Conversa:Partido Popular de Galicia
Detalles das contribucións e análise de visitas á páxina. |
Wikipedia non é un foro de discusión. As páxinas de conversados artigos están destinadas ao diálogo sobre a edición do seu contido. Por favor, abstente de escribir reflexións persoais ou non enfocadas ao desenvolvemento do artigo; apoia a túa información engadindo referencias. |
Untitled[editar a fonte]
Iso de situado á centro-dereita ideolóxica... Para ser neutrais habería que indicar, penso eu que se sitúan na dereita política e económica. As cousas polo nome. AlberteSi, digame? 09:53, 25 maio 2008 (UTC)
Modificar frase[editar a fonte]
Hai unha frase que coido que debe ser reescrita: "(..) quen ganou as últimas eleccións á Xunta de Galicia por maioría absoluta, derrotando ós socialistas (PSOE) e ós do BNG. Esta amarga derrota supuso a dimisión dos líderes socialista e do Bloque.
Os motivos son os seguintes:
- 1) Entendo que hai un ensañamento innecesario para describir os feitos. Deberíamos optar por unha fórmula máis neutra, do estilo "fronte ás candidaturas do PSdG-PSOE e do BNG", ou "fronte ás expectativas do PSdG-PSOE e do BNG de revalidar o acordo de goberno".
- 2) Referirse á organización política BNG como "os do BNG" é, cando menos, tabernario. Do mesmo xeito, considero impropio referirse ós militantes do PSOE coma "os socialistas"; unha cousa é que estas fórmulas se empreguen a nivel coloquial, e mesmo que sexan aceitadas polos propios militantes, e outra moi distinta metelas nunha enciclopedia que aspira a ser imparcial. No artigo, nin en nigures nesta wiki, se alude ós militantes do PP coma "os pepeiros" ou "os de dereitas" co que entendo que o mesmo nivel de respeto se lle deben outrogar ás demáis formacións políticas.
- 3) Considero que o calificativo "amarga" sobra, na medida en que introduce un matiz de subxetividade. Os feitos son que os dous candidatos presentaron a súa dimisión por mor de resultados insatisfactorios, e iso é o que debemos recoller.
Polo tanto, solicito que se reescriba tendo en conta os tres puntos anteriores. Atentamente, --Iago dime 13:30, 6 abril 2009 (UTC)
- Concordo co cambio. --Toliño Fala aquí comigo 13:37, 6 abril 2009 (UTC)
- Concordo. De feito, coido que cómpre facelo xa mesmo. Ver o dos socialistas e os dos BNG ten unha connotacións que non caben na Galipedia. E efectivamente, volvendo sobre o comentario de hai tempo, eu daríalle un toque ao de centro-dereita e pasaría a concretar en qué é dereita e en que é centro-dereita. Con referencias, pódese facer perfectamente.--Atobar (conversa comigo) 13:41, 6 abril 2009 (UTC)
Creo que lle estamos dando demasiada importancia. É un erro producido por unha persoa que fai a súa primeira edición na wikipedia, ;) corríxese e xa está, ;) Non? --Xabier Cid Conversa 13:42, 6 abril 2009 (UTC)
- Cheguei a este artigo a través dos cambios recentes, e a verdade é que nin mirei quen era o autor. De saber que era un novo colaborador, teríame dirixido a el directamente para explicarlle porqué opinaba que a frase debería escribirse doutro xeito. De todos modos, creo que é mellor que nas páxinas de conversa se espliquen os motivos que levan a cambiar a readacción dun artigo, sobre todo cando se trata de manter a neutralidade da wiki. Saúdos, e grazas por avisar --Iago dime 14:55, 6 abril 2009 (UTC)
Carretaxe de votos[editar a fonte]
¿Por qué no se puede documentar con referencias la carretaxe de votos que lleva realizando el Partido Popular desde los inicios de esta última restauración borbónica?
O Partido Popular de Galicia é a rama galega do Partido Popular español. Conta con 2042 concelleiros, e 12 no Congreso dos Deputados. É a maior forza política en número de escanos no Parlamento de Galicia grazas a carretaxe de votos. Tras a eleccións ao parlamento galego celebradas en marzo de 2009, o PSdeG e o BNG acadaron un total de 37 escanos (25 e 12 respectivamente), namentres que o PP subiu un respecto a 2005 e situouse nos 38 asentos.
- Denuncias de carretaxe entre viño e empanada
- Denuncian la presencia de un bus del Partido Popular ante un colegio electoral de Esgos
- Denuncian que representantes do PP distribúen viño e empanada ás portas do colexio electoral de Santa María de Teo
- Feijóo para engañar aos galegos a través da prensa impresa inxectou 15 millóns de euros da Xunta nos medios de comunicación so no 2010
Esto en un país civilizado (no cortijo representativo) sería considerado como fraude electoral. Digno, y repito nuevamente, de la restauración borbónica, la corrupción moral y clientelismo político.
Os recuerdo que la Wikipedia no puede actuar a modo totalitario. --87.223.79.141 6 de marzo de 2014 ás 03:06 (UTC)
NOn é galeguismo, se ben non sabedes oq ue é, seria mais antigaleguismo (Este comentario foi cousa do usuario Martinfg998, o 1 de febreiro de 2015 ás 22:01, pero esqueceu asinar.) [Pedro --Lameiro (conversa) 1 de febreiro de 2015 ás 21:05 (UTC)]
Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]
Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Partido Popular de Galicia. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20090427162903/http://www.ppdegalicia.com/index.php?option=com_content&view=article&id=117&Itemid=117&lang=gl á ligazón http://www.ppdegalicia.com/index.php?option=com_content&view=article&id=117&Itemid=117&lang=gl
- Engadiuse o marcador
{{ligazón morta}}
á ligazón http://clasica.xornal.com/article.php?sid=200901220100410001
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 6 de setembro de 2018 ás 13:49 (UTC)