Conversa:Ría de Aldán
Aparencia
Nas fontes consultadas a de Aldán non é ría senón enseada--. HombreDHojalata.conversa 15:21, 7 de maio de 2011 (UTC)
Untitled
[editar a fonte]- Pois si. Xa atopei fontes que lle chaman ría--. HombreDHojalata.conversa 15:24, 7 de maio de 2011 (UTC)
- Eu dubido. Na enseada de Aldán non hai saída de auga co que as correntes do seu interior non teñen unha hidrodinámica como calquera das outras rías. Se prestamos atención a como xorde a ría de Pontevedra a nivel xeolóxico, penso que non cabe máis que considerala como unha parte exterior da ría de Pontevedra, só que con diferente orientación (N-S e non SO-NE como as demáis rías baixas). As publicacións de xeólogos que a citan non dubidan en denominala "enseada de Aldán" e considerala unha parte exterior da ría de Pontevedra, véxase: García-Gil et al. 2000 ou Durán et al. 2000. Porén, é certo que múltiples publicacións, p.ex, de zooloxía bentónica como Lourido et al. 2008 din "ría" e non "enseada". En principio, diría que ten que prevalecer o concepto de val fluvial cando se denomina a unha ría: e Aldán non o cumpre (véxase Rías de Galicia). Outra cousa sería a denominación popular... mais aí non podo opinar. Mgl.branco (conversa) 20 de setembro de 2015 ás 17:11 (UTC)
- Para min non hai dúbida, son as publicacións especializadas en xeoloxía as que marcan o que é ría ou non, como a denomine un xornalista ou un zoólogo non implica nada, o que é relevante é o que digan os xeólogos, e polas referencias parece que é unha enseada e non unha ría.--HacheDous=0 (conversa) 20 de setembro de 2015 ás 17:42 (UTC)
- Outra cousa é o nome, poderíase denominar ría de Aldán sen ser ría, se ese é o seu nome, pero non se pode dicir que é unha ría se é unha enseada.--HacheDous=0 (conversa) 20 de setembro de 2015 ás 17:49 (UTC)
- Cambiei logo a enseada, iso si se hai fontes acreditadas que afirmen que é unha ría, entón habería que mudar de novo o texto ou ben falalo na conversa de novo.--HacheDous=0 (conversa) 20 de setembro de 2015 ás 17:58 (UTC)
- Grazas, estou de acordo. Inda que se lle dea o nome de ría, teñen que prevalecer as fontes científicas, especialmente da xeoloxía. Mgl.branco (conversa) 25 de agosto de 2016 ás 11:39 (UTC)
- Cambiei logo a enseada, iso si se hai fontes acreditadas que afirmen que é unha ría, entón habería que mudar de novo o texto ou ben falalo na conversa de novo.--HacheDous=0 (conversa) 20 de setembro de 2015 ás 17:58 (UTC)
Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (setembro 2019)
[editar a fonte]Ola. Durante o proceso de arquivado déronse erros para unha ou máis ligazóns enviadas para o seu arquivo. Abaixo inclúense as ligazóns que tiveron un problema coa seguinte mensaxe de erro.
Esta será a única notificación en relación a estas ligazóns e non se farán máis intentos de arquivar estas ligazóns.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 15 de setembro de 2019 ás 19:27 (UTC)