Saltar ao contido

Conversa:Pasarrúas

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Segundo se deduce do Dicionario de dicionarios, as ruadas en orixe eran xuntanzas da mocidade, preferentemente para cantar, bailar e mocear, que se realizaban de noite na rúa. Iso non é o que se describe no artigo, esa ruada tradicional é a que se corresponde coa voz ruada do DRAG: "Percorrido que fan os mozos polas rúas bailando e botando serenatas" O que se describe no artigo é o que se corresponde coa voz pasarrúas do DRAG: "Marcha popular de ritmo moi vivo tocada nas rúas por unha banda ou charanga", que supoño que en moitas zonas recibía tamén o nome de ruada.--HacheDous=0 (conversa) 30 de decembro de 2022 ás 17:50 (UTC)[responder]

Como peza musical o pasarrúas non ha de se confundir co pasacalle (que non era unha marcha, eran pezas que tocaban músicos itinerantes nas rúas e que no barroco acabou incorporada á música culta) de orixe española e que se coñecen en moitas linguas (entre elas en portugués) coa forma italianizada pasacaglia, en galego non tería sentido traducila (non hai tradición de o facer noutras linguas, e en Galicia non creo que chegase a ser popular) é o ser de orixe español tampouco tería moito sentido empregar a forma italiana, xa que chegou directamente e non como en moitos lugares logo de pasar por Italia.--HacheDous=0 (conversa) 1 de xaneiro de 2023 ás 20:20 (UTC)[responder]