Saltar ao contido

Conversa:Transcriptase inversa

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled

[editar a fonte]

Puxen transcritase sen P. Nalgunhas poucas páxinas da Galipedia aparecen estas formas con P, tamén na páxina portuguesa (pero non sei se actualizarían a última reforma ortográfica que eliminou moitos grupos consonánticos nese idioma). Está claro que transcrición en galego é sen P. Supoño que transcritase non é ningunha excepción e perde a letra P tamén, pero como é un tecnicismo máis recente igual é diferente. Se alguén sabe seguro se é unha excepción que o diga, por favor.--Miguelferig (conversa) 29 de marzo de 2013 ás 13:25 (UTC)[responder]

Boas 77.27.129.149 30 de decembro de 2022 ás 09:42 (UTC)[responder]
No Digalego, na definición de "retrovirus" aparece "transcriptase": Grupo de virus ARN de infección lenta que se caracterizan por transcribir o seu xenoma de ARN a ADN, grazas ao encima transcriptase inverso, como primeiro paso da infección celular, onde o máis coñecido é o da inmunodeficiencia humana, causante da SIDA.
Tamén no Buscatermos: https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/buscas/busca.htm#56130
No dicionario de portugués Houaiss (actualizado): transcriptase e transcríptase. 77.27.129.149 30 de decembro de 2022 ás 09:50 (UTC)[responder]

De acordo, como hai referencias cambio o nome da páxina a transcriptase inversa. Despois, con tempo, irei cambiando as redireccións e o termo nos textos de distintas páxinas. Unha cousa que me chama a atención no DiGalego é que o poñen en masculino (transcriptase inverso) na definición de retrovirus. É certo que a palabra encima (tamén aceptado enzima) pode utilizarse, segundo o DRAG, en masculino ou en feminino (o encima / a encima / os encima dixestivos /as encimas dixestivas), tal como se indica en "observacións", pero outra cousa é o nome de cada encima acabado en -ase, que penso que é feminino (a polimerase, a lipase, unha hidrolase é un encima que rompe enlaces por hidrólise). Ver no DRAG a definición de polimerase. Na información que dás do dicionario portugués Houaiss puxeches repetido transcriptase (será transcriptase e transcritase?).--Miguelferig (conversa) 30 de decembro de 2022 ás 12:32 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Creo que xa eliminei todas as transcritases nos textos, redireccións, outras páxinas, etc.--Miguelferig (conversa) 30 de decembro de 2022 ás 19:21 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)

[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 3 ligazóns externas en Transcriptase inversa. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 28 de agosto de 2018 ás 06:28 (UTC)[responder]