Saltar ao contido

Conversa:Gaviformes

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

No DRAG, Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos e CIRP só aparece movella, aínda que a forma mobella tamén podemos atopala en obras anteriores como Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada (1999). Penso que tendo tantas referencias de peso e as máis recentes para movella, cómpre mudar este e os demais artigos como mobella pequena, mobella grande, mobella ártica, mobella biquibranca e mobella de Adams pola forma movella.--Isili0n (conversa) 7 de xullo de 2017 ás 19:58 (UTC)[responder]

O dicionario da Academia só inclúe a voz movella con uve e non mobella con be, pero despois escollen como nome destas aves na última lista de Nomes galegos das aves de Galicia e de España mobella grande, mobella pequena, etc. con be. Isto é unha contradición, xa que evidentemente unha das dúas formas está mal. Non parece que estean facendo con moito coidado esta lista de nomes que parece que está avalada pola RAG.--Miguelferig (conversa) 6 de decembro de 2024 ás 22:12 (UTC)[responder]