Saltar ao contido

Conversa:Lista dos mamíferos de Galicia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O cabezallo do artigo di: "Unha das intencións da presente lista é a de engadir, cando existan, os correspondentes nomes comúns das especies da nosa fauna de mamíferos, procurando sempre citar a referencia oportuna." Pero o feito é que non ten ningunha referencia sobre iso, á parte da Guía da editrorial Baía, que non sempre coincide co DRAG (aínda que o DRAG non sempre ten ben traballado o da nomenclatura e identificación precisa de especies). Algúns dos nomes comúns da lista parécenme discutibles, teñen sinonimias para varias especies, etc.--Miguelferig (conversa) 30 de xaneiro de 2015 ás 18:38 (UTC)[responder]

Cifio / Zifio

[editar a fonte]

Sorprende, neste artigo-lista, a vacilación Cifio / Zifio:

Tendo en conta que o Dicionario da Real Academia Galega admite o termo zifíidos[1] como o nome da familia na que se agrupan estes cetáceos, parace que o normal sería escoller zifio, aínda que a RAG non admita, de momento, esta voz (só admite zifíido, en sigular, para un «individuo desta familia» [a dos zifíidos] que, en boa lóxica, habería que considerar como sinónimo de zifio). --XoioÉche o que hai 14 de setembro de 2015 ás 12:04 (UTC)[responder]

Por outra parte, o dicionario da Academia no rexistra cifio.

  1. zifíidos no dicionario da RAG.

Rata de auga/Rato de auga

[editar a fonte]

As dúas especies do xénero Arvicola, unha chámase rata de auga e outra rato de auga. Parece que hai un erro. Non serán as dúas rata? Fixen a páxina rata de auga común pensando que sería unha rata de auga coma as outras dese xénero, pero despois decateime que aquí, na Lista dos mamíferos, a esta especie chámanlle rato. Alguén sabe de certo como debe ser o nome?--Miguelferig (conversa) 12 de xullo de 2018 ás 16:22 (UTC)[responder]

Non teño o libro no que se basea a lista, pero atopei esta ligazón do Grupo de Estudo dos Animais Salvaxes que chama ratas ós dous bichos, a ver se Lameiro sabe algo máis do tema... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de xullo de 2018 ás 22:34 (UTC)[responder]
Entón polo momento deixo a páxina que fixen co nome rata e espero. De todos modos estes animais sufriron moitos cambios taxonómicos recentemente. Grazas.--Miguelferig (conversa) 12 de xullo de 2018 ás 23:05 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)

[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Lista dos mamíferos de Galicia. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 5 de setembro de 2018 ás 16:19 (UTC)[responder]