Conversa:Río Cabreira
Aparencia
Untitled
[editar a fonte]Por que, se é un río leonés, se chama Cabreira, cando o mesmo artigo recoñece que o seu nome castelán é Cabrera? --Xoacas(Góstache o pemento?) 16:45, 13 marzo 2010 (UTC)
- En leonés chámase Cabreira. Descoñezo se hai algunha referencia do nome en galego; de habela, parece claro que sería Cabreira; e se non hai tal, daquela ten que quedar Cabrera. Haberá que buscala. Por outra banda, únese ao Sil en Ponte de Domingos Flórez, concello galegofalante do Bierzo. En castelán chámase Cabrera, si, pero o que debemos facer é mirar de atopar unha referencia de como se chama en galego. --Atobar (conversa comigo) 17:02, 13 marzo 2010 (UTC)
- Precisamente diso se trata, pero eu non teño nin idea de como facelo. A única referencia que teño é Otero Pedrayo, Os ríos galegos, Castrelos 1977, e dalle o nome de Cabrera. Aí queda a dúbida. --Xoacas(Góstache o pemento?) 17:56, 13 marzo 2010 (UTC)
- Na páxina 157 d'A xeografía, de Augusto Pérez Alberti aparece referido como río Cabrera. --Alberte Si, dígame? 18:28, 13 marzo 2010 (UTC)
- Calquera valdeorrés (que fale galego) chama a este río e á comarca correspondente Cabreira: os que a chaman Cabrera é porque descoñecen o detalle e usan o nome "oficial". Hai documentos antigos en galego que nomean a Cabreira (vel Cabreyra), basta ir ao RILG e buscar por exemplo no Corpus Xelmírez. En Sil drainage bassin hai polo menos dúas fotos do río (e no artigo en castelán)- - o do IP correspondente.
- Acabo de mirar no Corpus Xelmírez, docs. de S. Vicente de Pombeiro de 1436 e 1437: "Pero Aluares Osorio, señor de Cabreyra et Ribeyra". A Ribeira que se menciona é outra pequena comarca próxima, cuxo nome conserva o da localidade de Salas de la Ribera, practicamente ao pé do Sil, a uns km da Ponte de Domingo Flórez en dirección a Ponferrada -- o do anterior