Conversa:Gondor
Aparencia
![]() | Este artigo foi elixido como un artigo bo o día 16 de outubro de 2021, o que significa que cumpre cos requisitos pertinentes. ( ). A votación que deu como resultado este destaque atópase na seguinte páxina. |
![]() | Este artigo foi elixido como un artigo destacado na portada. A proposta atópase na seguinte páxina. |
![]() | Detalles das contribucións e análise de visitas á páxina. |
Untitled
[editar a fonte]No tocante ao termo "aurigas" referido á confederación de tribos hostís do leste da Terra Media, non atopei unha opción mellor cá empregada na versión castelá. O orixinal inglés é wainriders, literalmente "condutores de carros" ou "carreteiros". O problema é que a primeira opción resultaría longa de máis, e a segunda ten connotacións inaxeitadas. Con todo, cómpre dicir que "aurigas" ten tamén un groso problema: é unha referencia culta de máis para o concepto ao que fai referencia (os wainriders aparecen descritos como bárbaros invasores, e o termo "auriga" suaviza este compoñente negativo). Así as cousas, convido a calquera que teña unha idea mellor a modificar o texto. Un saúdo.--Manudosde 11:29, 9 marzo 2008 (UTC)