Conversa:Santa Comba
Detalles das contribucións e análise de visitas á páxina. |
Escudo
[editar a fonte]O escudo do Concello de Santa Comba está equivocado. Ese escudo que tedes posto foi rexeitado hai anos. O actual e este http://www.santacomba.es/wp-content/uploads/2016/01/escudo-concello-santa-comba-ESTRECHO.jpg. Rogaríamos que o cambiases porque estanos a dar problemas posto que a xente utilizao para as suas webs.
Manuel Vilariño Departamento de Audiovisual e Multimedia Concello de Santa Comba —o anterior comentario sen asinar foi feito por Concellodesantacomba (conversa • contribucións)
- Ligazón ao DOG, por favor? --Norrin (Fálame) 13 de abril de 2016 ás 15:54 (UTC)
- De feito, o escudo é correcto (1): De púrpura, un castelo de ouro (amarelo), sobre ondas de prata, sumado nos flancos de dúas vieiras tamén de prata. Ao timbre, coroa real pechada. A representación que vos empregades é incorrecta xa que o castelo non pode levar "baleiras" as fiestras e porta. --Norrin (Fálame) 13 de abril de 2016 ás 16:00 (UTC)
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2005/20051031/Anuncio23DC2_es.pdf —o anterior comentario sen asinar foi feito por Concellodesantacomba (conversa • contribucións)
- O texto legal desa ligazón di: De púrpura, un castillo de oro (amarillo), sobre ondas de plata, sumado en los flancos de dos veneras también de plata. Al timbre, corona real cerrada. O escudo que amosades vos sería "De púrpura, un castillo de oro (amarillo) aclarado de púrpura, sobre ondas de plata, sumado en los flancos de dos veneras también de plata. Al timbre, corona real cerrada". A representación que emprega o concello non se axusta ao texto legal. Ademáis, en heráldica os castelos represéntanse mazonados (marcando a sillería). --Norrin (Fálame) 13 de abril de 2016 ás 16:06 (UTC)
http://www.santacomba.es/wp-content/uploads/2015/08/ESCUDO-SANTA-COMBA-SIN-LETRAS-CUADRADO.jpg http://www.santacomba.es/wp-content/uploads/2016/01/escudo-concello-santa-comba-ESTRECHO.jpg http://www.santacomba.es/ Isto e o que temos e é o oficial —o anterior comentario sen asinar foi feito por Concellodesantacomba (conversa • contribucións)
- Insisto: a competencia sobre escudos é da Xunta de Galicia. O oficial é o brasón do DOG: De púrpura, un castelo de ouro (amarelo), sobre ondas de prata, sumado nos flancos de dúas vieiras tamén de prata. Ao timbre, coroa real pechada. Isto é oficial, que admite moitas representacións. As vosas non o cumpren. --Norrin (Fálame) 13 de abril de 2016 ás 16:21 (UTC)
- Ola, Concellodesantacomba. Penso que a cuestión da competencia sobre heráldica quedou ben explicada polo usuario Norrin strange. Entenderás, pois, que pouco podemos facer na Wikipedia en tanto non cambie a situación. Se con todo credes que a vosa representación debería ser a correcta e polo tanto a oficial, o camiño a seguir pasa por propor a súa modificación perante a Xunta, e agardar a que esta dea a súa conformidade. A partir de aí (non antes), podemos e debemos mudalo tamén aquí. Se tes calquera outra dúbida, non temas en preguntar. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 13 de abril de 2016 ás 17:04 (UTC)
Penso que xa demos información suficiente co dog no que aparece a imaxe ( http://www.xunta.es/dog/Publicados/2005/20051031/Anuncio23DC2_es.pdf ) pero ainda asi mira a páxina da xunta ( https://eidolocal-admin.xunta.es/portal/serv_xunta/heraldica/Santa_Comba.html?__locale=es ). O que si está claro e que o que tendes publicado non é, nin corresponde o DoG de pe de imaxe. Polo que en nome do Concello de Santa Comba se non aportades documentación onde está publicado o escudo que tendes na vosa páxina, rogaríamos que rectificaras a imaxe polo prexuizo que nos supon ó concello.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Concellodesantacomba (conversa • contribucións) 13 de abril de 2016 ás 19:20
- O escudo que hai é correcto segundo o brasón do DOG xa que, como comentou Norrin Strange, cada artista interpreta esa información á súa maneira, respectando a información que contén. Isto fai que as representacións dun mesmo brasón non sexan copias exactas uns de outros, se non que difiran nos trazos e detalles que cada un dos artistas achegan ó escudo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 13 de abril de 2016 ás 23:46 (UTC)
Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)
[editar a fonte]Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Santa Comba. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20070404223857/http://www.dicoruna.es/municipios/SantaComba/ á ligazón http://www.dicoruna.es/municipios/SantaComba/
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 27 de agosto de 2018 ás 17:41 (UTC)