14:21, 3 xaneiro 2008 (UTC)

  • Voto pola fusión. Non ten sentido ningún. Miguel.lima 15:48, 5 xaneiro 2008 (UTC)
  • Eu tamén estou a favor dun só artigo. Non creo que a situación que fixo decidir esa duplicidade siga a ser igual, e que a comunidade entenda necesaria a existencia dos dous artigos para demostrar que respeta ambas acepcións, pero é unha opinión. Tense moito falado si desto, polo que creo que para un tema desta importancia debe terse en conta o dito para non repetir divagacións, pero non como causa para non debater sobre o tema. Lansbricae (Ti dirás) 19:57, 5 xaneiro 2008 (UTC)

Discordo Hai moito falado sobre o tema. AlberteSi, digame? 17:23, 5 xaneiro 2008 (UTC)

  • Tamén Discordo na fusión, ven de moi atrás o tema. Acordouse ter ambos artigos xa fai tempo e de momento debería quedar así. O que sí hai que facer é mirar de que os dous teñan exactamente o mesmo contido, e o que se engada ou modifique nun hai que engadilo ou modificalo no outro tamén. --Banjo tell me 17:56, 5 xaneiro 2008 (UTC)
  • Eu Concordo. Non quero ser irrespetuoso, pero despois de lido o tema (lin os arquivos da discusión) ainda non sei cal é a causa de que non queirades un mesmo artigo e queirades dous diferentes. Non sería unha boa idea que os artigos Galicia e Galiza tivesen redireccións a un único chamado "Galicia-Galiza" (por dar un exemplo)?.Xermánico! 21:27, 5 xaneiro 2008 (UTC)
    • "Galicia-Galiza" pareceme boa idea. Non coñezo cal foi o debate inicial pero poido imaxinar a complexidade e supoño que a a solucion actual foi o froito pragmático (moi galego) desa discusion, pero coido que esta solucion que ti propos é igual de pragmatica e ademais solventa elegantemente ese copieteo entre 2 artigos iguais. Saudos ---- Maañón00 (o que ho?) 21:45, 5 xaneiro 2008 (UTC)
  • A dupla de nomes utilízase cando existe un nome galego para unha cidade ou país que ten outro nome na lingua/s oficial do estado desa cidade/país. Galicia e Galiza son nomes galegos os dous. Non é aplicable por tanto a dupla de nomes. AlberteSi, digame? 21:59, 5 xaneiro 2008 (UTC)
    • Segue sen ser unha razón. Cando hai dos nomes diferentes para a mesma cousa que se fai na wikipedia? É evidente que os dous nomes "Galiza" e "Galicia" son na mesma lingua, pero duvido que só cando hai nome galego diferente do nome ofical dun lugar utilícese a dupla de nomes. Por dar un exemplo cómic e banda deseñada son palabras correctas en galego (creo que é preferencial a segunda) e levan ao mesmo artigo.Xermánico! 22:10, 5 xaneiro 2008 (UTC)


  • Creo que cando menos é irrespetuoso calificar de "risible" e "ridículo" a solución que acordaron no seu momento os colaboradores deste wiki. Como todos teño unha opción que preferiría pero o acordo ao que se chegou é unha política aprobada que pode comprobarse en Wikipedia:Toponimia. Calquera mudanza que queira facerse dese acordo pasa por mudar a política. Un cordial saúdo. --Prevertgl 22:37, 5 xaneiro 2008 (UTC)
  • Recoñezo que cando escribín iso descoñecía a discusión e final solución salomónica do problema. Recoñezo que son calificativos desafortunados. Pido desculpas por esa saída tan ruda, que responde só a unha situación que non considero apropiada. Pero todo isto segue sen responder á pregunta principal: non é máis lóxico xuntarmos Galicia e Galiza baixo un mesmo nome? Non é preocupante que un dos artigos que debería ser emblemático estea nesta situación tan extraña? A túa opción deberías comentala. Un saúdoXermánico! 22:50, 5 xaneiro 2008 (UTC)

Xa que é unha política oficial aprobada, propoño continuar este debate na páxina desa política, que é onde correspondería cambialo (Conversa_Wikipedia:Toponimia/Arquivo 1#Fusionar_artigos_Galiza_e_Galicia) Saudos Miguel.lima 12:31, 13 xaneiro 2008 (UTC)