Conversa:Maternidade
Wikipedia non é un foro de discusión. As páxinas de conversados artigos están destinadas ao diálogo sobre a edición do seu contido. Por favor, abstente de escribir reflexións persoais ou non enfocadas ao desenvolvemento do artigo; apoia a túa información engadindo referencias. |
Artigos distintos para "maternidade" e "nai"?
[editar a fonte]Este artigo redirixe a un chamado "nai". Penso que deberían ser artigos distintos. Por exemplo, na Wikipedia en catalán son dous https://ca.wikipedia.org/wiki/Mare / https://ca.wikipedia.org/wiki/Maternitat Lles (conversa) 22 de xaneiro de 2018 ás 14:30 (UTC)
- @Lles: Eu penso que non. Como podes ver nos exemplos que puxeches, o criterio en 130 linguas é ter un so artigo, agás na wikipedia en catalán, que amais teñen ese outro artiguiño de tres liñas, que, como digo, unicamente teñen eles. --. HombreDHojalata.conversa 22 de xaneiro de 2018 ás 22:19 (UTC)
- @HombreDHojalata: Non hai concordancia con paternidade e pai. Nalgunhas Wikipedias (inglés e español) teñen paternidade e pai como entradas distintas https://www.wikidata.org/wiki/Q2666662 Lles (conversa) 23 de xaneiro de 2018 ás 11:53 (UTC)
- d:Q2666662 corresponde ó título dun episodio da serie House ☣Banjo tell me 23 de xaneiro de 2018 ás 11:56 (UTC)
- @HombreDHojalata: Non hai concordancia con paternidade e pai. Nalgunhas Wikipedias (inglés e español) teñen paternidade e pai como entradas distintas https://www.wikidata.org/wiki/Q2666662 Lles (conversa) 23 de xaneiro de 2018 ás 11:53 (UTC)
- Pensei que era esta https://es.wikipedia.org/wiki/Paternidad, porque hai distintas entradas para padre e para paternidad en ES https://es.wikipedia.org/wiki/Padre e https://es.wikipedia.org/wiki/Paternidad. Na Galipedia, na entrada pai hai un paternidade en vermello para crear páxina. Lles (conversa) 23 de xaneiro de 2018 ás 12:13 (UTC) Creo que é esta https://www.wikidata.org/wiki/Q17996406 a correcta Lles (conversa) 23 de xaneiro de 2018 ás 12:17 (UTC)
O que fagan outras wikipedias é como moito unha guía, e como dixo HdH a gran maioría delas non separa conceptos en artigos distintos. Non hai motivo para separalos aquí tampouco, nin por contido actual nin por posible contido futurible. Nin se están a dar argumentos que diferencien os conceptos, nin de que haxa contido dispoñible para desenvolver dous artigos separados, nin sequera un razoamento ó respecto, tan só o feito de que existe separación de artigos noutra wikipedia, cando a Wikipedia non é fonte primaria. A propia definición da RAG déixao claro: Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Paternidade. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Maternidade. ☣Banjo tell me 23 de xaneiro de 2018 ás 12:23 (UTC)
Eu considero que habería que deixarlle espazo a unha entrada de maternidade sobre o recoñecemento legal e social. Lles (conversa) 23 de xaneiro de 2018 ás 12:34 (UTC)
- Que problema hai en recoller esa información nun mesmo artigo? ☣Banjo tell me 23 de xaneiro de 2018 ás 12:37 (UTC)
- O artigo nai é sobre o biolóxico ou non biolóxico do concepto, non sobre a institución sociocultural que penso que tería cabida nunha entrada maternidade, ao redirixir, xa non ten cabida. Lles (conversa) 23 de xaneiro de 2018 ás 12:57 (UTC)
- Por exemplo, todo o que ten que ver coa antropoloxía cultural Lles (conversa) 23 de xaneiro de 2018 ás 13:08 (UTC)
- @HombreDHojalata:, @Banjo: Eu véxoo imprescindíbel para falar, por exemplo, do libro de Victoria Sau http://www.icariaeditorial.com/libros.php?id=125 Lles (conversa) 23 de xaneiro de 2018 ás 15:02 (UTC)
- O artigo nai é sobre o biolóxico ou non biolóxico do concepto, non sobre a institución sociocultural que penso que tería cabida nunha entrada maternidade, ao redirixir, xa non ten cabida. Lles (conversa) 23 de xaneiro de 2018 ás 12:57 (UTC)
Por exemplo:
- Insisto, @Lles:. Penso que deberiamos traballar en mellorar o artigo nai (mesmo con estes contidos que propós) e non en crear un novo artigo en maternidade con contidos distintos. --. HombreDHojalata.conversa 24 de xaneiro de 2018 ás 10:32 (UTC)
- @HombreDHojalata:, creo que desde unha perspectiva feminista son artigos distintos. Lles (conversa) 24 de xaneiro de 2018 ás 10:49 (UTC)
Se o que queres decir é que, dende unha perspectiva feminista, son conceptos distintos, explícao (con referencias a fontes acreditadas) no artigo nai. Así, tanto os lectores que busquen nai como os que busquen maternidade (redirección) chegarán a esa información. --. HombreDHojalata.conversa 24 de xaneiro de 2018 ás 10:57 (UTC)
- Non me parece ben. É deixar quedar mal a Wikipedia. Se Victoria Sau di que a maternidade non existe http://www.ub.edu/SIMS/pdf/MujeresSociedad/MujeresSociedad-13.pdf nunha sociedade patriarcal, non vou avisar na páxina nai de que a maternidade non ten entrada na Wikipedia. Lles (conversa) 24 de xaneiro de 2018 ás 11:39 (UTC)
- @Lles:: Wikipedia:Edita con afouteza. Se consideras que Maternidade debe ser artigo de seu, coas correspondentes referencias e fontes, edita sen medo. Despois pode xurdir o debate sobre se o contido se debe fusionar con Nai ou debe quedar como artigo propio. Ora ben: debemos ser conscientes de que unha visión persoal non é [aínda] unha corrente maioritaria nin nos estudos feministas non na sociedade en xeral, polo que a teoría debe ser explicada como tal, e deben recollerse tamén outros puntos de vista ao respecto, para achegar un punto de vista neutral. --Estevo(aei)pa o que queiras... 24 de xaneiro de 2018 ás 12:01 (UTC)
- Segundo escribo vexo máis claro o de que non se pode meter a entrada maternidade no artigo nai, xa que no "plano político considérase que falar da maternidade tanto apunta ao dereito de ser nai e de vivenciar unha maternidade plena como ao dereito da muller de escoller non ser nai". Lles (conversa) 25 de xaneiro de 2018 ás 11:39 (UTC)
- @Lles:: Uns exemplos poden servir para a reflexión. Meteríamos Xerusalén como capital de Israel? Meteríamos Einstein como alemán? En Gorbachov, escribiríamos un apartado "Nacemento e adolescencia na Unión Soviética"? "Nacemento" na ovella Dolly? Falaríamos de "intersexo" en [Sexo biolóxico]? Falaríamos de relacións psicoafectivas en Coito? Prometo que pensaba en Élisabeth Badinter cando lin o debate. Se ela e outr@ pensador(a) pensan distinto de Maternidade, atomizamos conceptos [Maternidade (Badinter)], [Maternidade (Beauvoir)], [Maternidade (Hildegarda Carballeira)] e [Maternidade (Tamara Falcó)]? Este tipo de cousas cuestionables adoitan ir co mainstream. Xa sei que é inxusto, pero é o habitual, á parte de prático para quen queira informarse e para poder poñelo accesible a un lector que poida estar interesado. ※ Sobreira ►〓 「parlez 」 7 de febreiro de 2018 ás 19:30 (UTC)
- @Sobreira:: Estou de acordo contigo con que non é fácil para unha enciclopedia tomar as decisións de cal é o punto de vista neutral, mais iso non evita que todos os temas teñan que ter entrada, por moi polémicos que sexan. A maternidade para o feminismo éo. Reflectirmos o debate non é doado. Penso que a maternidade pode ter unha entrada na Wikipedia que tente explicar a importancia que ten o debate sobre ela. Polo que escribes, deduzo que liches e reflexionaches moito sobre o tema e que as túas achegas neste artigo poden ser de moito interese. Eu non lin directamente a Élisabeth Badinter, fixen o apuntamento desde o que lin sobre o debate da maternidade estes días. Se logras reflectir mellor o debate e achegalo máis ao punto neutral, ou ao mainstream, se quedou escorado, sería estupendo. Lles (conversa) 8 de febreiro de 2018 ás 08:19 (UTC)
Ligazón a outras Wikipedias
[editar a fonte]Vai ser complicada a ligazón a outras Wikipedias porque en galego maternidade é unha palabra polisémica, mais hai idiomas que distinguen o biolóxico do social con termos distintos. En inglés maternity/motherhood, en alemán mutterschaft/mutterlichkeit. Lles (conversa) 7 de setembro de 2018 ás 09:45 (UTC)
Jane Lazarre
[editar a fonte]Como integrar a Jane Lazarre [1] ou Mother Reader: Essential Writings on Motherhood ? Lles (conversa) 29 de outubro de 2018 ás 14:37 (UTC)
Documentación
[editar a fonte]Documental M-otherhood de Inès Peris Mestre, Madres arrepentidas de Orna Donath, No Madres de María Fernández-Miranda. [2]. Lles (conversa) 8 de maio de 2019 ás 07:18 (UTC)
Ligazóns externas modificadas (novembro 2019)
[editar a fonte]Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Maternidade. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20180206190233/http://revistadecomunicacionysalud.org/index.php/rcys/article/view/131 á ligazón http://revistadecomunicacionysalud.org/index.php/rcys/article/view/131
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 5 de novembro de 2019 ás 16:59 (UTC)
Materfem
[editar a fonte]Maternidades Feministas (Materfem) [3] —o anterior comentario sen asinar foi feito por Lles (conversa • contribucións) 8 de xaneiro de 2021 ás 09:53