Saltar ao contido

Conversa Wikipedia:Criterios de notoriedade

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Propoño mover esta páxina a "Wikipedia:Relevancia". Penso que é un título máis simple e quizais cun pequeno matiz que permite un uso un chisco máis amplo da páxina. --Toliño Fala aquí comigo 18 de abril de 2013 ás 18:48 (UTC)[responder]

  1. Concordo e pode quedar Wikipedia:Criterios de notoriedade como redirecci'on cara a Wikipedia:Relevancia. Est'a pendente, amais, asignarlle un, ou varios, atallos. --. HombreDHojalata.conversa 18 de abril de 2013 ás 20:24 (UTC)[responder]
  2. Concordo. --JaviP96 18 de abril de 2013 ás 20:31 (UTC)[responder]

Comentario Na wiki.es teñen un ensaio titulado es:Wikipedia:Relevancia enciclopédica que ó mellor se pode traer tamén no futuro, claro que ó mellor tamén se pode integrar parte do seu contido noutra parte. Como vexades. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de abril de 2013 ás 21:32 (UTC)[responder]

Relevancia

[editar a fonte]

Aínda admitindo que é obvio que pode haber artigos irrelevantes, creo que as máis das veces é difícil que un artigo chegue a ser claramente irrelevante e determinar isto é un pouco subxectivo. Non hai máis que ver que a wikipedia inglesa vai xa para os 5 millóns de artigos, onde hai absolutamente todo tipo de cousas, e matices das cousas, algunhas das cales non son moi importantes no seu campo, e a min pódenme parecer irrelevantes, pero a outras persoas, moi interesadas e máis sabias nese campo pode parecerlles interesante. Hai moita casuística:

  • Artigos curtos. Non hai que confundir un artigo curto cun artigo irrelevante. Por exemplo, se a norma xeral é que cada composto químico teña a súa páxina, ou que cada especie ou taxón biolóxico tamén a teña, ou que cada concello a teña, haberá que facer unha páxina para cada un (idealmente), que sumarán millóns de páxinas co tempo. Pero moitos deses compostos ou especies son pouco importantes, teñen poucas aplicacións, estudáronse pouco (e teñen pouca literatura), pero está ben iniciar un esbozo delas para que se amplíe despois, ou incluír datos nunha caixa de datos que dan información da súa clasificación na árbore filoxenética, bases de datos con información sobre a cuestión, etc.
  • Utilidade. A wikipedia "é ante todo unha enciclopedia", pero ten unhas características que ningunha outra enciclopedia ten nin tivo nunca: é exhaustiva, ten máis páxinas que calquera enciclopedia de papel. Estou de acordo en que wikipedia non está para dar os horarios de saída de avións de Lavacolla, se se refiren a iso cando din que non é só para ser útil. Pero iso de que a wikipedia non é para dar información útil (agora o explico) habería que matizalo. Non é só para iso, pero tamén é para iso. Eu (e coma min tanta xente) consulto ás veces a wikipedia para buscar simplemente un dato. Por exemplo, se quero saber cantos habitantes ten o concello de Akureyri no norte de Islandia vou a wikipedia e consulto. Se o artigo ten moita máis información sobre Akureyri mellor, pero se só ten un cadro de datos onde veñan os habitantes, xa atopei o que procuraba. É dicir, se o artigo só di "Akureyri é un concello do norte de Islandia." e non di nada máis, pero inclúe un cadro de datos sobre o concello cos habitantes, para min é útil (pero se non ten o cadro con só iso pareceríame "curto de máis"). Ese concello é moi pequeno, pero aparece en moitos mapamundis, simplemente porque alí no polo norte hai moito espazo para poñelo no mapa, xa que Islandia está moi despoboada, e iso pode chamar a miña atención.
  • Grao de notoriedade. Eu non son moi afeccionado ao ciclismo e pode parecerme que facer unha páxina de todos os ciclistas galegos é excesivo e só vexo lóxico facelo dos que foron famosos, pero unha persoa moi interesada e entendida en ciclismo pode pensar que tal ciclista do montón do pelotón tivo minimamente algún protagonismo algunha vez e que merece mención e mesmo páxina. Outros casos danse en persoas (ás veces cidadáns correntes) que foron famosos, ás veces fortuitamente, e ás veces efemeramente, porque estiveron de actualidade ou saíron nas noticias. A min paréceme que a pintura do Ecce Homo de Caravaggio merece a súa páxina, e Caravaggio outra, pero tamén a do Ecce Homo de Borja, Aragón (do pintor Elías García Martínez) merece unha páxina, pero que Cecilia Giménez, a "restauradora", non (aínda que si debe ser mencionada na páxina do Ecce Homo de Borja, e explicar o que haxa que explicar alí), pero outras persoas poden pensar que Cecilia merece unha páxina biográfica completa. Aquí, na Galipedia, suscitárase a discusión de se a enfermeira galega Teresa Romero (a do ébola) merecía ter unha páxina de seu.
  • Fontes primairas. A wikipedia axiña dá información de cousas que se están a producir agora, que están de actualidade. Por exemplo, se acaban de descubrir un novo virus peculiar, xa rapidamente alguén fai a páxina nalgunha wikipedia, e nese caso pode que haxa só referencias primarias dos autores do descubrimento, e non haxa aínda referencias secundarias. Para outras cousas as referencias son xornais, é dicir, novas de xornal.
  • Artigo principal pequeno. Cando nun artigo grande xeral se fai un artigo principal sobre algún aspecto concreto hai que procurar que o artigo principal teña máis información sobre iso que a que había no artigo xeral. Pero iso non sempre se cumpre e a páxina (polo que se ve polas wikipedias) non se borra, porque se considera que o artigo podería ser ampliado máis adiante, xa que potencialmente sobre el hai moito do que falar (nese caso quizais habería que agardar a facelo cando se teña máis cantidade de información, pero...). Tamén conviría fusionar certos artigos, pero...
  • Evitar confusións. Ás veces convén facer unha páxina curta para evitar confusións en artigos con homónimos ou en nomes controvertidos e confusos, como para aclarar e establecer na wikipedia os taxóns modernos de novas clasificacións, que ás veces teñen pouca información, pero que evitan a confusión (sempre se me ocorren exemplos biolóxicos, porque é no que eu edito).--Miguelferig (conversa) 4 de decembro de 2015 ás 21:30 (UTC)[responder]

Votación da proposta en 2015

[editar a fonte]