Conversa:Mexe-mexe
Aparencia
Untitled
[editar a fonte]- Coido que se debe manter preferir o nome "mexe-mexe" antes ca Rummy. É certo que ningún dos 2 nomes xurdiron en Galicia, pero si que xurdiu no portugués, o cal comparte o mesmo diasistema lingüístico co galego. E nas miñas clases de Universidade de galego e de terminoloxía sempre recomendan que á hora de crear un neoloxismo en galego se adapte ou ben con palabras propias da lingua ou ben unha adaptación do sistema lingüístico máis próximo. E neste caso a palabra Mexe-mexe de mexer, adáptase moito mellor ao galego que non a palabra Rummy, posto que contén unha pronuncia e unha escritura non propia do galego. A de traballos que fixen eu con esta premisa. Sermenfer
- O problema, Sermenfer, é que a Wikipedia non é fonte primeira e tampouco non permite investigación orixinal. Do que haxa referencia, é por onde cómpre tirar. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 2 de novembro de 2017 ás 17:44 (UTC)
- Ben, eu só digo que esa foi a razón pola cal ao crear o artigo escollín Mexe-mexe como título. Algo tiña que poñerlle, e tampouco hai un corpus que indique que en galego se use Rummy porque, no fin de contas, só a lingua escrita serve nestas circunstancias. Sermenfer