Conversa:Gasterópodos
Untitled
[editar a fonte]- Alguén que saiba máis ca min de clasicas: a palabra gasterópodo non ven de radicais gregos? O artigo sitúao derivado do latín, pero non me atrevo a contradecilo sen referencias máis sólidas que a miña culturilla xeral. --Xoacas(Qué me queres, amor?) 19:41, 18 xaneiro 2010 (UTC)
- Vén do grego gastḗr, γαστήρ, 'cavidade', 'ventre', e mais pod(o), πο-ῦς/-δός, 'pé', latinizado por Cuvier en 1795 como Gasteropoda: 'que teñen o pé no ventre'. Pedro --Lameiro (conversa) 20:03, 18 xaneiro 2010 (UTC)
- É certo, é grega. Erro meu. A próxima vez podedes arranxalo vos sen problema ningún aínda que teña o letreiro de en uso (esta é a razón pola que no me gusta empregar este marcador).--Calrosfking (FÁLAME) 23:45, 18 xaneiro 2010 (UTC)
- Vén do grego gastḗr, γαστήρ, 'cavidade', 'ventre', e mais pod(o), πο-ῦς/-δός, 'pé', latinizado por Cuvier en 1795 como Gasteropoda: 'que teñen o pé no ventre'. Pedro --Lameiro (conversa) 20:03, 18 xaneiro 2010 (UTC)
Gasterópodos ou gastrópodos
[editar a fonte]No artigo damos por bo a forma gastrópodos, e aínda que admitimos que tamén se usa a forma gasterópodos, calquera lector entenderá que esta segunda es como menos correcta. Entendo que tal como o escribimos no texto (aínda que con algunha incoherencia interna), o artigo debería titularse gastrópodos, e gasteropodos ser unha redirección. Pero hai un problema: a RAG non recolle (¿aínda?) esa forma, e só dá como boa gasterópodos. Se respectamos as escollas do DRAG, teremos que cmabiar a redacción do artigo; se respectamos a taxonomía oficial, haberá que cambiar o título e algo do contido. Pedro --Lameiro (conversa) 4 de maio de 2016 ás 14:00 (UTC)
Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)
[editar a fonte]Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Gasterópodos. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o marcador
{{ligazón morta}}
á ligazón http://global.britannica.com/animal/gastropod - Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20091215085724/http://www.dicciomed.es/php/diccio.php?id=2211 á ligazón http://www.dicciomed.es/php/diccio.php?id=2211
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 4 de setembro de 2018 ás 17:16 (UTC)