Conversa Wikipedia:Proxectos pedagóxicos/IES Breamo
Responsables[editar a fonte]
Estevoaei ou Pazos2019, ou outro, poderiades poñer na sección inicial do proxecto quen son os usuarios responsables do proxecto?
Outra cousa, para evitar problemas doutras ocasións, pídolles a tódolos responsables que avisen ó resto de usuarios que non está permitido copiar contidos doutras páxinas, libros, etc, nos artigos da Galipedia xa que iso infrinxiría o seu copyright e tería que ser borrado. Se tedes calquera dúbida ou precisades algo, podedes deixarme aquí unha mensaxe ou na miña páxina de conversa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de febreiro de 2019 ás 13:40 (UTC)
Ola, Elisardojm, grazas pola túa colaboración.
O responsable do Proxecto de iniciación á Galipedia para profesorado é Estevoaei, e xa consta no inicio. Quizais deberiamos poñer tamén quen é o profesorado que está no proxecto para distinguilo do alumnado?
E cando dis sección inicial, refíreste a engadir un apartado inicial co profesorado responsable?—o anterior comentario sen asinar foi feito por Pazos2019 (conversa • contribucións) 22 de febreiro de 2019 ás 11:09
- Xa vale como o tedes agora coa sección de profesores Pazos2019, así se algún editor precisa algo, xa saberán a onde poden dirixirse, grazas. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de febreiro de 2019 ás 22:57 (UTC)