Saltar ao contido

Conversa:KJT Haukat

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ano de fundación

[editar a fonte]

Boas Estevo, vin que engadiches o ano de fundación do equipo que figura na Wikipedia en lingua finesa, mais non sei se é axeitado... Se miras a web do club verás que, a pesar de que o nome inclúe "Haukat" e as cores son distintas, o equipo está dentro da organización do KJT Hockey. Se ademais miras esta nova de 2018 verás que a denominación forma parte dun acordo entre o KJT Hockey e os Haukat de Järvenpää, polo que na miña opinión non se pode dicir que nese momento naza un equipo novo (para min segue a ser o mesmo que competiu na tempada 2017-18, pero se non concordas podemos debatir o caso)... en todo caso, poñer 2017 non é correcto, porque na tempada 2017-18 o equipo competiu como KJT (como podes ver no artigo correspondente que está cumpridamente referenciado), mesma denominación que tiña en tempadas anteriores como se pode ver no arquivo de novas no sitio web da Jääkiekkoliitto ou no histórico da Naisten Liiga do Jääkiekkokirja 2023 (podes velo aquí, nas páxinas 253 a 256 están todas as clasificacións dende 1982), en todo caso habería que poñer 2018 se consideramos que o KJT e as KJT Haukat son equipos distintos. Xa me dis, un saúdo e grazas polas revisións! Piquito (conversa) 18 de maio de 2023 ás 14:46 (UTC)[responder]

Ola, @Piquito:! Síntete libre para corrixir se así o consideras, por suposto. Anímote a corrixilo tamén en Wikidata en fi.wiki para aquelar xa toda a información en conxunto. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 18 de maio de 2023 ás 17:17 (UTC)[responder]