Conversa:Virus do mosaico do tabaco
Cambios
[editar a fonte]Fixen diversos cambios lingüísticos na páxina (ortografía, sintaxe). Por certo, single stranded non significa "trenzado simple" senón monocatenario, é dicir, que o ácido nucleico ten unha soa cadea, e (+) strand non significa "máis trenzado" senón que é a cadea de sentido positivo (é dicir, que podería traducirse directamente nun ribosoma, sen facer primeiro a cadea complementaria; e cando ocorre o contrario o ácido nucleico é de febra ou cadea -). Todo isto foi mal traducido na páxina da wikipedia en castelán, e supoño que de aí proceden os erros. Tampouco estou de acordo coa orde en que se colocan os traballos de Ivanowsky e Beijerink; os de Ivanowsky foron primeiro, e o ano do experimento de Beijerink é 1898 e non o que se indica, e todo iso pretendo cambialo tamén. --Miguelferig (conversa) 19 de maio de 2013 ás 11:16 (UTC)
- Feitos os cambios.--Miguelferig (conversa) 19 de maio de 2013 ás 11:21 (UTC)
Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (setembro 2019)
[editar a fonte]Ola. Durante o proceso de arquivado déronse erros para unha ou máis ligazóns enviadas para o seu arquivo. Abaixo inclúense as ligazóns que tiveron un problema coa seguinte mensaxe de erro.
Esta será a única notificación en relación a estas ligazóns e non se farán máis intentos de arquivar estas ligazóns.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 19 de setembro de 2019 ás 08:01 (UTC)