Conversa:Knockout de xenes
Untitled
[editar a fonte]Deixei o nome da páxina co termo en inglés deliberadamente, porque a súa tradución é un pouco problemática e, de feito, a maioría dos idiomas non teñen unha tradución establecida para el. O mesmo pasa, en parte, con outros termos, como splicing, gene targeting e outros. Esta páxina está baseada nunha tradución da páxina en castelán, onde traduciron o termo por "bloqueo", o cal é moi discutible, porque nesta técnica o xene non se bloquea, senón que se elimina totalmente a súa funcionalidade e expresión, e esta escolla terminolóxica produciu un intenso debate na wikipedia en castelán, como se pode ver na páxina de Conversación de dito artigo. Ao meu ver o "bloqueo" é máis ben o knockdown e non o knockout. O significado literal de knockout é noqueo, como cando un boxeador queda KO. Poderiamos titular esta páxina "noqueo de xenes", pero xa non sería tan doado poñerlle título a knockdown e knock-in de xenes.--Miguelferig 20:34, 31 de xaneiro de 2012 (UTC)
Ligazóns externas modificadas (maio 2019)
[editar a fonte]Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Knockout de xenes. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20081004223849/http://www.sciencedirect.com/science?_ob=ArticleURL&_udi=B6T0H-4N3GF9B-2&_user=10&_rdoc=1&_fmt=&_orig=search&_sort=d&view=c&_acct=C000050221&_version=1&_urlVersion=0&_userid=10&md5=4bd7b0998209f0aa074f3b3808500e8c á ligazón http://www.sciencedirect.com/science?_ob=ArticleURL&_udi=B6T0H-4N3GF9B-2&_user=10&_rdoc=1&_fmt=&_orig=search&_sort=d&view=c&_acct=C000050221&_version=1&_urlVersion=0&_userid=10&md5=4bd7b0998209f0aa074f3b3808500e8c
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 30 de maio de 2019 ás 09:25 (UTC)