Saltar ao contido

Conversa:Vacina

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled

[editar a fonte]
  • Opino que hai varios "recoméndase" no artigo aos que se debería poñer un suxeito, porque non é moi obxectivo ese "recoméndase". Parece que o que nos din (quen? as autoridades? os políticos? os médicos?) é o correcto, mais debera dicirse quen di iso.

Tamén debera comentarse os efectos secundarios das vacinas (como calquera outro medicamento) -incluso neste artigo-. Tamén se debera informar sobre o mercurio e as doses de mercurio que levan os bebés coas vacinas. Estou a favor dunha información completa ás persoas e despois que cada persoa toma a decisión máis acertada para o seu caso. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Xoán Carlos Fraga (conversacontribucións) ás 21:18 do 4 de xullo de 2009 (UTC)

Trala lectura do texto, eu entendo que esas recomendacións as fai o Ministerio de Sanidade e Consumo (MSC), que recomenda ese calendario de vacinacións e o texto que segue. Non vexo problema nin necesidade de máis explicacións.
Cómpre completa-lo artigo con tódolos aspectos posibles, incluídos os efectos secundarios nos casos que se produzan.
Nunca oíra de problemas derivados do mercurio nas vacinas, nin sabía que as vacinas contiveses mercurio. De ser certa tal cousa e poida producir calquera efecto adverso, tamén haberá que citalo. Moito máis común é o mercurio en certos peixes e non aprecio reticencia ningunha.
Non estou moi seguro de que o calendario de vacinacións estándar deba ser sometido á vonmtade do pociente (ou dos seus familiares). Outra cousa mson as vacinas non obrigatorias destinadas ós adultos. En calquera caso, as vacinas pasan tantas e tantas probas de eficacia e seguridade que eu non deixaría entrever que os posibles riscos poidan xustificar o seu rexeitamento. Non existindo seguridade absoluta (en nada nesta vida) o certo é que hai niveis de seguridade nos que debemos confiar. Pedro --Lameiro (conversa) 22:30, 4 xullo 2009 (UTC)
  • Lameiro, foi un pracer ler a túa opinión. O certo é que o PNUMA (Programa das Nacións Unidas polo Medio Ambiente) xa aconsellou en 2003 abandonar a minería, uso e comercio do mercurio e así se está facendo.

Unha gran parte das vacinas infantís levan como conservante tiomersal, un derivado do mercurio (que se elimina do corpo moi lentamente). É moi discutíbel incluír este conservante nas vacinas (máis aínda nas vacinas dos bebés) e realmente os laboratorios farmacéuticos están tendendo actualmente a eliminar o tiomersal das vacinas. Diversas organizacións internacionais solicitaron a eliminación do tiomersal: a AAP -Academia Americana de Pediatría- e o Servizo de Saúde Público Americano en 1999, a FDA tamén nese ano, a EMEA -Axencia Europea de Avaliación do Medicamento- prohibiu o uso de tiomersal en vacinas monodoses para animais de consumo no 1996 (curiosamente un ingrediente prohibido na veterinaria está permitido nos nenos e bebés!). A AEM (Axencia Española do Medicamento) solicitou no ano 2000 engadir no prospecto aquelas vacinas que levan tiomersal. Se se busca e rebusca, vanse atopar estudos contrarios e defensores do uso do tiomersal, como en calquera tema, pero en cuestións de saúde ante unha dúbida razoábel de efectos adversos é preferíbel evitar o derivado mercurial, sobre todo se existen alternativas (e existen). Ademais, parécenos que debido a que os estamentos médicos oficiais americanos e europeos aconsellan unha política de redución dos compostos mercuriais nos bebés e nenos, debemos evitar este conservante nas vacinas -ou polo menos informar do feito-.--Xoán Carlos Fraga 13:31, 5 xullo 2009 (UTC)

«combater as vexigas»

[editar a fonte]

No primeiro parágrafo. Así enténdese que Jenner buscaba remedio a algo común e de pouca importancia. Suxiro poñer "combater a varíola", coas ligazón ao artigo correspondente.--Ruskillo 16:26, 29 de febreiro de 2012 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)

[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 6 ligazóns externas en Vacina. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 28 de agosto de 2018 ás 09:23 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)

[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Vacina. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 15 de setembro de 2018 ás 03:24 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (abril 2020)

[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 8 ligazóns externas en Vacina. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 4 de abril de 2020 ás 14:59 (UTC)[responder]