Saltar ao contido

Conversa:Musgo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Solicito o cambio do título deste artigo polo de Musgos dado que, por fin, a Real Academia Galega recoñeceu que brión non é un sinónimo do antigamente non admitido musgo.
Véxanse os termos:

no dicionario da RAG.--XoioÉche o que hai 12 de xaneiro de 2013 ás 18:54 (UTC)[responder]

Estou de acordo. Brión, xa non está no DRAG. E outro sinónimo que se ten usado, mofo, tamén é conflitivo, porque se aplica a fungos e briófitas, polo que é moi confuso para o seu uso científico (e non digamos xa para o didáctico!). Por outra pate, o DRAG usa briófitas (aínda que sexa discutible a terminación); de feito, briófitos non aparece (a día de hoxe). Por último, carriza é un musgo, pero carrizo é un paxaro, segundo o DRAG.--Miguelferig (conversa) 17 de marzo de 2016 ás 18:31 (UTC)[responder]

Feito! Feito!, agora vou cambiar as ligazóns ó artigo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de marzo de 2016 ás 22:27 (UTC)[responder]
Creo que xa está, están cambiados todos salvo erro. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de marzo de 2016 ás 02:24 (UTC)[responder]

Outro asunto importante é que musgo e briófita non é o mesmo. Hai que distinguir entre Briófitas sensu stricto e en sentido amplo. Os musgos son un dos tipos de briófitas que hai ou serían as Briófitas sensu stricto. Briófitas en sentido amplo é un termo máis xeral, xa que inclúe a musgos, hepáticas e antocerotas. Habería que explicar esta diferenza.--Miguelferig (conversa) 2 de novembro de 2016 ás 17:33 (UTC)[responder]

Ben, xa engadín un par de frases aclarándoo.--Miguelferig (conversa) 3 de novembro de 2016 ás 11:00 (UTC)[responder]
Xenial Miguelferig. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de novembro de 2016 ás 11:15 (UTC)[responder]


Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)

[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Musgo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 26 de agosto de 2018 ás 16:10 (UTC)[responder]


Ligazóns externas modificadas (decembro 2019)

[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 3 ligazóns externas en Musgo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 16 de decembro de 2019 ás 16:41 (UTC)[responder]