Conversa:Loita tradicional galega
Detalles das contribucións e análise de visitas á páxina. |
Untitled
[editar a fonte]Se alguén ten á man o texto de Rosalía (Follas Novas), que comprobe, por favor, ese verso que di dan encomenzo as peleas. Dáme o pulso que debe ser "escomenzo". Pedro --Lameiro (conversa) 21:40, 13 agosto 2009 (UTC)
- ir a aloitar ou ir a botar loitas. Isto precisaría de referencias, e con todo, non sería ir aloitar e ir botar loitas? Non me convence. --Atobar (conversa comigo) 12:22, 19 outubro 2009 (UTC)
Ligazóns externas modificadas (maio 2019)
[editar a fonte]Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Loita tradicional galega. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20090723080655/http://www.fegaloita.org/ á ligazón http://www.fegaloita.org/
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 30 de maio de 2019 ás 12:46 (UTC)
Copia
[editar a fonte]Revisando edición por edición, non é copia, foron eles os que copiaron, a non ser que un gran número de editores se puxeran de acordo para copiar un texto previo pero con erros e logo corrixilos, o que é case imposible, non hai máis que mirar os cambios, p. ex. [1], a non ser que Lameiro copiara texto da web da loita galega tamén, ao igual que fixeran antes xirin e AlbertGaliza para ir axeitándoo a un texto previo, que parece evidente que non existía aínda. Así "Tamén temos referencias en Rosalía. Por exemplo, en Follas Novas (1880), no poema A probiña, que está xorda...!, dinos:" pasa a "Tamén temos referencias en Rosalía. Neste exemplo, tomado do poema A probiña, que está xorda...!. de Follas Novas (1880), menciona tamén o feito de participaren mozos e mozas na loita:" e este último é o texto que está na web de FEGALOITA: "Tamén temos referencias en Rosalia. Neste exemplo, tomado do poema A probiña, que está xorda…!. de Follas Novas [1880], menciona tamén o feito de participaren mozos e mozas na loita:" --HacheDous=0 (conversa) 10 de xuño de 2019 ás 17:59 (UTC)
- Logo é o primeiro caso que se indicaba no marcador. ☣Banjo tell me 10 de xuño de 2019 ás 18:22 (UTC)
- Si, iso si. Teño que recoñecer que só me fixei no da copia.--HacheDous=0 (conversa) 10 de xuño de 2019 ás 18:28 (UTC)