Conversa Wikipedia:Artigos da Gran Enciclopedia Galega
Listas
[editar a fonte]Xa teño tódalas letras en texto, teño que darlles formato e subilas así que non fai falta que pasedes traballo nisto, cando vaia tendo ratos libres subireinas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de agosto de 2018 ás 11:52 (UTC)
- HombreDHojalata, mirei un pouco os artigos da letra A que falta por rematar, e hai varios que non atopo na edición que teño da GEG en DVD, por exemplo Aimerico Picaud ou Castor de Aira Barrera..., son artigos doutra versión? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de setembro de 2018 ás 00:56 (UTC)
Teñen artigo, teñen. O que pasa e que, para este traballo, procuramos os artigos de xeito diferente:
- coido que ti vas directamente á lapela de "Biografías".
- eu vou pola lapela "Enciclopedia"->Procura avanzada: na cela de procura que aparece debaixo poño un asterisco e desmarco tódalas categorías en "Artigos" e "Elementos multimedia" agás "Biografía" e doulle a "Procurar". Creo que xa falaramos diso hai cinco anos: aquí e aquí.
Que Aimerico Picaud veña pola letra "A" e non pola "P" non he un erro. É un personaxe medieval e en tódalas obras de consulta veñen ordenados polo nome completo. Daquela non tiña o concepto nome-apelido que temos agora. O mesmo comenteille hai pouco a outro compañeiro aquí. --. HombreDHojalata.conversa 4 de setembro de 2018 ás 20:27 (UTC)
- HombreDHojalata, si, si, xa vira que tiñan artigo, o que pasa é que como non me aparecían na miña busca e non me lembraba do tema este das procuras, non sabía que estaba a facer mal. Pois vou ter que revisar tódalas letras de novo porque no meu xeito de procura saen menos biografías... Vaia chasco... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de setembro de 2018 ás 20:48 (UTC)
- Non comas a cachola. Cando estea rematada cóntanse as entradas (copypegando nunha folla de cálculo, por exemplo). Se dá unha cifra igual ou próxima a 3.945, que é a oficial, a páxina poderá darse por boa. --. HombreDHojalata.conversa 5 de setembro de 2018 ás 21:00 (UTC)
- Irei revisándoos ós poucos porque paréceme que van faltar bastantes... Paciencia... Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de setembro de 2018 ás 09:25 (UTC) Revisados o B, C, D, E, F, G, H, I, J, K, L, M, N, O, P, Q, R, S, T, U, V, X, Y, Z. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de setembro de 2018 ás 16:08 (UTC)
- Non comas a cachola. Cando estea rematada cóntanse as entradas (copypegando nunha folla de cálculo, por exemplo). Se dá unha cifra igual ou próxima a 3.945, que é a oficial, a páxina poderá darse por boa. --. HombreDHojalata.conversa 5 de setembro de 2018 ás 21:00 (UTC)
O que hai que ir facendo, si ou si, e ir procurando un por un os nomes vermellos. Levo un anaco revisando (só mulleres) e xa temos moitos artigos que porén, nesta listaxe, aparecen en vermello. Hai que facer as redireccións correspondentes. Para esta tarefa pode axudar todo o mundo, non hai que ter o disco da GEG. --. HombreDHojalata.conversa 9 de setembro de 2018 ás 16:41 (UTC)
- Si, iso tamén hai que facelo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de setembro de 2018 ás 23:14 (UTC)
Xa está revisada a lista, e se contei ben, hai 3.938 entradas, faltan 7 para as 3.945..., tamén pode ser un erro da GEG :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de novembro de 2018 ás 19:21 (UTC)
- Uf! Iso é menos do 0'2 % de diferenza!
- Eli, que non te quite o sono. É cen veces máis importante corrixir as (moitas) ligazóns vermellas a artigos que existen (con outro nome). --. HombreDHojalata.conversa 11 de novembro de 2018 ás 23:16 (UTC)
- Si, xa non vou revisar máis, as que falten xa se atoparán, se se atopan. Cando teña outro rato irei revisando as ligazóns que dis ti. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de novembro de 2018 ás 11:52 (UTC)