Conversa Wikipedia:Wikiproxecto modelos
Infobox ao galego
[editar a fonte]Sección da conversa adicada a tradución do Modelo:Infobox ao galego.
Polo que puiden ver, hai máis de seiscentos artigos que empregan este modelo. Na miña opinión, debemos manter manter Infobox tal e como está, e crear outro modelo, por exemplo "Infocaixa" no cal o código estea en galego, e a partir de ahí, traballar nos modelos novos. Pontevedra78|Conversa 16 de febreiro de 2014 ás 16:33 (UTC)
- Eu non vexo que sexa necesario traducilo. Pódese empregar de xeito doado estando en inglés, e trátase dun modelo base, non dun modelo empregado directamente nas páxinas. --Norrin_strange (Fala-me) 17 de febreiro de 2014 ás 07:47 (UTC)
- Ahí levas razón. Entón soamente quedaría por actualizar o código (se se deu algunha mellora) e traducir a documentación. Pontevedra78|Conversa 17 de febreiro de 2014 ás 14:13 (UTC)
- Paréceme boa idea, se queredes eu podo ocuparme de tentar actualizar o modelo, cando o teña xa vos aviso e traducimos e actualizamos a documentación. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de febreiro de 2014 ás 14:30 (UTC)
- Acabo de ver isto :). Trouxen o código ao Módulo:Infobox, ao estar na wiki:en programado en Lua. Se podes, bótalle unha ollada por se me esquecín de adaptar algo. Despois xa poderemos actualizar a documentación. Pontevedra78|Conversa 17 de febreiro de 2014 ás 15:03 (UTC)
- Fixen un modelo de proba (Modelo:Infobox/proba), onde implementei o módulo, comprobeino nun bosquexo dun modelo que estou a facer e funcionoume ben. Pontevedra78|Conversa 17 de febreiro de 2014 ás 15:19 (UTC)
- Paréceme boa idea, se queredes eu podo ocuparme de tentar actualizar o modelo, cando o teña xa vos aviso e traducimos e actualizamos a documentación. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de febreiro de 2014 ás 14:30 (UTC)
- Ahí levas razón. Entón soamente quedaría por actualizar o código (se se deu algunha mellora) e traducir a documentación. Pontevedra78|Conversa 17 de febreiro de 2014 ás 14:13 (UTC)
Xa está revisado, fixen a tradución das categorías e das mensaxes de erro. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de febreiro de 2014 ás 18:28 (UTC)
***DEBATE PECHADO***
Agrupación e categorización de modelos
[editar a fonte]Neste fío falaremos do traballo de fusión e especificación dos modelos.
En canto aos modelos vencellados ao cristianismo, que son nos que traballo eu, os seguintes están adaptados ao Modelo:Infobox: Modelo:Santo (para santos, beatos, e demais venerados polas igrexas cristiás), Modelo:Eclesiástico (para o clero), Modelo:Advocación mariana (similar ao de Santo, para advocacións da Virxe, mais con certos parámetros diferentes), Modelo:Diocese (para divisións territoriais eclesiásticas) e Modelo:Concilio (para concilios ecuménicos, sínodos, etc.). --Norrin_strange (Fala-me) 17 de febreiro de 2014 ás 07:51 (UTC)
Quizáis Advocación mariana podería ser integrado no dos Santos, engadindo os parámetros destes.Non teñen moita relación, como comprobei máis tarde.- Tamén estiven pensando en que cada categoría de Modelos teña unha cor de cabezallo. Primeiro pensara en poñer imaxes, como teñen na wiki:es, pero pensando no traballo que levaría, é mellor non facelo ou deixalo para o futuro. Por exemplo, os modelos do cristianismo, poderían ir todos dunha cor amarela. Pontevedra78|Conversa 17 de febreiro de 2014 ás 14:22 (UTC)
- Polo de agora, o modelo:eclesiástico varía en función do rango, segundo os ornamentos heráldicos: gris (sable) para presbíteros, verde (sinople) para bispos, vermello (goles) cardeais, marelo (ouro) para papas e púrpura para outros primados. Tanto o modelo:Diocese, o modelo:Concilio como o modelo:Orde relixiosa (antes esquecera este) levan cores neutros. O da Virxe leva azul, por ser a cor tradicional dela, e o dos santos dourado para reflectir o feito de que son obxecto de culto. --Norrin_strange (Fala-me) 17 de febreiro de 2014 ás 15:54 (UTC)
- Comprendo, entón é mellor deixalos como están. Pontevedra78|Conversa 17 de febreiro de 2014 ás 16:15 (UTC)
- Polo de agora, o modelo:eclesiástico varía en función do rango, segundo os ornamentos heráldicos: gris (sable) para presbíteros, verde (sinople) para bispos, vermello (goles) cardeais, marelo (ouro) para papas e púrpura para outros primados. Tanto o modelo:Diocese, o modelo:Concilio como o modelo:Orde relixiosa (antes esquecera este) levan cores neutros. O da Virxe leva azul, por ser a cor tradicional dela, e o dos santos dourado para reflectir o feito de que son obxecto de culto. --Norrin_strange (Fala-me) 17 de febreiro de 2014 ás 15:54 (UTC)
Na miña opinión, Modelo:Estrada primaria básica, Modelo:Estrada secundaria, Modelo:Estrada provincial, Modelo:Autovía, Modelo:Estrada nacional e Modelo:Vía rápida poderían pasar a formar simplemente o Modelo:Estrada, aplicándolle as variables convenientes. Intentarei facer unha proba de como podería quedar. Pontevedra78|Conversa 17 de febreiro de 2014 ás 16:15 (UTC)
- Concordo. E debería non só de estar orientado a estradas de España/Galiza, senón as de calquera lugar do mundo. Polo tanto sería boa cousa engadir un tramo de situación xeográfica ou así.--Norrin_strange (Fala-me) 17 de febreiro de 2014 ás 17:32 (UTC)
- Como idea adicional, un parámetro "cor" (por exemplo, para que as autovías leven azul escuro e as nacionais vermello)... --Norrin_strange (Fala-me) 17 de febreiro de 2014 ás 17:34 (UTC)
- Habería que incluír tamén as rúas, avenidas, carrís bici, etc. O cabezallo debería permitir poñer varios tipos de vía, o cal axudaría moito naqueles casos onde, por exemplo, un mesmo corredor ten un tramo de autovía e outro de vía rápida (AG-41 e VG-4.1), que é unha das cousas que propoño no Wikiproxecto Estradas. Pontevedra78|Conversa 17 de febreiro de 2014 ás 19:14 (UTC)
- Como idea adicional, un parámetro "cor" (por exemplo, para que as autovías leven azul escuro e as nacionais vermello)... --Norrin_strange (Fala-me) 17 de febreiro de 2014 ás 17:34 (UTC)
Outro que ten que recibir unha reforma profunda é o modelo:castelo, que debería ser unha variante dun modelo:edificación xeral (outras variantes serían o modelo:templo cristián, o modelo:faro ou o modelo:edificio (para edificios singulares)). Véxase os problemas que ten o actual en Kremlin de Moscova (comunidade autónoma: rexi´pn dde Moscova ?). --Norrin_strange (Fala-me) 18 de febreiro de 2014 ás 10:21 (UTC)
- Eu comecei fai uns días un modelo para as edificacións en xeral, penso que ahí pode ter cabida. Tróuxeno dende wiki:es, engadinlle algunha cousa, pero inda está sen traducir de todo, ademáis de que habería que poñerlle parámetros para os castelos, faros e demais. Pontevedra78|Conversa 18 de febreiro de 2014 ás 14:31 (UTC)
Traballo sobre os modelos
[editar a fonte]Neste punto, falamos sobre o modus operandi para traballar sobre os modelos.
Estiven a traballar o modelo para as estradas. En vez de nomealo Modelo:Estrada, optei por Modelo:Vía, máis curto e xeral tanto para estradas como para rúas, avenidas, etc. Estouno a probar en Wikipedia:Wikiproxecto modelos/proba. Conseguín que no título aparezan varias estradas, pero non dou feito para que teñan a cor que lles corresponde. Se podedes, revisádeo. Pontevedra78|Conversa 18 de febreiro de 2014 ás 14:28 (UTC)
Outros asuntos ligados
[editar a fonte]Para tratar asuntos relacionados co wikiproxecto pero que non se inclúen nos fíos anteriores.
Fixen unha proba do indicativo a poñer nos artigos sobre os que se vai a traballar.
Pontevedra78|Conversa 16 de febreiro de 2014 ás 16:55 (UTC)
Habería que ampliar un pouco máis o modelo para poder engadir na táboa algúns datos interesantes domo o IDH... (ver Conversa modelo:Primeira entidade subestatal)--AMPERIO (conversa) 19 de febreiro de 2014 ás 16:17 (UTC)
- Ese modelo non está feito con Infobox, así que habería que axeitalo, que é o que buscamos aquí. Por outra banda, na miña opinión, debería existir un só modelo para calquera entidade territorial, dende os Estados ata os concellos ou cidades. Pontevedra78|Conversa 19 de febreiro de 2014 ás 20:50 (UTC)
- Tentaría deixar isto para último lugar, pois aquí tócanse moitos aspectos... está o modelo:cidade e semellantes, o modelo:pais, etc... Polo de agora, eu agardaría. --Norrin_strange (Fala-me) 20 de febreiro de 2014 ás 15:46 (UTC)
- Penso que un único modelo tería tanto código que non sería moi práctico. Para mín está ben como está, Estado, Entidade territoriral e Cidade. Outra cousa é modificalos e melloralos todo o que sexa posible, sobre todo dende o meu punto de vista o de cidade.--Adorian (conversa) 13 de marzo de 2014 ás 22:11 (UTC)
- Certo, certo. O que sí que sería importante traballar é o tocante a cidade/concello, no que temos unha gran variedade de modelos. Non creo que sexa moi complicado facer algo que neste caso sirva para todo o mundo. Pontevedra78·conversa 13 de marzo de 2014 ás 23:25 (UTC)
- Penso que un único modelo tería tanto código que non sería moi práctico. Para mín está ben como está, Estado, Entidade territoriral e Cidade. Outra cousa é modificalos e melloralos todo o que sexa posible, sobre todo dende o meu punto de vista o de cidade.--Adorian (conversa) 13 de marzo de 2014 ás 22:11 (UTC)
- Tentaría deixar isto para último lugar, pois aquí tócanse moitos aspectos... está o modelo:cidade e semellantes, o modelo:pais, etc... Polo de agora, eu agardaría. --Norrin_strange (Fala-me) 20 de febreiro de 2014 ás 15:46 (UTC)
Aquí temos xa o primeiro modelo do proxecto, opinade e modificádeo se vedes algunha carencia.
AP-9 | |
---|---|
Tipoloxía | Autovía e Vía Rápida |
Rede | Rede de estradas de Galicia, Rede de estradas do Estado |
Dimensións | |
Formato | dobre calzada con dous e tres carrís |
Localización | |
Inicio | Fronteira portuguesa, Tui |
Fin | Ronda da Muralla , Lugo |
{{Vía
| nome= AP-9
| tipo=autovía
| tipoloxía = Autovía e Vía Rápida
| rede = [[Rede de estradas de Galicia]], [[Rede de estradas do Estado]]
| inicio = Fronteira portuguesa, [[Tui]]
| remate = {{IdVíaEsp|tipo=pc|id=Ronda da Muralla|ligazón=Ronda da Muralla}}, [[Lugo]]
| lonxitude = 9999
| formato = dobre calzada con dous e tres carrís
}}
Pontevedra78|Conversa 20 de febreiro de 2014 ás 15:30 (UTC)
- Eu faría un par de cambios... en primeiro lugar, metería o cabezallo en "above" no canto de "title" e lle quitaría o fondo negro... Tamén estaría ben que a cor (por exemplo, azul no caso da AP-9) ocupase todo o cabezallo... seica cun "switch" ... podes ver en Modelo:Eclesiástico como funciona... --Norrin_strange (Fala-me) 20 de febreiro de 2014 ás 15:58 (UTC)
- A miña idea é que o modelo permita integrar nunha soa caixa a información dunha ruta na que hai tramos de distinta categoría, como pode ser a Vía ártabra, dividida en AG-13 e VG-1.3, pero seguramente se poida facer o que ti dis compatibilizando ambas funcións. Pontevedra78|Conversa 20 de febreiro de 2014 ás 17:35 (UTC)
- Pensándoo mellor, tendo en conta o baixo número de casos que menciono, vou poñelo como ti dis.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Pontevedra78 (conversa • contribucións) 20 de febreiro de 2014 ás 20:44
- A min o que me parece raro é que no cabezallo non apareza o nome da vía (¿non debería sair AP-9 por algures?), e concordo con Norrin en que a cor debería ir no cabezallo. Outra cousa, os parámetros poden, e deben, levar acentos como autovía, tipoloxía, etc. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de febreiro de 2014 ás 01:10 (UTC)
- Xa está arranxado. Pensei que borrara unha proba que fixera para que o modelo funcione como dicides vos. Saúdos, Pontevedra78|Conversa 21 de febreiro de 2014 ás 15:15 (UTC)
- Contro!, esa si que é unha boa proba :) E non vos parece mellor que o cabezallo esté dentro da caixa do infobox? É que a min velo fóra dame a impresión de que non forma parte del... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de febreiro de 2014 ás 21:18 (UTC)
- Xa, poñereino no above cando faga para que a caixa ocupe todo o espazo. Vai levar o seu traballo, así que non será pronto. Por outra banda, xa metín no above e lle din cor aos modelos Compañía, Fundación e Dominio. Podédelo comprobar en Banco Pastor, Fundación Barrié e .gal. O de fundación e compañía vai en gris porque é o que me parece máis adecuado para os modelos sobre persoas xurídicas. Teríamos que comezar a definir as cores por grupos de modelos. Pontevedra78|Conversa 21 de febreiro de 2014 ás 21:32 (UTC)
- Xa se pode poñer o cabezallo da cor que se queira. Agora o título ponse no parámetro
nome=
e a cor entipo=
. Se non se especifica o tipo, por defecto sairá en branco co texto en negro. Pontevedra78|Conversa 21 de febreiro de 2014 ás 22:04 (UTC)
- Xa se pode poñer o cabezallo da cor que se queira. Agora o título ponse no parámetro
- Xa, poñereino no above cando faga para que a caixa ocupe todo o espazo. Vai levar o seu traballo, así que non será pronto. Por outra banda, xa metín no above e lle din cor aos modelos Compañía, Fundación e Dominio. Podédelo comprobar en Banco Pastor, Fundación Barrié e .gal. O de fundación e compañía vai en gris porque é o que me parece máis adecuado para os modelos sobre persoas xurídicas. Teríamos que comezar a definir as cores por grupos de modelos. Pontevedra78|Conversa 21 de febreiro de 2014 ás 21:32 (UTC)
- Contro!, esa si que é unha boa proba :) E non vos parece mellor que o cabezallo esté dentro da caixa do infobox? É que a min velo fóra dame a impresión de que non forma parte del... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de febreiro de 2014 ás 21:18 (UTC)
- Xa está arranxado. Pensei que borrara unha proba que fixera para que o modelo funcione como dicides vos. Saúdos, Pontevedra78|Conversa 21 de febreiro de 2014 ás 15:15 (UTC)
- A miña idea é que o modelo permita integrar nunha soa caixa a información dunha ruta na que hai tramos de distinta categoría, como pode ser a Vía ártabra, dividida en AG-13 e VG-1.3, pero seguramente se poida facer o que ti dis compatibilizando ambas funcións. Pontevedra78|Conversa 20 de febreiro de 2014 ás 17:35 (UTC)
Xenial, outro detalliño, nos modelos nos que se poida poñer unha imaxe habería que engadir outro parámetro para poñer o pé. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de febreiro de 2014 ás 23:02 (UTC)
- E o parámetro para poñer as fotos penso que sería mellor chamalo sempre do mesmo xeito e que fose imaxe. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de febreiro de 2014 ás 23:05 (UTC)
- Quero dicir, os parámetros que sexan comúns a varios modelos teñen que ter sempre o mesmo nome, eu agora no modelo Fundación puxen para o pé de imaxe pé_imaxe pero se preferides outro cámbiase que agora aínda estamos a tempo :) Quizais estaría ben facer unha listiña de nomes de parámetros comúns para que todos os modelos que se fagan usen os mesmos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de febreiro de 2014 ás 23:23 (UTC)
- É algo que debemos valorar para os artigos de nova creación. Nos que estamos a adaptar eu manteño os parámetros dos modelos, porque si non nalgúns casos suporía un gran traballo trocalo, salvo que puidesemos dispor dun bot que o fixera automáticamente. Pontevedra78|Conversa 22 de febreiro de 2014 ás 00:51 (UTC)
- Si, claro, só se pode facer cos novos modelos (fundación é novo, non?) pero penso que é importante igual. Os vellos haberá que deixalos ata que poidamos facelo cun bot. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de febreiro de 2014 ás 08:27 (UTC)
- É algo que debemos valorar para os artigos de nova creación. Nos que estamos a adaptar eu manteño os parámetros dos modelos, porque si non nalgúns casos suporía un gran traballo trocalo, salvo que puidesemos dispor dun bot que o fixera automáticamente. Pontevedra78|Conversa 22 de febreiro de 2014 ás 00:51 (UTC)
- Quero dicir, os parámetros que sexan comúns a varios modelos teñen que ter sempre o mesmo nome, eu agora no modelo Fundación puxen para o pé de imaxe pé_imaxe pero se preferides outro cámbiase que agora aínda estamos a tempo :) Quizais estaría ben facer unha listiña de nomes de parámetros comúns para que todos os modelos que se fagan usen os mesmos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de febreiro de 2014 ás 23:23 (UTC)
Implementación Modelo:Vía
[editar a fonte]Xa está funcionando o modelo en AP-9 e Vía ártabra. Engadinlle un detalliño de última hora, pois nun principio as rutas europeas indicaríanse no cabezallo, e agora van no corpo do modelo, que o resalta e xera unha ligazón cara o artigo da ruta. Para ir "desmantelando" os modelos vellos, se non hai ningún inconveniente, poderíase crear unha Categoría que nos vaia informando dos artigos que inda os usan, ata que non quedase ningún, e a continuación, propor o borrado deses modelos. Pontevedra78|Conversa 22 de febreiro de 2014 ás 01:03 (UTC)
- Habería que mellorar a documentación, no apartado de uso están todos os parámetros posibles do modelo? É que non vexo o parámetro mapa e outros... Na caixa sería mellor poñer o mapa ou unha imaxe da vía? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de febreiro de 2014 ás 08:35 (UTC)
- O parámetro mapa xa está posto, non?. Eu no modelo só poría unha imaxe, preferiblemente o mapa, pero tampouco podemos telo de todas as estradas, sendo nese caso cando poderíamos por unha imaxe. Saúdos, --Pontevedra78|Conversa 22 de febreiro de 2014 ás 10:26 (UTC)
- Si o parámetro mapa está no modelo, pero non está nos parámetros da documentación. Eu puxen un exemplo de uso pero antes hai un código cos parámetros que debería levar todos posibles que ten o modelo, se podes revisa iso que ti controlas máis o modelo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de febreiro de 2014 ás 11:31 (UTC)
Adaptei o modelo que menciono a Infobox. Se ben, gustaríame debatir unha idea que tiven, que consiste en darlle unha cor ao above en función duns grupos de xéneros, por exemplo: para rock/indie, verde limón, para electrónica e rap, maxenta, para clásica, marrón claro, etc. Que vos parece? Pontevedra78|Conversa 21 de febreiro de 2014 ás 18:38 (UTC)
- Se pode facerse de forma automática, é dicir que cando o usuario engada no campo xénero un deses tipos que o poña directamente o modelo entón si, se ten que indicalo o usuario non me parece útil e pode ser fonte de problemas. O que non teño claro é o que habería que facer con grupos que se poidan encadrar en varios xéneros... Quizais iso poderías preguntarllo a Beni que é a wiki de música rock da Galipedia :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de febreiro de 2014 ás 21:23 (UTC)
- Ah, e outra cousa, na documentación dos modelos é moi útil que teñan un exemplo de uso para que se vexa como ten que quedar. Fíxeno neste de grupo musical, haberá que ir poñendoo tamén nos outros cando se vaian adaptando xa que estamos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de febreiro de 2014 ás 21:35 (UTC)
- Pois sí, haberá que ir poñendo os exemplos de uso. Agora mesmo estaba intentando recordar a quen lle gustaba tanto o rock :), xa llo preguntei. Pontevedra78|Conversa 21 de febreiro de 2014 ás 21:45 (UTC)
- Ah, e outra cousa, na documentación dos modelos é moi útil que teñan un exemplo de uso para que se vexa como ten que quedar. Fíxeno neste de grupo musical, haberá que ir poñendoo tamén nos outros cando se vaian adaptando xa que estamos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de febreiro de 2014 ás 21:35 (UTC)
- Ollo! Para as agrupacións de música clásica xa temos o Modelo:Música clásica (que propoño cambiarlle o nome por "Ensemble de música clásica", ou "Agrupación de música clásica", ou algo así), este modelo está feito para orquestras e grupos de cámara (véxase Orquestra Sinfónica de Galicia, polo momento non hai grupos de cámara na Galipedia). Un saúdo! Piquito (conversa) 21 de febreiro de 2014 ás 23:42 (UTC)
- Estaba simplemente a poñer exemplos :). É unha idea de como podemos orientar o modelo, e ocorreuseme iso. Primeiro temos que ter claro que queremos e como o queremos, para despois comezar a facer o código, que será unha tarefa algo complicada pero que pode dar un bo resultado. Pontevedra78|Conversa 22 de febreiro de 2014 ás 00:46 (UTC)
- Non me parece mala idea, de feito foi algo que pensara hai tempo e medio apliquei no modelo dos xéneros musicais. Coido que para unificalo mellor poderíamos usar as cores que teñen na wiki en inglés [[1]]. --Beninho (conversa) 25 de febreiro de 2014 ás 07:40 (UTC)
Ao que se refire Elisardo de que saia automáticamente, sen ter que crear un parámetro novo, paréceme moi complicado, por non dicir imposible. No parámetro xénero
indícanse varios. A miña proposta é engadir o parámetro xp
(xénero principal) e crear unha lista de xéneros principais (rock, electrónica, indie, folk, etc). Se non se indica, aparecerá como agora, se se indica, pois cambiará de cor. Lin o que liga Beninho, e paréceme que inda non o aplican para o que aquí se propón. Pontevedra78|Conversa 25 de febreiro de 2014 ás 18:28 (UTC)
- Vale, pero hai que indicar os posibles valores dese campo na documentación para que todos os que queiran usalo saiban o que teñen que poñer. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de febreiro de 2014 ás 22:05 (UTC)
Eu, sinceiramente, pasaría das cores para distinguir aos grupos, explico as razóns que se me ocorren agora (se se me ocorre algunha outra xa a engadirei):
- A xente non vai saber se o motivo da cor dunha caixa dun grupo é estético ou se implica algo máis (máis ben pensarán o primeiro).
- Aínda que non sei nada de música moderna, os grupos que coñezo poden encadrarse en moitos xéneros. Falades de poñer un xénero principal, mais se tomamos o grupo español Dover, que tivo dúas etapas (que eu coñeza) ben diferenciadas, que cor se vai poñer? A do rock da primeira ou a da cousa que fixeron despois?
Básicamente por eso me parece que é algo innecesario, que vai dar máis traballo para que despois non supoña un beneficio real para os usuarios. Piquito (conversa) 25 de febreiro de 2014 ás 22:54 (UTC)
- Eu tamén teño as miñas dúbidas sobre as cores por xéneros. Creo que non é igual que o caso do Modelo:Vía ou o Modelo:Eclesiástico, nos que hai un motivo racional. Estou con Piquito, non creo que isto aporte moito. Tampouco creo que debamos caer nunha "sobre coración" (ollo á palabra), e que os cambios de cor deben ser só en casos contados (a mesma Vía é un exemplo). --Norrin_strange (Fala-me) 26 de febreiro de 2014 ás 07:12 (UTC)
- Que conste que eu tampouco teño claro o das cores, tan só apuntaba que, de facerse, debería funcionar de forma "automática". Estou con vós que non é doado poñer un estilo único a moitos grupos e que pode ser fonte de problemas. Por min unha cor para cada modelo e listo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de febreiro de 2014 ás 09:55 (UTC)
É certo que non aporta nada máis que estética, mais a estética é importante. Se non se usa quedará como ata agora, e se alguén cando cree ou mellore un artigo o quere poñer, pois que o faga. Así o vexo eu :) Pontevedra78·conversa 26 de febreiro de 2014 ás 14:30 (UTC)
Modelos sobre cristianismo
[editar a fonte]- Engadinlle unha explicación sobre uso ao Modelo:Orde relixiosa --Norrin_strange (Fala-me) 22 de febreiro de 2014 ás 10:47 (UTC)
- Así deberían estar tódolos modelos :). Como este modelo aínda ten pouco uso eu propoño que se unifique o parámetro nota e se cambie por pé_imaxe. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de febreiro de 2014 ás 11:36 (UTC)
- Feito. As explicacións para os modelos que non as ten, as irei engadindo.--Norrin_strange (Fala-me) 25 de febreiro de 2014 ás 08:13 (UTC)
- Actualicei a documentación co cambio do parámetro. O que engadín tamén foi a categoría, todos os modelos deben estar na súa categoría, a básica é a de Caixas de información, e de ser posible os interwikis no Wikidata. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de febreiro de 2014 ás 08:43 (UTC)
- Feito. As explicacións para os modelos que non as ten, as irei engadindo.--Norrin_strange (Fala-me) 25 de febreiro de 2014 ás 08:13 (UTC)
Parámetros
[editar a fonte]Comecei a elaborar, seguindo a proposta de Elisardojm, unha guía de parámetros. Podedes corrixir ou engadir novas propostas. Se queredes debatir sobre ela, é mellor facelo na conversa propia. Pontevedra78|Conversa 24 de febreiro de 2014 ás 15:56 (UTC)
- A min paréceme ben, haberá que ir engadindo os que sexan máis comúns. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de febreiro de 2014 ás 08:45 (UTC)
Fíxenlle unha revisión a este modelo. O nome está agora no above
e éste e os header
teñen cores alaranxadas, baseándome na cor que se utiliza nos sinais para o primeiro. Engadín tamén uns parámetros que me parecen útiles para este caso, uso
e operadora
. Saúdos, Pontevedra78·conversa 27 de febreiro de 2014 ás 21:07 (UTC)
Petición
[editar a fonte]Boas! Alguén que teña máis idea ca min podería traer este modelo da wiki en inglés? É para partidos de hóckey sobre xeo, moi parecido ao que temos para os partidos de fútbol, poderíase adaptar? Graciñas, Piquito (conversa) 11 de marzo de 2014 ás 19:25 (UTC)
- Ok Piquito, xa me ocupo eu, tardará pouco. --Pontevedra78·conversa 11 de marzo de 2014 ás 19:41 (UTC)
- Feito!, tardarei uns minutos en facer as instrucións. --AMPERIO (conversa) 11 de marzo de 2014 ás 19:46 (UTC)
- Aquí o tes: Modelo:Hóckey sobre xeo. --AMPERIO (conversa) 11 de marzo de 2014 ás 20:01 (UTC)
- Feito!, tardarei uns minutos en facer as instrucións. --AMPERIO (conversa) 11 de marzo de 2014 ás 19:46 (UTC)
Creado. Para templos de calquera relixión. --Norrin (Fálame) 13 de marzo de 2014 ás 15:04 (UTC)
Bordes
[editar a fonte]Boas! Norrin mais eu estivemos a conversar sobre o borde de 4px que se emprega no Modelo:Vía. Eu creo que está ben empregalo para aqueles modelos nos cales as cores empregadas teñan certa importancia, pero el opina que non se deben empregar para ter certa "homoxeneidade" nese aspecto. Cal é a vosa opinión? Pontevedra78·conversa 12 de marzo de 2014 ás 15:13 (UTC)
- Ben, eu xa amosei o meu punto de vista. Se queríamos ter un mesmo formato, isto afasta dito obxectivo. --Norrin (Fálame) 13 de marzo de 2014 ás 15:03 (UTC)
- A min non me molesta o bordo, de feito penso que queda ben e serve como forma de delimitar un marco para o modelo.--AMPERIO (conversa) 13 de marzo de 2014 ás 15:46 (UTC)
- O obxectivo segue a ser a homoxeneización, pero tamén hai que aproveitar para tentar darlle un mellor aspecto. Se vemos que nos gustan os bordes grosos poderíanse aplicar a outros modelos. Son unha parte importante de calquer artigo, e na miña opinión, destácaos. Pontevedra78·conversa 13 de marzo de 2014 ás 16:20 (UTC)
- En realidade é tan sinxelo como levalo a taberna e ver qué prefire a xente. Pero en calquera caso alguén mais deberá opinar. Como enciclopedia, penso que os modelos deben ser sobrios, todo o que se poda. Mais evidentemente é unha opinión estética, e non vou pelexar por iso. :) --Norrin (Fálame) 13 de marzo de 2014 ás 16:39 (UTC)
- Obviamente, mentres que se fagan as cousas e se opine de boa fe non debe haber "pelexa" ningunha. Pontevedra78·conversa 13 de marzo de 2014 ás 17:11 (UTC)
- En realidade é tan sinxelo como levalo a taberna e ver qué prefire a xente. Pero en calquera caso alguén mais deberá opinar. Como enciclopedia, penso que os modelos deben ser sobrios, todo o que se poda. Mais evidentemente é unha opinión estética, e non vou pelexar por iso. :) --Norrin (Fálame) 13 de marzo de 2014 ás 16:39 (UTC)
Xa comentei na teberna, pero resumo un pouco por aquí. Para mín os bordes sobran, restan moita sobriedade e estéticamente para o meu gusto son horribles, máis aínda cando as tendencias de deseño actuais tenden a todo contrario. Penso, ademais, que perdería o toque de modernidade que se lle ven intentando dar estes últimos anos á Galipedia para volver ao aspecto que tiña fai xa máis de cinco anos. É máis, penso que o infobox non debe destacar máis que o artigo, é tan só un apoio onde se atopa un resumo coa información que se pode atopar no texto. Evidentemente é só a miña opinión estética.--Adorian (conversa) 13 de marzo de 2014 ás 22:04 (UTC)
Eu non vexo mal os bordos, non sei se dan modernidade ou non, a min non me molestan. Sobre o tema de poñer todos os modelos iguais... pois boeno, penso que nos estadios se pode suprimir, mais nas vías si que creo que reforza vendo o artigo da AP-9. De todos xeitos, é cuestión de gustos, non nos vamos poñer de acordo, o mellor creo que é que coincidan por temas, os de infraestruturas todos iguais, os edificios todos iguais, os de equipos deportivos todos iguais... en lugar de facer tooooodos iguais. Piquito (conversa) 13 de marzo de 2014 ás 22:36 (UTC)
- Non quería dicilo así, mais concordo plenamente con Adorian. Seméllanme que lle restan, tamén, seriedade. --Norrin (Fálame) 14 de marzo de 2014 ás 07:48 (UTC)
Parroquia
[editar a fonte]Boas! Estiven a traballar o modelo para as parroquias. Como recordo o debate que tivo no seu día, non quero facer cambios mentres non haxa certo visto bo. Que vos parece? Pontevedra78·conversa 13 de marzo de 2014 ás 21:24 (UTC) Usuario:Pontevedra78/Lab3
{{Parroquia |nome = San Pedro de Vilalonga |imaxe = Vilalonga, Sanxenxo.jpg |lenda = Igrexa parroquial |mapa = |concello = Sanxenxo |superficie = 5,4 |poboación = 2.312 |ano = 2011 |entidades = 19 }}
- Home, para min faille falta un bordo, delgadiño, eso si, porque se non parece que as letrasn var desparramarse por aí adiante... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de marzo de 2014 ás 23:53 (UTC)
- Comentario / suxerencia Non cres que isto debería ir en paralelo cos traballos xerais para cidades, concellos, etc...? É dicir, creo que as caixas de información de xeografía política deberian ir dende "País" a "parroquia", coas intermedias de concello, cidade, provincia... Respecto a isto, podes botarlle unha ollada ao da wiki en inglés, creo que teñen un xeral. Mira, é este, e é increiblemente completiño ;) en:Template:Infobox settlement. --Norrin (Fálame) 14 de marzo de 2014 ás 07:58 (UTC)
- Comecei a súa tradución aquí: Usuario:Norrin strange/WPS --Norrin (Fálame) 14 de marzo de 2014 ás 08:05 (UTC)
- Non o coñecía. Se non che molesta, Norrin, creo que é mellor continuar en Wikipedia:Wikiproxecto modelos/Territorios. Saúdos, --Pontevedra78·conversa 14 de marzo de 2014 ás 14:39 (UTC)
- Penso que levará bastante tempo traducilo e meterlle as características galegas. Pontevedra78·conversa 14 de marzo de 2014 ás 14:54 (UTC)
- Non o coñecía. Se non che molesta, Norrin, creo que é mellor continuar en Wikipedia:Wikiproxecto modelos/Territorios. Saúdos, --Pontevedra78·conversa 14 de marzo de 2014 ás 14:39 (UTC)
- Comecei a súa tradución aquí: Usuario:Norrin strange/WPS --Norrin (Fálame) 14 de marzo de 2014 ás 08:05 (UTC)
- Comentario / suxerencia Non cres que isto debería ir en paralelo cos traballos xerais para cidades, concellos, etc...? É dicir, creo que as caixas de información de xeografía política deberian ir dende "País" a "parroquia", coas intermedias de concello, cidade, provincia... Respecto a isto, podes botarlle unha ollada ao da wiki en inglés, creo que teñen un xeral. Mira, é este, e é increiblemente completiño ;) en:Template:Infobox settlement. --Norrin (Fálame) 14 de marzo de 2014 ás 07:58 (UTC)
Por iso pensaba deixalo para o final... podemos seguir cos de montes, castros e demais. En calquera caso non te preocupes, pouco a pouco ireino traducindo. Penso que o seu uso pode ser o de inmediatamente inferior a Modelo:País e Modelo:Primeira entidade subestatal. E por favor, se o borde non é especialmente importante... (sinto insistir pero de verdade que penso que lle resta moito)... --Norrin (Fálame) 14 de marzo de 2014 ás 16:31 (UTC)
- Por iso digo que levará tempo, non está entre as prioridades :). E polos bordes non te preocupes, en principio só os levará o Vía, sobre o cal hai certo consenso. Agora vou traballar no de Castro. Saúdos, Pontevedra78·conversa 14 de marzo de 2014 ás 17:50 (UTC)
- Por certo, vin que lle quitaches grosor ao de Vía, moito mellor así. --Norrin (Fálame) 17 de marzo de 2014 ás 09:28 (UTC)
- Norrin, a miña idea é que vaian todos cun borde a 1px (o estándar) coa cor do above. Pontevedra78 conversa 17 de marzo de 2014 ás 14:48 (UTC)
- Eu creo que así quedan moito mellor, bo traballo Pontevedra78 :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de marzo de 2014 ás 17:19 (UTC)
- Norrin, a miña idea é que vaian todos cun borde a 1px (o estándar) coa cor do above. Pontevedra78 conversa 17 de marzo de 2014 ás 14:48 (UTC)
- Por certo, vin que lle quitaches grosor ao de Vía, moito mellor así. --Norrin (Fálame) 17 de marzo de 2014 ás 09:28 (UTC)
Outros
[editar a fonte]- Rev1
Outros modelos por adaptar:
- Modelo:Político e modelo:Infpolitico (unir e adaptar; difícil)
- Modelo:Infmilitanteilegal (fácil) Feito!
- Modelo:Axencia gobernamental (fácil)
- Modelo:Infobox Parlamento (fácil)
- Modelo:Organización paramilitar (fácil) Feito!
- Modelo:Organización xuvenil (fácil) Feito!
- Modelo:Partido Político (fácil)
- Modelo:Sindicato (fácil) Feito!
- Modelo:Árbitro de fútbol
- Modelo:Xogador FIBA, Modelo:Xogador de baloncesto retirado, Modelo:Xogador da NBA retirado, Modelo:Xogador da NBA -> Habería que combinalos nun único modelo.
- Modelo:Tenista
- Modelo:Superheroe -> modelo:Personaxe de banda deseñada
- Modelo:Santo Feito!
- Modelo:Pintor
- Modelo:Piloto, Modelo:Piloto F1, Modelo:Expiloto de F1 -> Modelo:Piloto de carreiras (unir e adaptar; fácil) Incluír deportes de motor en xeral.
--Norrin (Fálame) 17 de marzo de 2014 ás 09:42 (UTC)
Eu os de baloncesto penso que están ben como están. É que os parámetros e estatísticas son distinto no baloncesto FIBA que no da NBA (no FIBA por exemplo non hay Draft e verios detalles máis). O de Polítco e Infpolitico vai ser moito choio, pero xa para comezar paréceme máis completo o de Infpolitico, así que eu optaría por tomar ese como base e mesmo eliminar o de "Político" (outra cousa é o nome que se lle poña ao resultante).--Adorian (conversa) 17 de marzo de 2014 ás 13:22 (UTC)
Notas
[editar a fonte]O Modelo para territorios
[editar a fonte]Boas, estiven dándolle voltas ao Wikipedia:Wikiproxecto modelos/Territorios. Penso que temos dúas opcións, e quero comentalas antes de seguir.
- Facer un modelo moi xeral, no que ao metelo nas páxinas haxa que introducir unha morea de parámetros.
- Facer modelos fillos deste modelo xeral, específicos (Modelo:País, Modelo:Comunidade autónoma, etc.) - É menos práctico, levará mais tempo, pero será mais sinxelo traballar con él.
A miña proposta é a seguinte:
- Modelo:País
- Modelo:Primeira entidade subestatal
- Modelo:Segunda entidade subestatal
- [...]
- Modelo:Concello/municipio
- [...]
Por exemplo, no caso de España sería:
- Modelo:País -> España
- Modelo:Primeira entidade subestatal -> Comunidades autónomas
- Modelo:Segunda entidade subestatal -> Provincias
- Modelo:Concello/municipio -> Concellos
Ou, para o caso de Francia:
- Modelo:País -> Francia
- Modelo:Primeira entidade subestatal -> Rexións e territorios especiais de ultramar
- Modelo:Segunda entidade subestatal -> Departamentos
- Modelo:Concello/municipio -> Comunas
E, no campo de documentación de cada modelo, habería que definir o seu uso para todos os países do mundo. É traballoso? Sí, moito. Mais non temos prisa, non si? --Norrin (Fálame) 20 de marzo de 2014 ás 08:08 (UTC)
- Paréceme voa idea. Debe ser específico, así é máis manexable. Pontevedra78 conversa 20 de marzo de 2014 ás 14:15 (UTC)
- Gústame a idea de País, Primeira entidade, Segunda... etc. Basaríame en todos no modelo actual de país que para mín tal como está é bastante funcional e ben parecido (o que non quere dicir que non se lle poidan engadir máis cousas se fai falla)--Adorian (conversa) 20 de marzo de 2014 ás 20:10 (UTC)
Creación dun "Modelo:Rueiro"
[editar a fonte]Bos días a todos,
Estou preparando un proxecto que inspírase nos rueiros de París (http://fr.wikipedia.org/wiki/Mod%C3%A8le:Infobox_Voie_parisienne) e mesmo Londres (Infobox street), para podelos aplicar aos galegos. Eu quero desenvolver os de Santiago de Compostela. Vexo que na wikipedia inglesa ten este template: http://en.wikipedia.org/wiki/Template:Infobox_street.
Eu pensei en que o modelo tivera os seguintes datos (poño o exemplo dunha praza compostelá ben coñecida):
{{Ficha de Rueiro | nome = <Praza de Cervantes> | mapa = <Praza de Cervantes.png> | latitude = <42º88’11.33’’ N> | lonxitude = <-08º54’24.55’’ W> | barrio = <Barrio de San Bieito do Campo (casco antigo)> | comezo = <Rúa da Acibechería 01> | fin = <Cantón de San Bieito> | confluencias = <Rúa de Casas Reais 02 / Rúa do Preguntoiro 01 / Rúa da Algalia de Arriba 01 / Rúa de San Bieito 02> | lonxitude = <84,9 metros> | anchura máx = <27,8 metros> | anchura min = <2,1 metros> | superficie = <1.280 m²> | apertura = <século XII> | denominación = <xunta de goberno de data ?> | nomes anteriores = <Praza do Campo / Praza do Pan> | código postal = <15701> }}
Penso que debería ter subdivisións dentro da caixa, con estes temas: Xeografía (latitude, lonxitude, barrio, comezo, fin, confluencias) Morfoloxía (lonxitude, anchura máxima, anchura mínima, superficie) Historia (apertura, denominación, nomes anteriores) Xeocodificación (código postal)
Tamén sería bo que cada cidade galega tivera un deseño ao estilo dos "arrondissements" parisinos, pero que só contivera o escudo municipal ou o nome da cidade, cun deseño característico (no parisino contén unhas volutas ao estilo art-nouveau).
O certo é que non estou familiarizado coa elaboración de caixas de ferramentas e modelos. Levo máis dunha semana dándolle voltas e non entendo a linguaxe que se emprega. Eu fago normalmente o corta/pega dos que non sabemos. O modelo que vin que fixo o noso compañeiro Pontevedra78 de Modelo:Vía non é exactamente o que busco, e non sei se pódese adaptar. Por eso, pídovola vosa axuda para facelo.
Non sei que opinades ao respecto e se pensades que se pode facer. Eu vexoo un proxecto global bonito que pode dar máis valor ao coñecemento das nosas cidades e vilas a través dos rueiros.
Un saudo a todos e gracias por anticipado.
--Castelao (conversa) 2 de decembro de 2014 ás 12:46 (UTC)
- Boas Castelao,
- actualmente contamos co Modelo:Vía, moi parecido, e sería interesante debatir se o modelo que propós ti podería integrarse no xa citado ou non. Non teño ningunha posición neste aspecto. O propio nacemento deste Wikiproxecto débese ao obxectivo de racionalizar os modelos, mais neste caso quizáis sexa bo facer un novo modelo.
- Gracias Pontevedra78 pola resposta. Como ves xa fixen mención ao Modelo:Vía, pero non vexo nel os campos que pretendo introducir. Vexo que é máis útil para estradas, autoestradas e vías, que para rueiros como o que presento. Se puiderámolo adaptar, sería mellor, para sacar traballo. En calquera caso, prégoche que vexas o modelo francés do que falo porque é o que máis me gusta. Dígocho así porque os emprego para o meu traballo (tanto o francés como o inglés) e crin que poderían ser de igual utilidade para outros se damos comezo aos galegos.
- Un saúdo--Castelao (conversa) 30 de decembro de 2014 ás 15:44 (UTC)
- Desculpa Castelao, xa que non me lembrei no momento de responder da mención que xa fixeras ao Modelo:Vía.
- Despois de revisar os modelos francés e inglés que indicaches, creo que o máis adecuado é o inglés, que está realizado seguindo o módulo Infobox, que é o que se pretende ir implantando pouco a puouco por aquí pola súa sinxeleza sintáctica. Creo que se pode integrar perfectamente no Modelo:Vía, de feito, algún artigo como Ronda de Outeiro xa o emprega. Precisamente, e se non me equivoco, foi nese artigo onde intentei "simular" as placas do rueiro coruñés sen moito éxito, xa que o meus coñecementos en programación son bastante escasos.
- Ola de novo [[Usuario:Pontevedra78|Pontevedra78]!
- Acabo de ver o exemplo da Ronda de Outeiro, que non vira antes. Está ben y vexo xa un traballo feito. Se é o modelo que queremos, non teño nada que dicir. Adáptome e punto. Non obstante, boto en falta a posibilidade de introducir algúns dos datos que estaba a propor no exemplo supra (xeolocalización [latitude e lonxitude], xeocodificación [código postal] e algún dato da morfoloxía [anchura e superficie]). Outros datos como "apertura" (data desde a que se emprega ou abriuse a rúa), "denominación" (data na que determinouse no Concello o nome actual da rúa), "barrio" e "nomes anteriores" penso que poden figurar xa no corpo do respectivo artigo.
- Con respecto a eses datos que boto en falta, pensas que se poden introducir no modelo ou é moito "roio" cambiar nada? Tamén me gustaría sinalarte que pór a lonxitude en km para a meirande parte das rúas é menos operativo que facelo en metros, sinceramente.
- Animo a outros a dala súa opinión. Penso que é bo ter claro que se pensa agora, porque unha vez comezado o traballo vai ser complicado volver atrás. Un saúdo!--Castelao (conversa) 30 de decembro de 2014 ás 22:50 (UTC)
- Castelao, intentarei amañar iso engadindo novos apartados, e despois estaría ben contar coa axuda de usuarios que teñan máis coñecementos nisto para ver a posibilidade de "imitar" as placas do rueiro das principais cidades galegas coma no modelo francés.
- Saúdos e Feliz Aninovo, Pontevedra78 conversa 1 de xaneiro de 2015 ás 15:30 (UTC)
- Pois é fantástico! Gracias Pontevedra78. Sería comezar co bo pé o ano! Un gran saúdo!--Castelao (conversa) 1 de xaneiro de 2015 ás 17:41 (UTC)
- Traballo rematado! Non o puiden facer antes por problemas de tempo, pero xa está feito! Inda que todavía non puiden poñer as etiquetas na documentación do Modelo, se tes algún problema ou algunha dúbida, Castelao, avisa.
- Saúdos, Pontevedra78 conversa 4 de xaneiro de 2015 ás 19:36 (UTC)
- Gracias novamente Pontevedra78. Aínda non lle puiden botar unha ollada, pero seguro que funcionará. Un saúdo e Feliz Aninovo!--Castelao (conversa) 5 de xaneiro de 2015 ás 09:56 (UTC)
Bos días Pontevedra78. Con un pouco de retraso, din comezo ao proxecto de Rueiro de Santiago de Compostela. O primeiro artigo (apenas esbozado) pódelo ver en Rúa da Acibechería (Santiago de Compostela). Introduxen o teu modelo e velaí podes ver o resultado. Aínda teño que meter unha foto da rúa, pero o resultado semella digno, non si?
Hai algunhas cousas que penso que poden mellorarse. É isto:
- 1.- a liña da lonxitude e o resultado non coinciden
- 2.- na área non souben cómo poñer o símbolo de metros cadrados
- 3.- creo que non hai unha liña que recolla en metros a anchura máxima e/ou mínima da rúa
- 4.- nas coordenadas non puiden introducir a ligazón, tipo
{{Coordenadas|42|52|52|N|08|32|36|W|display=title}}
, porque me da un erro
Tampouco vexo o que hai que facer para que a páxina teña unha ligazón co modelo. Non sei cómo o ves ti. Moitas gracias outra vez polo teu traballo e un saúdo!--Castelao (conversa) 8 de abril de 2015 ás 10:52 (UTC)
- Castelao, sinto non ter respondido antes. Vexo que está arranxado o problema, e xa que estás traballando no tema das rúas, vou intentar facer algo especial para estes casos. Por certo, moi bo traballo! Saúdos Pontevedra78 conversa 10 de abril de 2015 ás 13:46 (UTC)
Moitas gracias Pontevedra78! Si, o das coordenadas arranxárono (creo que foi HombreDHojalata). Aínda teño que subir un plano cuns arranxos que estou facendo, e completar algo máis o artigo, pero é un exemplo do que quería facer co resto do rueiro compostelán. Vai para longo, iso si! Moitas gracias de novo pola túa axuda e o teu apoio! Saúdos--Castelao (conversa) 10 de abril de 2015 ás 14:57 (UTC)
Modelos xenéricos
[editar a fonte]Boas, a ver se alguén pode botar un ollo a esta conversa con @Maria_zaos Conversa:Extinción dos dinosauros, á parte en que falamos do uso de infocaixas xenéricas e específicas. Un saúdo.
Wikipedia:Wikiproxecto modelos/Xeografía física
[editar a fonte]Boas, fixen unha páxina Wikipedia:Wikiproxecto modelos/Xeografía política para ir traballando no novo modelo de xeografía física (cidades, rexións, departamentos...). O usuario Amadalvarez irá engadindo e publicando os materiais precisos para a súa posta en marcha.