Conversa:República Socialista de Montenegro
Aparencia
Untitled
[editar a fonte]Modifiquei o artigo porque, antes, aparecía a República Socialista de de Montenegro como a mesma entidade que formaba parte da República de Iugoslavia, desde 1943 a 1992, sen ter en conta que esta denominación oficial corresponde só a un certo paríodo da historia deste país balcánico (de 1963 a 1992).
Hai que ter en conta, e distinguir, dúas ou, de querermos, tres Repúblicas de Montenegro:
- A República Popular de Montenegro (1946 - 1962) unha das entidades que formaron a República Federal Popular de Iugoslavia;
- A República Socialista de Montenegro (1963 – 1992); dese 1992 a 2006, República de Montenegro, unha das entidades que integraron a República Federal Socialista de Iugoslavia e, despois, o estado de Serbia e Montenegro;
- A República de Montenegro, que integrou a antedita República Federal iugoslava desde a caída do comunismo e, despois, como entidade integrante do novo estado de Serbia e Montenegro (2003-2006) e que, finalmente, desde 2006, é un estado independente.
--XoioÉche o que hai 21:57, 22 de xaneiro de 2012 (UTC)