Saltar ao contido

Conversa:Extinción dos dinosauros

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Maiúsculas

[editar a fonte]

Creo que imos ter que ir pensando en poñer os períodos con maiúscula (como prescriben as autoridades xeolóxicas internacionais). O DRAG era incoherente ata hai pouco, e nalgúns casos poñía os períodos con maiúscula e noutros con minúscula. Xa lles escribín un correo e dixeron que o estaban revisando (deberon ter moitas mensaxes similares), cousa que creo que finalmente fixeron, porque se nos fixamos na redacción actual das entradas do DRAG, agora xa poñen con minúscula cando se trata dun adxectivo e con maiúscula cando é o nome dun período. Ver na entrada "cretáceo" o exemplo da acepción 2: "O Cretáceo durou varios millóns de anos." (Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cretáceo.), e tamén en triásico (Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para triásico.), pero aquí seguen poñendo "período triásico" na acepción 1 (co cal non estou de acordo, porque aí non é adxectivo senón que de novo é o nome que ten o período, como en Idade Media, onde Media é o nome da idade), e poñen Triásico na acepción 2. O mesmo para mioceno, devónico etc etc. Por desgraza vai haber que facer cambios en moitas páxinas e non só nesta, incluídas algunhas que fixen eu (que fun daquela demasiado obediente co DRAG, pero que remedio!).

Outra cuestión é que no límite Cretáceo-Terciario non só se extinguiron os dinosauros, senón moitos outros grupos de animais, plantas, plancto etc. Pero o título da páxina fai referencia aos dinosauros só.--Miguelferig (conversa) 30 de xullo de 2016 ás 17:57 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)

[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Extinción dos dinosauros. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 4 de setembro de 2018 ás 11:51 (UTC)[responder]

modelo organización

[editar a fonte]

Este artigo trata sobre un evento/proceso. O uso do modelo organización non é acaído e dificultará a xestión das páxinas que levan o modelo nun futuro, @Gasparoff. Maria zaos (conversa) 28 de agosto de 2023 ás 17:50 (UTC)[responder]

@Maria zaos, usei esa infocaixa en varios artigos, sendo consciente de que non é acaída en sentido literal, por ser a máis xenérica de todas as que vin. Moitos campos non aplican, pero outros si, e penso que axuda a estruturar os datos básicos. A medida que se vaian facendo infocaixas específicas poden irse cambiando sen moita dificultade. Un saúdo. Gasparoff (conversa) 28 de agosto de 2023 ás 19:20 (UTC)[responder]
@Gasparoff Sintoo, pero non podo estar dacordo porque estás poboando un modelo moi numeroso (2060 artigos polo momento e subindo) cun modelo que non é relevante, como ves de recoñecer. Crear xa un modelo específico simple ou non colocar caixa ningunha penso que son opcións moito máis axeitadas se temos en conta que localizar este artigos a posteriori entre todas as páxinas que cheguen a usar o modelo é unha dificultade engadida para outros editores que veñan despois.Recoméndoche que o consultes coa xente de wikiproxecto:modelos. Un saúdo Maria zaos (conversa) 28 de agosto de 2023 ás 19:30 (UTC)[responder]
@Maria zaos entendo o que dis sobre a xestión a futuro e a dificultade de atopar artigos que usan este modelo xenérico. A miña intención é facilitar a presentación da información (os modelos conectan cos datos de commons) até que se desenvolva un modelo máis específico. Non sei se entendo todas as implicacións das infocaixas; nas categorías é fácil de entender que serve por exemplo para buscar todos os "matemáticos de Prusia" ou os "nados en 1863" relevantes, pero en organizacións (que van desde grupos paramilitares a programas de radio ou multinacionais) pode haber miles, ou centos de miles ao crecer. Entendo que os programadores ou editores poderán substituír as infocaixas cando haxa outras máis específicas, e que cantos máis artigos a usen como xenérica será máis difícil, pero iso tamén pasa coas infocaixas de "biografía" usada como xenérica e as de "científico", "pintor" etc. por exemplo.
Vou consultar como dis coa xente de wikiproxecto:modelos a posibilidade de crear un modelo xenérico (que inclúa "data", "tipo" e outros campos que se poidan aplicar á maioría de artigos) e logo outros específicos para eventos ou procesos (como este da extinción K-T). Grazas e saúdos. Gasparoff (conversa) 28 de agosto de 2023 ás 20:09 (UTC)[responder]
@Gasparoff retirei algunha outra caixa que non tiña integrados datos manuais/locais nos campos. Deixei sen tocar as páxinas co modelo organización en que, como esta da que falamos, houbo o traballo de encher campos locais. Asimesmo puxen na páxina de consulta do modelo organización unha solicitude de aclaración do ámbito de aplicación do modelo. Outro problema engadido é que por exemplo, o campo tipo non adoita ter as etiquetas en galego e semella que este modelo colle como respaldo outras linguas, en lugar de indicar "sen etiquetar" , que permitiría levar control das etiquetas que hai que ir a editar en galego a Wikidata. Pero bueno, pouco a pouco. Se polo que sexa, mentres non se aclara o tema, ves que algunha das páxinas das que retirei (moitas eran túas) o modelo está sobradamente xustificado que figure (mirei as fontes das que se traducira e non vin que levaran caixa en moitos casos, por iso as retirei), dálle a desfacer e xa se verá. Un saúdo Maria zaos (conversa) 28 de agosto de 2023 ás 20:19 (UTC)[responder]
@Maria zaos Hai páxinas traducidas por min que en orixe non levan infocaixa, como Caligrama, que en inglés non a leva. O caligrama non é unha "organización" no sentido de "empresa", pero como está na páxina do wikiproxecto, tampouco son empresas as bandas paramilitares (para as que suxeriron a fusión con 'organización') etc. Os caligramas son "organización" en tanto que palabras organizadas visualmente, e aproveitei por iso os campos que se podían encher. En todo caso entendo as túas preocupacións, e grazas polas túas achegas. Saúdos, imos facendo! Gasparoff (conversa) 28 de agosto de 2023 ás 20:31 (UTC)[responder]
Gasparoff, eu entendo que as organizacións son organizacións de persoas (non, simplemente, cousas que están organizadas). Por exemplo, son organizacións a ONU, a IUPAC, a FIFA, Green Peace, a RAG, a fundación Smithsoniana, a Asociación de Amigos da Ópera, a NASA, os partidos políticos e sindicatos, e outras cousas polo estilo. Non creo que unha empresa industrial ou comercial sexa unha organización deste mesmo tipo e deberían ter (creo que xa teñen) o seu propio tipo de Infocaixa. Tampouco cousas organizadas son organizacións deste tipo (un sudoku son números organizados para que sumen unha determinada cifra, pero non é unha organización deste tipo). De feito, no propio {{Modelo:Organización}} figura unha lista do que se entende por organizacións neste modelo, que é a seguinte: "asociación, organización, asociación profesional, organización política, organización deportiva, organización medioambiental, asociación cultural, fundacion, academia, instituto de investigación, axencia gobernamental, sociedade científica".--Miguelferig (conversa) 28 de agosto de 2023 ás 21:17 (UTC)[responder]
@Miguelferig estou de acordo, e xa o dixen noutro comentario, que tamén entendo que non é acaída en sentido literal, pero useino como xenérico, se cadra erradamente porque o que non sei é como iso pode dificultar a xestión futura das páxinas. Como expliquei noutro comentario, entendía que sería algo similar á infobox "Biografía" usada como xenérica, e as outras infocaixas específicas de profesións. Gasparoff (conversa) 28 de agosto de 2023 ás 21:28 (UTC)[responder]