Conversa:Río Mao
Untitled
[editar a fonte]Eu teño coñecemento da existencia de dous ríos chamados Mao, e non sei se hai máis:
1.- Afluente do río Salas pola banda esquerda. Nace na parroquia de Couso de Salas (Muíños) e desemboca na parroquia de Cela (Lobios) 2.- Afluente do río Cabe pola banda dereita. Nace na serra do Oribio, no concello do Incio e desemboca na parroquia da Parte (Monforte de Lemos)--Xoán Carlos Fraga 20:41, 11 decembro 2005 (UTC)
- Este é o Río Mao do Incio. Podes engadir os datos que citas nesta páxina e que faltan no artigo? Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:53, 11 decembro 2005 (UTC)
3.- Hai un terceiro Río Mao, que é afluente, pola esquerda do río Sil. Este río Mao (o medieval rivulum Humano ou Omano Maior)nace na Serra de San Mamede (provincia de Ourense) e desemboca no río Sil, a altura do pobo de Barxacoba, parroquia de San Lourenzo de Barxacoba, no concello de Parada do Sil. Ten como afluentes pola esquerda, o regato Broil e o río de Hedrada (o medieval rivulum Humano ou Omano Minor). Desde principios dos anos de 1940, máis ou menos na metada do seu percorrido a altura de Vilariño Frío, está transformado en encoro (Encoro de Leboreiro). É o río máis importante da comarca de Terra de Caldelas. Por debaixo da presa do encoro de Leboreiro, despois da confluencia co río de Hedrada, o río Mao fai de divisoria entre os concellos de A Teixeira e Parada do Sil.--Afa 18:41, 20 setembro 2006 (UTC)
Redundancia?
[editar a fonte]Non é un pouco repetitivo que haxa unha páxina de homónimos para Río Mao e outra para Mao na que se inclúe a mesma información que na primeira? Non teño claro se propor o borrado ou non. --Xoacas(Góstache o pemento?) 01:06, 7 marzo 2010 (UTC)