Conversa:Hidrografía de Galicia
Aparencia
Untitled
[editar a fonte]Segundo me acaba de comentar Iagocasabiell os nomes dalgunhas cuncas están inventados, o artigo podería ter máis puntos de investigación orixinal, hai que peneirar o artigo para que conte só con información contrastada, as intencións de Iagocasabiell son boas e aínda non coñece ben o sistema wiki, pero todo o que sexa creación propia/invención debe ser eliminado.--RNC 20:11, 4 setembro 2009 (UTC)
- Concordo --Atobar (conversa comigo) 20:12, 4 setembro 2009 (UTC)
- O tema das augas a mar aberto precisa de especial revisión. Non sei como deberían clasificarse. --Iagocasabiell 21:52, 4 setembro 2009 (UTC)
Ligazón a Commons
[editar a fonte]- O link de Commons sobre os ríos de Galicia está roto --Iagocasabiell 11:15, 5 setembro 2009 (UTC)
- Feito! Xa corrixín a ligazón cara a Commons. --Toliño Fala aquí comigo 11:22, 5 setembro 2009 (UTC)
Ría de Ortigueira
[editar a fonte]- Creo que é necesario confirmar con polo menos dúas fontes fiables a maiores que a ría de Ortigueira pertence as Rías Altas. A Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, na definición de Ría, nun pé de foto pon que a ría de Ortigueira pertence as Rías Altas, pero na definición de Costa fai unha lista (de Otero Pedrayo) que exclue a Ría de Ortigueira das Rías Altas. Non sei ata que punto iso pode ser contradictorio. A clasificación de Otero Pedrayo creo que é anterior a que aparece na definición de Ría, feita por xeólogos. De todas maneiras sería bo confirmalo en máis fontes. --Iagocasabiell 14:00, 5 setembro 2009 (UTC)