Conversa:Romeu e Xulieta
Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)
[editar a fonte]Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Romeo e Xulieta. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20080907211630/http://romeoandjuliet.publicliterature.org/ á ligazón http://romeoandjuliet.publicliterature.org/
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 7 de setembro de 2018 ás 06:01 (UTC)
Romeo e Xulieta
[editar a fonte]Diga o que diga a Guía de Nomes Galegos, (canto máis a analizo, máis problemas, inexactitudes e arbitrariedade lle atopo), a forma fixada por publicacións literarias en galego é Romeo e Xulieta[1][2], non Romeu. Por tal razón, creo que o último cambio (de setembro deste ano) para colocar Romeu e Xulieta como forma prioritaria e Romeo e Xulieta a modo de redirección é errado. A maiores, direi que a propia GNG opta por Romeo para referirse a esta obra de Shakespeare na entrada Matías: "... O seu final seméllase ao do Romeo de Shakespeare ou ao do Werther de Goethe.", contradicindo deste modo a entrada Romeu. --Atobar (conversa comigo) 7 de novembro de 2024 ás 11:57 (UTC)
- Tradición ten, a EGU ou a Diciopedia empregan Romeu e Xulieta. Pero aquí entramos en conflito con outra norma da Galipedia, no título dos libros (ou obras de teatro) a política da Galipedia indica que se ha empregar o título galego se existe: "Hai que seguir o mesmo criterio coas obras literarias: o título irá en galego cando exista tradución publicada" e neste caso a tradución publicada é Romeo e Xulieta, a política da Galipedia é clara: cousa diferente sería que en novas edicións o título mudase a Romeu, pero polo de agora non é o caso.--HacheDous=0 (conversa) 7 de novembro de 2024 ás 16:17 (UTC)
- Tamén hai que ter en conta que na revisión da normativa de xullo de 2003 a redacción quedou en "Rematan en -eu as seguintes palabras patrimoniais: eu, meu, teu, seu, chapeu, romeu, sandeu (fem. sandía), xubileu, xudeu (fem. xudía)". Mentres que anteriormente só se indicaba "eu, meu, teu, seu, deus e xudeu" e a tradución publicada por Galaxia é de 2003: non sei o mes, pero a tradución fíxose antes. E a GNG indica que "Romeu procede Do baixo latín romaeus, procedente do grego rhomáios 'romano', que pasou a significar na Idade Media 'romeiro', isto é, 'peregrino que vai a Roma", aínda que hoxe romeu xa non aparece con ese significado no DRAG. Así e todo, iso non invalida o título galego publicado da obra. --HacheDous=0 (conversa) 7 de novembro de 2024 ás 16:39 (UTC)
- Boas. @HacheDous=0. falando dende a ignorancia, penso que este último argumento non é válido. Romeu refírese á planta vexetal; penso que non ten que ver co nome propio. Sería algo así como empregar como nome propio "Xullo César". Sobre o resto, non sei o suficiente. Saúdos. MAGHOI (conversa) 7 de novembro de 2024 ás 16:49 (UTC)
- Estou a me referir ao que a GNG indica como orixe do nome propio Romeu: a forma romeu era unha palabra do galego (patrimonial) da Idade Media [3] que significaba romeiro. Con ese significado a palabra perdeuse no galego moderno. Segundo a norma anterior a 2003 tanto a planta, como o termo romeu equivalente a romeiro-de se ter que escribir en galego moderno- eran romeo, xa que acabados en "eu" as formas galegas eran moi reducidas.--HacheDous=0 (conversa) 7 de novembro de 2024 ás 17:08 (UTC)
- Ola. Estamos a falar de obra de Shakespeare e dos seus personaxes. A tradución de Pérez Romero, publicada en 2003 (non figura o mes nos créditos, pero do dép. legal infiro que debeu ser no segundo semestre do ano), coñeceu unha nova edición na biblioteca de La Voz de Galicia, xa en 2005, onde non se mantivo tal cal o título. Non existe, a día de hoxe, ningunha nova tradución publicada como Romeu e Xulieta. Polo tanto, aquí debe figurar co nome da obra existente en galego. Atobar (conversa comigo) 9 de novembro de 2024 ás 10:11 (UTC)
- Confirmo: a colección presentouse en novembro de 2003[4] Atobar (conversa comigo) 9 de novembro de 2024 ás 10:13 (UTC)