Conversa Wikipedia:Asistente para a creación de artigos/Temáticos
Aparencia
![]() | Detalles das contribucións e análise de visitas á páxina. |
Ordenar
[editar a fonte]No asistente para a creación dunha páxina dun lugar de Galicia, non estaría de máis engadir o marcador ORDENAR como unha opción para cando o nome do lugar leva artigo. Saúdos e grazas polo asistente, aforra traballo cando inicias lugares dunha parroquia nova. --Xosé Antonio (fálame sempre) 23:13, 7 de novembro de 2012 (UTC)
Feito! Grazas. --. HombreDHojalata.conversa 09:19, 8 de novembro de 2012 (UTC)
Conxugando "seguir"
[editar a fonte]Eli, é a segunda vez que me intentas corrixir "sigue" nesta mesma páxina (a anterior foi hai seis anos).
O imperativo de "seguir" é "sigue" (con "i") para o singular (e "seguide" para o plural). Telo na páxina da RAG: aquí
Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 8 de xuño de 2020 ás 16:30 (UTC)
- Perdón, vin a axuda do corrector e entendino ó revés. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de xuño de 2020 ás 20:06 (UTC)