Conversa Wikipedia:Wikiproxecto Toponimia
Ghana aparece así no Wikiproxecto, malia iso nos dicionarios aparece como forma galega Gana, propoño cambiar no wikiproxecto Ghana para Gana-Ghana.--Rocastelo 18:34, 2 Abr 2005 (UTC)
Paréceme razoábel --Alyssalover(fálame) 18:58, 2 Abr 2005 (UTC)
Referencias
[editar a fonte]Xa que este proxecto ten que basearse nas referencias que se atopen para facer os cambios, non estaría de máis que se foran engadindo ó mesmo tempo que se cambian os artigos, dese xeito tódolos cambios poderían comprobarse de forma doada. E agora que hai unha lista de fontes a cousa é moito máis doada. Eu ata poría un apartado no proxecto para que non se lle pase a ninguén este punto porque me parece moi importante. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de xullo de 2013 ás 22:10 (UTC)
Amañar ligazóns internas
[editar a fonte]Outra cousa, outra parte do proxecto sería cambiar as ligazóns internas dos nomes vellos dos artigos, penso que esta debería ser a tarefa 3. Quizais iso podería facerse cun bot, pero tamén penso que sería bo que o nome dos artigos se amañan non se borre da lista para que quede apuntado para facer esta tarefa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de xullo de 2013 ás 22:10 (UTC)
Creación dunha páxina para recompilar topónimos
[editar a fonte]Boas Xabier Cid! Cres que poderíase crear unha páxina do tipo Axuda:Exotopónimos para poder ir listando os topónimos estranxeiros, de tal xeito que teñamos unha "base de datos" onde os usuarios podan consultar?
Exemplo:
Lugar | Formas nativas | Formas oficiais | Forma RAG | Outras formas galegas |
---|---|---|---|---|
Bilbao | Bilbao, Bilbo | Bilbao | Bilbao ("bilbaíno") |
|
Astrakán | Астрахань ("Astrakhan") |
Астрахань ("Astrakhan") |
Astrakán | Astracán (UVigo, UDC) |
Qué che parece? Pode ir facéndose pouco a pouco, mais teño dúbidas sobre se debe ir en Axuda:Exotopónimos ou en Wikipedia:Toponimia/Lista de exotopónimos, ou noutra... --Norrin (Fálame) 26 de marzo de 2014 ás 15:03 (UTC)
- Pois con toda sinceridade, paréceme un traballo inxente e pouco produtivo. :) Quero dicir, se esa información xa está no artigo correspondente (Bilbao), para que recollelo de novo noutro sitio? Apertas --Xabier Cid Talk 2 me, please 26 de marzo de 2014 ás 15:16 (UTC)