Saltar ao contido

Conversa:Leprosaría

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Non son exactamente sinónimos: Lazareto é o establecemento onde se realizan controis sanitarios e se pon en corentena ás persoas que veñen de onde pode haber unha enfermidade endémica ou epidémica; sitúase nos portos, aeroportos, grandes cidades, etc. A leprosería é un hospital onde se recollen e tratan leprosos e, por extensión, outras persoas que padecen enfermidades moi contaxiosas (coma peste, cólera e outras); este tipo dde hospital tamén se chama lazareto. Só funcionarían como sinónimos nesta segunda acepción. Pedro --Lameiro (conversa) 22:24, 2 de xuño de 2011 (UTC)

Encárgaste de aquelar isto que comentas no artigo, Pedro? --Atobar (conversa comigo) 22:31, 2 de xuño de 2011 (UTC)
No caso de fusionar (como o sugere HombredeHojalata) istes artigos Leprosaría e Lazareto, penso que debese conservar Leprosaría por ser o concepto mais xeral, polo tanto podese facer nil unha secion sobre os lazaretos, xa que son un tipo de leproseria. O contrario non me parece posible.
Eu non estou a favor da fusion, penso que hai material para dous artigos, sendo Leprosaría o principal --Elvira (conversa comigo) 22:35, 2 de xuño de 2011 (UTC)
Entendin bén o que di Lameiro : "A leprosería é un hospital onde se recollen e tratan leprosos e, por extensión, outras persoas que padecen enfermidades moi contaxiosas (coma peste, cólera e outras); este tipo dde hospital tamén se chama lazareto. Só funcionarían como sinónimos nesta segunda acepción" e concordo a 100 por 100. Isto non impide co artigo Lazareto espoña na cabeceira que por demais de ser sinonimo de leproseria (artigo principal) trata da especidade. E no artigo principal deixese claro a sinonimia e a diferencia das dùas palabras.
Con todo si alguén como Lameiro que entende ben do tema fusiona, teño confianza que non se leva o lector a confusion e non me opoño a fusion. Non é para tanto, o importante é a clarida para o lector. O que mais me molesta é que temos moitos artigos con "colonia de leprosos", copiado do inglés seguramente. Quixen porme a corrixir, pero non estou segura de facelo ben, sò me metin nun artigo, pero deixo ise traballo porque perdo muito tempo perquisando para estar segura, e hai casos que quedo con dubidas. --Elvira (conversa comigo) 00:03, 3 de xuño de 2011 (UTC)

Segundo o VOLGA, son sinónimos--. HombreDHojalata.conversa 14:51, 3 de xuño de 2011 (UTC)

  • Gran Xerais. Lazareto: 1. Recinto sanitario illado onde se tratan enfermo contaxiosos [especialmente leprosos ou presoas procedentes de lugares afectados por algunha epidemia]. 2. Hospital de leprosos; leprosaría. // Leprosaría: Hospital de leprosos. Si, son sinónimos (na segunda acepción). Eu propoño fusionar e poñer nota ao pé de páxina coa primeira acepción para lazareto. --Atobar (conversa comigo) 15:44, 3 de xuño de 2011 (UTC)

Comentario de lectora[editar a fonte]

Eu non coñezo o tema o suficiente para seguir na decision que vamos tomar. Como usuaria non me opoño o que vos pareza ben decidir. Agora como lectora teño unha dubida importante no dito para fusionar :

  1. fundar a decision de fusionar baseada nos dicionarios da lingua, que recollen en prioridade o sentido sincroníco, esquecemos o enfoque diacrónico (que estuda historia da lingua e as súas evolucións (etimoloxía, evolucións fonéticas, semánticas, léxicas, sintácticas, etc.))
  2. a lepra, inda que identificouse no século XIX, esiste en certas partes do mundo antes da antiguedade, e logo non sei en que epoca chegou a Europa. Levou nomes diferentes, en certos casos confundiuse naqueles tempos con outras enfermidades. Houbo leproserías dende tempos remotos, para illar, curar ou o que fose os leprosos (ou sopostos leprosos).
  3. a lepra difundiuse moito dende a antiguedade, en Europa na idade media un papa decidiu de crear unha orde de San Lázaro de Xerusalén recoñecendo unha irmandade hospitalaria localizada en Xerusalén que acollia os peregrinos leprosos, e dandolle o titulo de orde deulle a misiòn de desenrolar o traballo cos leprosos. Esto ocurriu depois do século X, polo menos. Diste modo chegou a palabra de lazareto, xa que esa orden desenvolveuse moito e crio muitas instituciòns e organizaciòns para os leprosos. E diste modo en moitas linguas a palabra lazareto volveuse sinonimo de leproserìa. Sinto non ter a man referencias, digo isto cos coñecementos que collìn co tempo lendo, entòn é posible que non sexa un argumento contra fusion.
  4. iste comentario ten como obxectivo de esplicar ca lectora esta convencida que os dous artigos son necesarios. --Elvira (conversa comigo) 16:12, 12 de xuño de 2011 (UTC)