Saltar ao contido

Conversa:Papo da perna

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

  • Non me cadra moito o de pantorra, o Priberam afirma que panturra é unha derivación regresiva de panturrilha e este faino derivar do castelán pantorrilla. Mentres o Diccionario da RAE afirma que pantorrilla procede de pantorra que segundo o DRAE ten unha orixe portuguesa. Logo parece que non hai certeza se procede do castelán ou do portugués, pero non se rexistra esa forma no dicionario do galego medieval e no Dicionario de Dicionarios faino pero como unha forma moi minoritaria, recollida nun lugar concreto. Penso que se podería recoller como nota pero non no corpo do artigo.--HacheDous=0 (conversa) 2 de novembro de 2016 ás 17:20 (UTC)[responder]
É unha solución. Outra sería matizar na propia referencia xa achegada, para inistir en que se trata dun termo que ningún outro dicionario recolle. --Atobar (conversa comigo) 2 de novembro de 2016 ás 17:30 (UTC)[responder]
Recollino como nota, nun artigo tan curto non cadra moito andar con matizacións sobre o nome. Moito me temo que esta parte do corpo recibe en Galicia moitos nomes locais (e noutros sitios directamente o castelanismo pantorrilla), e é curioso que se inclúa pantorra e non se inclúa polpa que si está rexistrado no DRAG--HacheDous=0 (conversa) 2 de novembro de 2016 ás 17:42 (UTC)[responder]
Tras as reediccións dunha IP anónima, acheguei algo máis de información sobre os posibles termos para o tal papo (a partior da última edición correcta, do usuario Isili0n. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 14 de febreiro de 2017 ás 09:59 (UTC)[responder]