Conversa:Val
Aparencia
Untitled
[editar a fonte]Penso que é máis común o emprego de Val. Vale debería redirixir cara val. AlberteSi, digame? 13:25, 20 agosto 2007 (UTC)
- Concordo.--Norrin_strange (Talk) 13:42, 20 agosto 2007 (UTC)
Concordo Lansbricae (Ti dirás) 13:45, 20 agosto 2007 (UTC)
- Concordo. Penso que val é máis frecuente na toponimia galega. --Daniarmo 13:46, 20 agosto 2007 (UTC)
- Discordo. Na toponimia galega ambas as duas son usadas. Normalmente, vale acostuma a utilizarse cando é a palabra final de frase ou aillada ou para dar énfase, mentres que val acostuma a ir en metade de frase, de xeito abreviativo. Daí que nun contexto de palabra illada parece mais apropiado vale, ademais en portugues tamen é vale. En calquer caso, sen ter predileccion por ningunha das opcions, coido que, ao non estar claro por cal delas optar, non se deberia cambiar.--Maañón 14:06, 20 agosto 2007 (UTC)
- Comentario Eu penso que se non está claro cal escoller debemos elixir a que sexa de uso máis común na galipedia. É máis frecuente val na galipedia, como se pode observar en artigos como Gran Val do Rift, Val das Raíñas ou Val dos Reis. Por simple concordancia penso que é mellor val, e vale redirixila. Saúdos. AlberteSi, digame? 14:26, 20 agosto 2007 (UTC)
- Comentario*Eu non son filólogo e uso sempre val. Semella que falas de que vale está a caer en desuso (polo de que acostumaba a utilizarse) pero concordo en que si o teu razoamento é correcto, cousa que non dubido, débese respetar a eleción do primeiro editor e tamén axudaría a que non caera no desuso. No tocante ao uso máis común na Galipedia débese ter en conta pero non pode ser o único criterio xa que a Gali non pode ser fonte. Lansbricae (Ti dirás) 14:32, 20 agosto 2007 (UTC)
- Concordo co que di Lansbricae. Alma 14:35, 20 agosto 2007 (UTC)
- Concordo Sóese ser máis común utiliza-lo singular. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 14:36, 20 agosto 2007 (UTC)
- Comentario Mirei nun par de dicionarios de galego e só aparecen outros significados de vale non sinónimos ao de val. Por favor, consultade se podedes os vosos por se acaso. No caso de que as dúas sexan válidas hai que empregar a eleción do primeiro editor. Ao ler o artigo por primeira vez chocoume ler a forma Vale do Ródano e semellantes, supoño que por estar acostumado á forma habitual dos concellos galegos (Val do Dubra, Castrelo do Val, etc). Tal vez o motivo de que me soase mal sexa o que apunta Maañón.--Daniarmo 15:20, 20 agosto 2007 (UTC)
- Comentario Despois de mirar no dicionario da RAG, no dicionario Xerais e no Volga, tampouco atopo vale con ese significado. Se non hai ningunha referencia a vale en galego non debe ser, nin moito menos, o nome do artigo. AlberteSi, digame? 15:31, 20 agosto 2007 (UTC)
- Comentario No Dicionario Cumio da Lingua Galega hai unha entrada para val e outra para vale pero non como sinónimos (vale de valer) e val do (lat. valle).Alma 15:35, 20 agosto 2007 (UTC)