Saltar ao contido

Conversa Wikipedia:Wikiproxecto Categorías/Lingüística

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Discusión aberta. O 14 de febreiro de 2005 aprobouse a rama de categorías de Lingüística. Pendentes algunhas categorías máis.



Engadir unha mensaxe


Aviso: O prazo de debate e votación remata o 11 de febreiro de 20005.


Lingüística

[editar a fonte]

Fixen unha primeira clasificación da Categoría Lingüística:

  • Alfabetos: artigos de tipos de escrita: alfabeto cirílico
  • Dialectos: dialectos: p.ex: largarteiro, valverdeiro, andaluz, mallorquín...
  • Escolas lingüísticas: artigos sobre as diferentes agrupacións de lingüístas. p. ex. Estruturalismo
  • Familias lingüísticas: artigos sobre os diferentes grupos de linguas: Linguas romances, bantú...
  • Fonética: artigos relacionados coa pronuncia ex: semivogal
  • Gramática: artigos sobre as normas que gobernan a linguaxe P. ex: xerundio, infinitivo conxugado
  • Linguas: artigos sobre calquera lingua(viva, morta ou artificial) agás as linguaxes de programación.
  • Lingüístas: artigos de biografías de lingüístas
  • Tipoloxía lingüística: artigos sobre tipos de lingua: p ex: lingua aglutinante.

Non teño moi claro se Dialectos debería ser unha subcategoría de Linguas, un dialecto forma parte dunha lingua.
Que vos parece?.--Rocastelo 19:21, 24 Xan 2005 (UTC)

proposta

[editar a fonte]

Críticas construtivas: Hai certos grupos que considero que son tan pequenos que non compensa separalos: simplemente se mencionarían nunha entrada principal con ligazóns. Estes son "alfabetos" e "fonética-fonoloxía".

Outro caso é o dos artigos políticamente incorrectos (ó meu ver, científicamente impropios). Refírome ó caso de "Dialectos". O tema estaría tratado en Gramática histórica (Historia da Lingua)dentro de cada lingua e os conceptos teóricos en "Dialectoloxía", que me esquecín de meter.

Escolas lingüísticas: artigos sobre as diferentes agrupacións de lingüístas. p. ex. Estruturalismo Parece difícil desvencellar "Escolas lingüísticas" e "Subdisciplinas da lingüística": ¿Análise crítica ou Antropoloxía lingüística son escolas ou perspectivas? Inda non sei que facer. Ademais non parece bo separalo, coma fixen eu, das partes da gramática tradicional (Fonética, Morfo, Sintaxe, Funcionalismo, etc.). Tampouco sei que facer con cousas coma clases de palabras, réxime verbal, preposición, caso, cousas tan relacionadas co anterior.

Familias lingüísticas é o que eu estou poñendo provisionalmente coma "Linguas do mundo" para agrupar as diferentes linguas e en "Tipoloxía lingüística" para o contido teórico, títulos que me parecen máis apropiados porque ademais de familias hai "Phylum", "Subfamilias", etc. (É como se á clasificación biolóxica lle chamas "Orde", "Grupo" ou "Familia" en vez de "Taxonomía"). "Linguas" (ou "linguas do mundo", dá igual) coma artigos sobre calquera lingua (viva, morta ou artificial) agás as linguaxes de programación, paréceme lóxico.

Agora mesmo vou meter máis cousas que se me ocorreron, se me deixa o meu irmán.

Resume; de momento:

- LINGUAS DO MUNDO;

- LINGÜÍSTAS;

- DISCIPLINAS E ESCOLAS;

Categoría lingüistica noutros wikis

[editar a fonte]

Saúdos. --Prevert(talk) 00:43, 25 Xan 2005 (UTC)

Creo o molde para Lingua

[editar a fonte]

Creo un molde-modelo para linguas do mundo: pensei que sería boa idea que todas levasen certos datos comúns de número de falantes, código SIL, ligazón ó Ethnologue e ó Euromosaic-Mercator se son europeas, categoría linguas do mundo e así o fixen. No entanto, hai outra cousa que é un fallo que observei: Alemán & Ruso non poden reverterse directamente a Alemaña - Deutschland & Rusia - Poccia, porque non existe unha equivalencia lingua-estado nin é fariña do mesmo trigo. Quen pode/ousa cambiar iso? user:sobreira

Engadido

[editar a fonte]

Paréceme ben que as linguas comecen todas pola verba "lingua ...", para distinguilas doutro tipo de cousas. Inda así, como todo o mundo adoita coñecelas polo adxectivo masculino, haberá que poñer un desambiguador (para distinguila doutras cousas coma POLONESA, MILANESA, HAMBURGUESA, usw...) --Sobreira 18:35, 26 Xan 2005 (UTC)

  • Sobreira pasa pola taberna propostas onde se está tratando o tema. Na distinción de palabras eu son partidario do que resulte máis sinxelo para o lector e evitar o exceso de aclaración. Saúdos. (Nota: vou copiar a túa mensaxe na taberna para que o resto dos usuarios coñeza a túa opinión). --Prevert(talk) 18:58, 26 Xan 2005 (UTC)

Materiais de traballo sobre a categoría Lingüistica

[editar a fonte]

Quero resaltar que o obxectivo de decidir as categorías desta rama como de calquera outra e dispor dun árbol coherente -haxa material para todas as categorías ou non-, e tamén que cando se crea unha categoría como mínimo debe de haber outras dúas que estean incluídas (esta é unha política común da wikipedia que quizais debamos establecer oficialmente, o sentido é que non haxa categorías illadas, posto que, se se crean é entre outras motivos como un modo de localizar os artigos). Iso refírese a unha rama nova, nunha rama establecida ao crear unha categoría é imprescindible que peertenza a outra.

Reproduzo aquí como material de debate as categorías das wikipedias que citei arriba:

Inglés:
  • Computational linguistics
  • Etymology
  • Figures of speech
  • Francophonie
  • Grammar
  • Greetings
  • Historical linguistics
  • Indo-European linguistics
  • Language
  • Language comparison
  • Language families
  • Language games
  • Language regulators
  • Languages
  • Last native speakers
  • Lexicography
  • Linguistic morphology
  • Linguistic typology
  • Linguists
  • Mouth
  • Nonce words
  • Onomatopoeia
  • Philosophy of language
  • Phonetics
  • Phonology
  • Portmanteaus
  • Pragmatics
  • Profanity
  • Psycholinguistics
  • Rhetoric
  • Semantics
  • Social sciences methodology
  • Sociolinguistics
  • Linguistics stubs
  • Syntax
  • Terminology
  • Toponymy
  • Translation
  • Uvular R
Francés:
  • Abréviation
  • Abréviations
  • Anglicisme
  • Code
  • Conjugaison
  • Dictionnaire
  • Écriture
  • Étymon
  • Gentilé
  • Grammaire
  • Grec ancien
  • Histoire du français
  • Jeux de mots
  • Langue
  • Langue SVO
  • Langue agglutinante
  • Langue chinoise
  • Langue espagnole
  • Langue flexionnelle
  • Langue japonaise
  • Langue turque
  • Linguiste
  • Méthodes de transcription
  • Phonétique
  • Prononciation
  • Rhétorique
  • Sigle
Portugués:
  • Escrita
  • Expressões de origem latina
  • Grupos de línguas
  • Linguagem
  • Linguistas
  • Línguas
  • Sistemas de escrita
Alemán:
  • Linguist
  • Linguistische Typologie
  • Phonetik und Phonologie
  • Rechtslinguistik
  • Sprachgeschichte
  • Sprachwissenschaft
  • Sprachwissenschaftler
Italiano:
  • Acronimi
  • Alfabeto
  • Glottologia
  • Dialetti
  • Fonetica
  • Lingue
  • Linguisti
  • Neologismi
Español:
  • Academias de la lengua española
  • Escritura
  • Fonología
  • Fonética
  • Interpretación
  • Lenguaje
  • Lexicografía
  • Morfología Lingüística
  • Pragmática
  • Traducción
  • Diccionarios
  • Figuras retóricas
  • Gramática
  • Lenguas
  • Lingüística computacional
  • Lingüistas
  • Lógica
  • Modismos
  • Psicolingüística
  • Sociolingüística
Galego:

→Propostas de Rocastelo

  • Alfabetos
  • Dialectos
  • Escolas lingüísticas
  • Familias lingüísticas
  • Fonética
  • Gramática
  • Linguas
  • Lingüístas
  • Tipoloxía lingüística

→Proposta de Sobreira

  • Linguas do mundo
  • Lingüistas
  • Disciplinas e escolas



Estou de acordo en suprimir Dialectos. Alfabetos sería mellor cambialo por Sistemas de escrita: para acoller escritas como a chinesa que non son alfabetos. --Rocastelo 19:31, 27 Xan 2005 (UTC)

Proposta de clasificación da categoría

[editar a fonte]

Intentei facer unha analise mais exhaustiva dos datos doutras wikipedias (gracinhas a Prevert e Rocastelo por colgalo, eu seguramente non as teria considerado se non fose por eles) e profundizo unha categorizacion para LINGUISTICA (vai sen corchetes, tiles, diereses e enhes porque non me funcionan, mais ben escrºibeme outra cousiçaºª):

1. TEORIA LINGUISTICA
1.1 ESCRITA, ORTOGRAFIA, SISTEMAS DE ESCRITA, TRANSCRICION
1.2 ESCOLAS LINGUISTICAS, HISTORIA DA LINGUISTICA
1.3 LINGUISTAS
1.4 DISCIPLINAS TRANSVERSAIS: TRADUTOLOXIA (E INTERPRETACION)
1.5 DISCIPLINAS TRANSVERSAIS: PSICOLINGUISTICA
1.6 DISCIPLINAS TRANSVERSAIS: NEUROLINGUISTICA
1.7 DISCIPLINAS TRANSVERSAIS: LINGUISTICA COMPUTACIONAL
2. VARIACION LINGUISTICA
2.1. NIVEL DIACRONICO: HISTORIA DA LINGUA = GRAMATICA HISTORICA
2.2. NIVEL DIACRONICO: ETIMOLOXIA
2.3. NIVEL DIATOPICO: DIALECTOLOXIA
2.3. NIVEL DIATOPICO: TIPOLOXIA LINGUISTICA, FAMILIAS LINGUISTICAS, LINGUAS DO MUNDO, LINGUAS EN PERIGO
2.3. NIVEL DIATOPICO: INDOEUROPEISTICA
2.4. NIVEL DIAFASICO: SOCIOLINGUISTICA
2.5. NIVEL DIAFASICO: PRAGMATICA
3. ESTRUTURA LINGUISTICA
3.1. PRIMEIRA ARTICULACION: FONETICA (ACUSTICA E ARTICULATORIA)
3.2. PRIMEIRA ARTICULACION: FONOLOXIA
3.3. SEGUNDA ARTICULACION: MORFOLOXIA
3.4. SEGUNDA ARTICULACION: SINTAXE
3.5. SEGUNDA ARTICULACION: MORFOSINTAXE (eu prefiro)
3.6. NIVEL LEXICO: LEXICOGRAFIA, DICIONARIOS
3.7. NIVEL LEXICO: TERMINOLOXIA, NEOLOXIA
3.8. NIVEL LEXICO: NEOLOXISMOS, ARCAISMOS, CREACION LEXICA, LATINISMOS, ESTRANXEIRISMOS, ABREVIATURAS
3.9. NIVEL SEMANTICO: SEMANTICA
3.10. NIVEL SEMANTICO: RETORICA, FIGURAS DA LINGUA, XOGOS DE PALABRAS
3.11. NIVEL SEMANTICO: ONOMASTICA, TOPONIMOS, ANTROPONIMOS, XENTILICIOS

Pode verse que hai varios grupos que estan en duas categorias ao mesmo tempo: 3.11 en 2.1 e 2.2; 2.5 en 3.9-3.11; 1.1 en 3.1-3.2; 2.3 en 1.2; etc. do mesmo xeito que a LINGUISTICA COMPUTACIONAL tamen deberia estar en INFORMATICA, PSICOLINGUISTICA en PSICOLOXIA e NEUROLINGUISTICA en MEDICINA. A ciencia eche asi, sen limites concretos (por iso eu prefiro MORFOSINTAXE). Iso pasa tamen cos artigos: ALBERT EINSTEIN deberia aparecer en FISICA e en BIOGRAFIAS.

Unha lingua en concreto pode estar representada cun artigo especifico en calquera nivel, pero sobre todo no 2 e mais ainda no 3. Para iso creei o modelo de linguas do mundo.

De todolos xeitos, son partidario de non facer tres subdivisions iniciais, senon que seria mellor ponher todo xunto coma subcategorias dende o primeiro nivel. Os numeros non son indicativos de nada, en todo caso de certo grao de afinidade por se hai que facer menos subcategorias. En todo caso haberia que buscarlle un nome de consenso a algunhas para non utilizar nomes longos.

--Sobreira 16:02, 2 Feb 2005 (UTC)

aumento da proposta

[editar a fonte]

Segundo unha suxestion de Agremon, tamen se pode meter "Normalizacion linguistica"; iso lembrame tamen que me esquecin de "Politica linguistica" e/ou "Planificacion linguistica" (parece mentira que fose a un congreso disto hai duas semanas). No caso de querelas meter nalgunha das tres categorias, seria na primeira de "Teoria linguistica"



A categoría Lingüistica tal como está agora (algunhas categorías aínda no son "oficiais"):

Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:44, 3 Feb 2005 (UTC)

Proposta de Sobreira

[editar a fonte]

Eu voto pola seguinte proposta de 24 subcategorias (sigo sen tiles: marco con ligazon as categorias ou 1 artigo que xa existen):

  • Grafoloxía: tamen incluido en PSICOLINGUISTICA e LINGUISTICA FORENSE
  • Grafemica: incluindo artigos que falen de escrita, ortografia, sistemas de escrita, alfabetos, transcricion e ortotipografia
  • Lingüístas e escolas lingüísticas: e historia da linguistica; obviamente os linguistas estaran tamen en BIOGRAFIAS
  • Tradutoloxía (e interpretacion)
  • Psicolingüística e dentro Trastornos da linguaxe; tamen estaria incluida en Ensino ou Psicopedagoxía
  • Neurolingüistica
  • Lingüistica computacional
  • Lingüistica forense
  • Política e planificación lingüistica
  • Normalización lingüistica
  • Historia da lingua = Gramática histórica como se lle queira chamar
  • Etimoloxía (incluiriase en Semántica pero tamen estaria dentro do inmediatamente anterior: poderia non establecerse coma categoria neste nivel e deixala so coma subcategoria de SEM & GRAM HIST)
  • Dialectoloxía
  • Tipoloxía lingüistica: con artigos de familias linguisticas, linguas do mundo (desapareceria), linguas en perigo de extinción e derradeiros falantes incluindo unha subcategoria de lingua galega
  • Indoeuropeística (¿meter tamen a reaccion do CONTINUISMO?)
  • Sociolingüistica
  • Pragmática: a lingua en uso, lingua e poder, relacions sociais mediante a lingua, variacion cultural do uso da lingua, cortesia, costumes linguisticos, poder comunicativo da lingua, ACD (analise critica do discurso), lingua na publicidade ou na politica, etc.
  • Fonética: acustica e articulatoria
  • Fonoloxía
  • Morfosíntaxe: morfoloxia e sintaxe
  • Lexicografía: lexicoloxia, dicionarios
  • Terminoloxía e/ou Neoloxía: neoloxismos, arcaismos, creacion lexica, latinismos, estranxeirismos, abreviaturas, onomastica, toponimos, antroponimos, xentilicios
  • Semántica
  • Retórica e figuras da lingua: xogos de palabras, figuras literarias, adiviñas (tamen estaria en LITERATURA)

--Sobreira 14:13, 7 Feb 2005 (UTC)


Retoco a proposta de Sobreira para que se vexa máis clara a árbore de categorías

[editar a fonte]
  • Lingüistica
    • Dialectoloxía
    • Fonética
    • Fonoloxía
    • Grafémica
    • Historia da lingua
      • Etimoloxía
    • Indoeuropeística
    • Lingua galega
    • Lingüístas e escolas lingüísticas
    • Lingüistica computacional
    • Lingüistica forense
      • Grafoloxía
    • Normalización lingüistica
    • Política e planificación lingüistica
    • Psicolingüística
    • Lexicografía
    • Morfosíntaxe
    • Neurolingüistica
    • Pragmática
    • Retórica e figuras da lingua
    • Semántica
      • Etimoloxía
    • Sociolingüistica
    • Terminoloxía
    • Tipoloxía lingüistica
    • Tradutoloxía e interpretacion


O único cambio con respecto á proposta de Sobreira é pasar Lingua galega ao primeiro nivel, calquera outro cambio é involuntario. Saúdos. --Prevert(talk) 16:40, 7 Feb 2005 (UTC)

  • A proposta é moi correcta, pero é sinxela? para clasificar artigos en Lingüística forense hai que ser un especialista?, en fin véxoo correcto pero complicado para alguén que non estea licenciado en filoloxía, e iso estaría ben se houbese moitos colaboradores na Galipedia como lle pasa á inglesa que ten a árbore máis complexa.--Rocastelo 18:41, 8 Feb 2005 (UTC)
    • Non é necesario saber demasiado do tema para asignalo a unha (ou mellor varias) categorías (ou subcategorías). Digo varias porque habería cousas necesariamente en varios sitios á vez: como Chomsky é xenerativista, terá un enlace ou mesmo estar clasificado nunha escola pero tamén en Sintaxe (cando fas un artigo ou tes material sobre el, xa te das conta). Se non xa virá outro detrás e o colocará. Non creo que sexa motivo de preocupación. Saúdos

--Sobreira 19:19, 9 Feb 2005 (UTC)

Aprobase con data 14 de febreiro de 2005 a distribución de categorías na rama lingüistica. Saúdos. --Prevert(talk) 18:03, 14 Feb 2005 (UTC)

retoques de nome e subcategorizacion

[editar a fonte]

poderian agruparse en LINGUISTICA APLICADA os seguintes apartados para simplificar:

(con SE CADRA as que menos motivos teñen para ser incluidas neste grupo de LING. APLICADA) --Sobreira 15:28, 15 Feb 2005 (UTC)

semantica

[editar a fonte]