Conversa:Novo shekel
Aparencia
Untitled
[editar a fonte]Nin que tivésemos telepatía o usuario Estevoaei e eu mesmo! Vexo que Estevo acaba de engadir unha referencia para o nome, e unha hora antes de que o fixese recibín eu a resposta tras consultar esa dúbida esta mesma mañá coa RAG a través da súa páxina web. Copio a seguir a contestación que me deron:
Non hai, polo momento, unha forma fixada pola normativa para denominar a moeda de Israel, aínda que aparece recollida nalgunhas obras de consulta. Por exemplo, na obra Ortografía da lingua galega de Begoña González Rei, a opción incluída é “shekel”, solución harmónica coa que adoptan outras linguas próximas. Atentamente,Seminario de Lexicografía, Real Academia Galega (RAG)
Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 16 de febreiro de 2016 ás 15:24 (UTC)
- Xenial que estedes ó tanto destes detalles e o que é máis importante, que acheguedes as referencias axeitadas para que ese coñecemento se fixe nos artigos e en todos os que os lemos! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de febreiro de 2016 ás 17:43 (UTC)