Saltar ao contido

Conversa Wikipedia:Wikimedia Galiza

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O de Wikimedia Galiza como nome do capítulo debe someterse a consenso. Outros nomes poden ser Wikimedia Galiza, Wikimedia GL ou Wikimedia GZ. Eu prefiro Wikimedia Galiza, e vos?--FryantTralarí Tralará 18:16, 8 novembro 2007 (UTC)

Asociación ou fundación

[editar a fonte]

Para poder continuar, primeiro temos de decir se imos ser unha Fundación ou unha Asociación sen ánimo de lucro. Temos ligadas na páxina principal, embaixo de todo, as leis para a creación das dúas.

A priori, a principal diferenza, alén de diferenzas económicas, entre a asociación sen ánimo de lucro e a fundación está no réxime de socios, que nesta derradeira non existe. Polo tanto, a fundación componse só do Padroado, sen socios, o que provoca dúas cousas: que non haia socios, e que só o Padroado teña dereito ao voto. Porén, nunha asociación, si hai socios, si hai dereito ó voto, e pódese por unha pequena cuota anual que serva como apoio financieiro.

A miña preferencia é a asociación.--FryantTralarí Tralará 18:16, 8 novembro 2007 (UTC)

Wikimedia Portugal

[editar a fonte]

Isto pode vos interessar: m:Talk:Wikimedia Portugal#Projetos em galego --Waldir 04:06, 30 decembro 2007 (UTC)