Conversa Wikipedia:Wikiconcurso Ilustra o Día das Letras
Amplitude da proposta
[editar a fonte]Creo que esta proposta de HombreDHojalata é moi interesante e que pode abrir novas portas ó proxecto, ademais de conseguir contidos moi interesantes. Parabéns pola iniciativa.
A dúbida que é teño é a "amplitude" do concurso. Se a idea é facer un traballo "interno" da Galipedia, creo que o resultado vai ser moi pobre (non coñezo a ningún galipedista que sexa debuxante ou pintor). Pero se a idea é facer un concurso aberto á sociedade, cousa que vería máis axeitada, creo que habería que "traballar" un pouco máis no premio porque creo que non é atractivo abondo.
A proposta ten moitas posibilidades, tanto de conseguir contidos de calidade, como de dar a coñecer o proxecto, pero hai que decidir ata onde queremos chegar con esta iniciativa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de xullo de 2017 ás 16:15 (UTC)
- A amplitude está clara: "calquera pode participar". De feito, cando se lance, ía pedirvos que lle derades publicidade, entre os vosos familiares, amigos, alumnos… e contactos en xeral, a través de tódolos medios que queirades, iso inclúe tamén ás mal chamadas redes sociais (Facebook, Twitter…).
- En canto aos premios, parécenme axeitados, e, intencionadamente, son de escaso valor económico, pola propia filosofía deste proxecto, de non retribuír aos colaboradores. O maior premio ten que ser o que tendes, temos, tódolos que levamos anos traballando nisto, a satisfacción propia de facer unha boa cousa. Para gañar premios pecuniariamente moi valiosos hai outros concursos, fóra da Wikipedia. Esa non é a nosa guerra. --. HombreDHojalata.conversa 5 de xullo de 2017 ás 17:48 (UTC)
- Entendo o teu punto de vista HombreDHojalata, aínda que non o comparto. Se queres facer unha actividade "interna" esa idea é perfecta, pero se queres abrir a participación, a difusión e o interese, iso, aínda que non nos guste, non funciona. A outra visión é a que se segue no concurso de fotografía "Wiki Loves Monuments" que tantas e tan incribles fotografías ten achegado ó proxecto. Pero repito que respecto a túa opinión e axudarei no que digas en todo o que poida porque penso que é unha idea moi interesante e novidosa. Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de xullo de 2017 ás 22:29 (UTC)
- Bueno, eu non compararía isto con Wiki Loves Monuments. É como comparar as quedadas organizadas por galipedistas coas de Wikimania, que só en billetes de avión, e hoteis, deben custar moitos cartiños :-) --. HombreDHojalata.conversa 7 de xullo de 2017 ás 09:18 (UTC)
- Non é comparar HombreDHojalata, é ter unha "filosofía" ou outra..., e obviamente ten máis repercusión a "filosfía" de WLM. Está claro que non podemos, nin nos interesa, chegar ó nivel de WLM, pero a idea é usar a mesma filosofía dentro do noso "nivel". Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de xullo de 2017 ás 11:30 (UTC)
- Bueno, eu non compararía isto con Wiki Loves Monuments. É como comparar as quedadas organizadas por galipedistas coas de Wikimania, que só en billetes de avión, e hoteis, deben custar moitos cartiños :-) --. HombreDHojalata.conversa 7 de xullo de 2017 ás 09:18 (UTC)
Non acabo de entender iso da filosofía. Se te refires a que hai que poñer un premio valioso, eu penso que non, canto menor sexa o valor (monetario) do premio, para min, mellor. O que queira colaborar aquí terá que facelo por outros motivos, non polo premio. O que queira un gran premio equivócase de sitio. Se non hai ninguén que queira participar... mala sorte. A outra cosa mariposa. --. HombreDHojalata.conversa 7 de xullo de 2017 ás 13:34 (UTC)
- Ollo, se ti tes forma de achegar un premiaso, valorado en moitos cartos, non me opoño. Adiante. --. HombreDHojalata.conversa 7 de xullo de 2017 ás 13:50 (UTC)
- HombreDHojalata, que tal un premio de 100 USD e outro de 50 USD para gastar na tenda de wikimedia? Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de xullo de 2017 ás 20:54 (UTC)
- Paréceme ben. En todo caso o premio do libro ten que quedar tamén. Agora non o podemos quitar. --. HombreDHojalata.conversa 16 de xullo de 2017 ás 21:13 (UTC)
- Si, si, HombreDHojalata, a idea non era cambiar o que había, se non completalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de xullo de 2017 ás 21:43 (UTC)
- Pois entón quedamos así, hai dous premios máis, un bono de 100 USD e outro de 50 para utilizar na tenda de Wikimedia. Podemos deixar que cada gañador escolla o que prefire ou ordenalos, como vexas mellor. Saúdos, Elisardojm (conversa) 17 de xullo de 2017 ás 22:53 (UTC)
- Si, si, HombreDHojalata, a idea non era cambiar o que había, se non completalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de xullo de 2017 ás 21:43 (UTC)
- Paréceme ben. En todo caso o premio do libro ten que quedar tamén. Agora non o podemos quitar. --. HombreDHojalata.conversa 16 de xullo de 2017 ás 21:13 (UTC)
Varias consideracións:
- Non é bo andar mudando as condicións cando o concurso xa comezou (e xa hai participantes).
- Hai cousas que non entendo (porque non as explicaches): Quen pon eses premios? Supoño que falarías coa xente de Wikimedia España. Non si?
- Non entendo iso de que haxa que ordenar os premios ou que o gañador escolla. Non é un premio de 100 dólares e outro de 50?!
- Porqué dous premios? Que necesidade hai? O conto está formulado para que haxa un só "gañador". Co sistema de votación que se puxo é probable que, inda que haxa varios candidatos, haxa un único votado. Nese caso, por exemplo, habería varios participantes, pero non saberíamos quen é o segundo clasificado! O pensaches? Cun único gañador o concurso ten sentido igualmente e cubre o noso obxectivo (de feito o obxectivo do concurso xa está cuberto a día de hoxe). Amais, amais, se temos excedente de recursos que poidamos adicar a premios quizais era bo reservalos: haberá máis convocatorias do WP:IDL, esta non vai ser a última. --. HombreDHojalata.conversa 18 de xullo de 2017 ás 17:08 (UTC)
- HombreDHojalata, respondo ós teus puntos:
- O de cambiar as condicións era inevitable se queremos cambiar os premios. Eu o que non teño claro é cando comezou esta actividade, inicialmente comezou cunha nota na taberna para axudar a artellala antes de lanzala. Debatéronse algunhas cousas pero en ningún momento se comentou cando se abría o prazo para presentar obras, para min o concurso está en construción. De feito, penso que aínda non se publicou oficialmente en ningún sitio que está aberta a participación (ou polo menos eu non o vin), eu considero que o anuncio da taberna é un aviso para axudar na organización, non un aviso de comezo para presentar obras. Que xa haxa un participante non invalida nada xa que, como digo, para min non comezou o prazo de recepción de obras. A maiores, mellorar os premios dun concurso non é algo que lle moleste a ninguén :)
- Tes razón, esquecinme de comentar, porque se me esqueceu, que o premio ofrézoo eu, non pedín nada a ninguén desta vez.
- Si, hai dous premios, un de 100 e outro de 50 USD, podemos poñer que o primeiro clasificado recibirá o premio X, o segundo o Y e o terceiro o Z, ou dicir que os tres primeiros clasificados escollerán o premio que desexen por orde de clasificación. A min éme igual.
- Creo que ter varios premios sirve para fomentar a participación xa que a xente animarase ó ver que hai varias posibilidades de conseguir algo. E cantos máis premios, máis participantes que gañan algo, repartindo un pouco hai para máis (se o prefires podemos facer tres premios de 50 USD... ;) Os gañadores poden ser os tres (ou X) que obteñan máis votos.
- Se queremos fomentar a participación non podemos deixar todo agora porque xa haxa unha imaxe para o artigo. Para min non é ese o único obxectivo, penso que esta actividade pode dar moito xogo, por exemplo para darnos a coñecer noutros campos nos que penso que non nos coñecen abondo, como o da pintura e edición dixital, tamén servirá para conseguir publicidade da Galipedia xa que é unha actividade nova e que servirá para poñer uns momentos a atención dos medios de comunicación sobre o proxecto, e tamén dará a coñecer as licenzas libres entre un novo colectivo. Xa o teño dito, polo momento, para este tipo de actividades, recursos deste nivel poden conseguirse de forma doada, o problema é organizar cousas e conseguir xente que as leve adiante, como fixeches ti con isto HombreDHojalata. Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de xullo de 2017 ás 18:31 (UTC)
- Ah, outra cousa que me esquecín comentar, para que quede todo claro. O premio "está" aquí, levo todos estes días traballando para conseguilo e penso que non haberá problema :). Pero se non me sae ben a cousa non hai problema, comprométome a buscar eses premios ou de proporcionalos eu directamente. Saúdos, Elisardojm (conversa) 19 de xullo de 2017 ás 08:33 (UTC)
- --. HombreDHojalata.conversa 19 de xullo de 2017 ás 15:25 (UTC)
- Vin o concurso de casualidade, metinme nel para ver que pasaba, e polo momento está a dárseme ben :). Entón que HombreDHojalata, poñemos eses dous premios na páxina (ou tres de 50, como prefiras)? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de xullo de 2017 ás 22:03 (UTC)
- --. HombreDHojalata.conversa 19 de xullo de 2017 ás 15:25 (UTC)
- Ah, outra cousa que me esquecín comentar, para que quede todo claro. O premio "está" aquí, levo todos estes días traballando para conseguilo e penso que non haberá problema :). Pero se non me sae ben a cousa non hai problema, comprométome a buscar eses premios ou de proporcionalos eu directamente. Saúdos, Elisardojm (conversa) 19 de xullo de 2017 ás 08:33 (UTC)
Mételle man, mete. --. HombreDHojalata.conversa 19 de xullo de 2017 ás 22:48 (UTC)
- E como os poño HombreDHojalata? Os 100 USD para o que teña máis votos, os 50 para o segundo con máis votos e o libro para o terceiro con máis votos, ou que os tres primeiros escollan por orde de votos? Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de xullo de 2017 ás 07:55 (UTC)
- Como vexas. --. HombreDHojalata.conversa 20 de xullo de 2017 ás 13:34 (UTC)
- Xa están engadidos os novos premios HombreDHojalata. Saúdos, Elisardojm (conversa) 24 de xullo de 2017 ás 22:23 (UTC)
- Como vexas. --. HombreDHojalata.conversa 20 de xullo de 2017 ás 13:34 (UTC)
Prazo
[editar a fonte]Que vos parece o prazo, ata o 31 de xullo de 2017 ? --. HombreDHojalata.conversa 6 de xullo de 2017 ás 14:39 (UTC)
- Eu ampliaríao até o 31 de agosto; penso que é preferible dar un mes de marxe para que poida participar máis xente e os debuxos sexan de calidade. Hai urxencia porque non hai ningunha foto dela, pero penso que agardando un pouquechiño poden obterse mellores resultados. --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de xullo de 2017 ás 16:19 (UTC)
- Pois eu poría de prazo ata o 31 de decembro, nos meses de verán falta moita xente e no comezo de curso hai que que preparar bastantes cousas, co cal non hai tanto tempo de sobra. Porque eu entendo que présa non hai ningunha. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de xullo de 2017 ás 22:03 (UTC)
Proposta de cartel
[editar a fonte]Fixen unha "especie" de cartel, mentres alguén non fai outro mellor, poderá usarse para enviar ós centros de ensino cos que se queira contactar, e para dar a coñecer en calquera outro lugar. Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de xullo de 2017 ás 01:15 (UTC)
- Claro, esta é unha versión inicial, podo cambiar as cores, tipos de letra, imaxes, textos, e o que vexades, para que quede mellor... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de xullo de 2017 ás 08:01 (UTC)
- Eli: Mudei varias cousas:
- Engadinlle a licencia que corresponde por reproducir un logotipo ou marca rexistrada da Fundación Wikimedia
- Puxen a frase inicial nunha soa liña.
- Puxen o debuxo central máis diáfano.
- Retirei a frase que fala de "Commons" e da licenza. Porque son detalles técnicos que, moi probablemente, o lector do cartel non vai entender e, en calquera caso, van explicados en WP:IDL. De todas formas, cando fagas referencia a Wikimedia Commons, Elisardo, faino así, con tódalas letras (e, cando sexa posible, con ligazón interna incluída). "Commons" non é nada. No proxecto hai dous conceptos que levan a palabra "Commons": o almacén Wikimedia Commons e as licenzas Creative Commons. Son dúas cousas moi diferentes. Para os usuarios noveis, a miúdo, son difíciles de entender e mesmo as confunden, precisamente, por ter nomes parecidos.
- Engadín unha aclaración, moi importante, sobre o feito de que non se admiten calcos. Do contrario podémonos atopar con plaxios, que despois teríamos o desagradable traballo de rexeitar, coa conseguinte frustración para os participantes.
- Mudei a dirección URL (de dúas liñas, que ninguén vai teclear) por un código QR.
- Tamén retoquei, levemente, a distribución dos contidos no espazo dispoñible.
- --. HombreDHojalata.conversa 18 de xullo de 2017 ás 16:34 (UTC)
- HombreDHojalata, moi bos os teus cambios, tes razón en todo, eu non din para máis, levoume tres horas facer esa cangallada! :)
- Eu só engadiría un detalle. Xa sei que agora todo o mundo ten acceso ós códigos QR, e máis os novos, pero para os que non estamos tan adiantados eu deixaría a dirección web por algún lado. Así se alguén non ten acceso ó código QR pode entrar na Galipedia e teclear a dirección ou buscar esa páxina polo menos. Podes engadila nalgún recuncho? Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de xullo de 2017 ás 18:41 (UTC)
- Eli: Mudei varias cousas:
Publicidade en escolas de deseño/debuxo
[editar a fonte]Creo que deberíamos comezar, agora que o novo curso xa está aquí, a enviar comunicacións ás escolas de deseño e similares para ver se se anima a participación. Tamén se podería mandar a nova a algúns xornais para aumentar a difusión. Que vos parece? Que escolas de debuxo ou deseño hai en Galicia? Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de setembro de 2017 ás 12:49 (UTC)
- Atopei os seguintes centros de deseño en Galicia e voulles mandar a información do concurso:
- Aula D
- Escola Mestre Mateo
- Escola Picasso
- Escola Antonio Faílde
- Escola de Vigo
- Escola Ramón Falcón. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de setembro de 2017 ás 22:08 (UTC)
- Vou mandar unha nota informativa a varios dos medios de Usuario:Elisardojm/Medios de comunicación para contactar a ver se se anima a participación, a ver se podo comezar hoxe pola noite. Nos seguintes días esperemos que se publique nalgún. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de setembro de 2017 ás 08:59 (UTC)
- Feito!A ver como vai os seguintes días. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de setembro de 2017 ás 23:36 (UTC)
- "A Galipedia lanza concurso para ilustrar a escritora homenaxeada nas Letras 2018". Código Cero. 21/9/2017. --. HombreDHojalata.conversa 22 de setembro de 2017 ás 07:34 (UTC)
- Vaia, acabo de atopalo e viña xusto a engadir a ligazón :) Hai que facer difusión para que a xente se entere e se anime a participar, a ver se nos seguintes días saen máis novas e van chegando máis imaxes. Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de setembro de 2017 ás 07:39 (UTC)
- "A Galipedia lanza concurso para ilustrar a escritora homenaxeada nas Letras 2018". Código Cero. 21/9/2017. --. HombreDHojalata.conversa 22 de setembro de 2017 ás 07:34 (UTC)
- Un Wikiconcurso da Galipedia polo Día das Letras Galegas 2018, en Que pasa na costa. E no agregador de IGaciencia. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de setembro de 2017 ás 15:16 (UTC)
Acabo de avisar tamén nos diferentes talleres gráficos das wikipedias. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de setembro de 2017 ás 16:27 (UTC)
- Sae tamén en Galicia Confidencial, A Galipedia organiza un wikiconcurso polo Día das Letras Galegas 2018. Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de setembro de 2017 ás 09:23 (UTC)
- Podcast do programa Galicia por Diante da Radio Galega, onde se fala do asunto (a partir do minuto 46). --Estevo(aei)pa o que queiras... 2 de outubro de 2017 ás 10:14 (UTC)
- Estevoaei, en tres palabras IM-PRE-SIONANTE!!!! Moito Estevo, moito e moi ben falado! :D Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de outubro de 2017 ás 17:03 (UTC)
Acabo de escoitalo. Moi ben, Adrián! Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 3 de outubro de 2017 ás 20:47 (UTC)
Nova no blog de Wikimedia
[editar a fonte]No blog de Wikimedia acaban de publicar unha entrada coa información deste wikiconcurso. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de novembro de 2017 ás 08:12 (UTC)
Votación
[editar a fonte]Esquecemos indicar na páxina o prazo de votación, poñemos un mes? E tamén debería avisarse de que se está a facer esta votación, como mínimo na taberna, non estaría de máis mandar un aviso a tódolos usuarios. Que dicides Chairego apc e HombreDHojalata? Saúdos,—o anterior comentario sen asinar foi feito por Elisardojm (conversa • contribucións) 2 de xaneiro de 2018 ás 01:08
- Paréceme perfecto. --Chairego apc (conversa) 2 de xaneiro de 2018 ás 16:22 (UTC)
- Xa está feito o aviso na taberna, logo pola noite a ver se me lembro de mandar a mensaxe en masa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de xaneiro de 2018 ás 14:25 (UTC)
Resultado da votación
[editar a fonte]Rematada a votación das imaxes o resultado é o seguinte:
- María Victoria Moreno (pop art).png de Dende: 4 votos
- Victoria Moreno.jpg de Hhebagonzalez: 5 votos
- María Victoria Moreno.jpg de Chairego apc: 12 votos
Polo tanto, os gañadores xa poden escoller un dos premios dispoñibles por orde de número de votos acadados. Felicidades a todos e moitas grazas por esta valiosa achega!! Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de febreiro de 2018 ás 13:31 (UTC)
- Moitas grazas! Escollo entón o bono de 100 USD para gastar na tenda de Wikimedia. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 1 de febreiro de 2018 ás 15:35 (UTC)
- Moi ben, pois xa imos falando, mándoche un correo agora. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de febreiro de 2018 ás 00:03 (UTC)
Eu son o terceiro Dende (conversa) , agardaría a ver qué dí a segunda gañadora, namentres por min quedaría con bono de 50 USD. O que vexades a organización. Por certo, ademáis de ilustrador son deseñador, se tedes que facer algún carteéis ou deseño e que queredes contar conmigo non o dubidedes, sempre que teña tempo estaria encantado.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Dende (conversa • contribucións) 1 de marzo de 2018 ás 18:38
- Comento agora o problema que hai con este tema para que non se me esqueza máis adiante. Estamos tendo bastantes problemas para contactar cos usuarios que conseguiron un agasallo, para outra vez o que haberá que facer será pedir que os participantes teñan unha conta na Galipedia, que teñan un enderezo de correo electrónico asociado á súa conta para poder poñerse en contacto con eles, e que se pasado un tempo X, por exemplo un mes, se non se recibe resposta deles entenderase que renuncian ó seu agasallo. Non se pode estar pendente dunha resposta toda a vida. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de marzo de 2018 ás 02:19 (UTC)
- Despois de mes e medio desde que se decidiu o resultado do Wikiconcurso aínda seguimos esperando. Como di Elisardo "non se pode estar pendente dunha resposta toda a vida". Que facemos? --Chairego apc (conversa) 16 de marzo de 2018 ás 08:39 (UTC)
- HombreDHojalata, ti que cres que debemos facer? Contactei varias veces con Hhebagonzalez na súa páxina de Commons e non obtiven resposta, e tampouco ten un enderezo de correo electrónico para avisarlle, así que... Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de marzo de 2018 ás 10:48 (UTC)
- Despois de mes e medio desde que se decidiu o resultado do Wikiconcurso aínda seguimos esperando. Como di Elisardo "non se pode estar pendente dunha resposta toda a vida". Que facemos? --Chairego apc (conversa) 16 de marzo de 2018 ás 08:39 (UTC)
Non che sei. Fai o que estimes oportuno. --. HombreDHojalata.conversa 16 de marzo de 2018 ás 15:14 (UTC)
- Ben, entón vistas as dificultades de contacto co segundo gañador penso que debemos ceder a escolla do premio a Dende, polo tanto, poreime e contacto con el para darlle o bono de 50 USD. Iso si, se non consigo contactar con el antes dun mes dende hoxe, ese premio declarase deserto. Chairego apc, xa contacto contigo para darche o teu bono de 100 USD. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de marzo de 2018 ás 09:13 (UTC)
- Acabo de ver que Dende activou a comunicación por correo electrónico, acabo de poñerme en contacto con el. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de marzo de 2018 ás 09:27 (UTC)
- Premio do Wikiconcurso recibido! --Chairego apc (conversa) 20 de abril de 2018 ás 15:21 (UTC)