Saltar ao contido

Conversa categoría:Mulleres de Galicia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Creo que deberíamos borrar esta categoría, pero antes de propola para borrar gustaríame ter a vosa opinión.

A miña razón é que a categoría non cumpre coas necesidades que debe ter unha categoría, e que ademais, na existencia da categoria hai un importante compoñente sexista, sexa explícito ou implícito. O punto de partida é que consideramos que debe haber unha categoría 'Mulleres', pero non unha categoría 'Homes'. As categorías normalmente son informativas (da época, de datos biográficos, ou, nalgúns casos, de pertenzas a minorías que fan que ese dato sexa relevante). Estou poñendo por caso categorías como Estadounidenses de orixe polaco-xudía.

Pero coas mulleres non estamos ante iso: as mulleres son unha lixeira maioría, non é un dato relevante da súa biografía, e ademais non existe a categoría Homes. É dicir, a non-categoría é Homes, a non-marcada, e destacamos as Mulleres á parte porque son o marcado, o estraño. E aí é onde vexo o nesgo sexista, é dicir, machista.

Unha solución podería ser que todas as persoas que teñen a súa bio na wikipedia sexan clasificadas automaticamente en Homes e Mulleres. E eses á súa vez nos seus países e demais categorías: Mulleres nadas en 1947 vs Homes nados en 1947, etc. Creo que ao poñelo en expoñencial é máis fácil decatarse da inutiidade da categoría.

Pero gustaríame escoitar argumentos contrarios antes de propor o borrado desta categoría. Un saúdo --Xabier Cid Talk 2 me, please 25 de setembro de 2013 ás 13:22 (UTC)[responder]

Eu tamén creo que se debe borrar a categoría, estou no esencial de acordo cos argumentos de Xabier Cid, pero fundamentalmente creo que debe borrarse pola súa inutilidade. Saúdos. --Xas (conversa) 25 de setembro de 2013 ás 13:28 (UTC)[responder]
Concordo, non creo que debamos facer esta distinción. --JaviP96 25 de setembro de 2013 ás 14:14 (UTC)[responder]
Concordo, mais o problema que vexo eu é que o que usamos agora é sexista de por si, xa que empregamos categorías como "nados en", que é masculino, non sei cómo se pode neutralizar eso, as opcións que se me ocorren son raras ("persoas nadas en", "nad@s en", etc). Piquito (conversa) 25 de setembro de 2013 ás 14:21 (UTC)[responder]


Claro que esta categoría é discriminatoria, máis é unha "discriminación positiva" (curiosa expresión). E eu que cría que estaba a facer algo bo!

Cos mesmos argumentos... o Dicionario de Mulleres Galegas de Aurora Marco é discriminatorio? O Álbum de mulleres do Consello da Cultura Galega é discriminatorio? O artigo A ciencia ten nome de muller é discriminatorio? o Wikipedia:Wikiproxecto galegas é discriminatorio? ... Expresade, por favor, se considerades que hai que borrar este último.

Non tomedes o seguinte como unha argumentación para manter a categoría, que non o é. A categoría borrarase.

Gustaríame saber cantos artigos sobre mulleres hai na Galipedia. Alguén sabería dar unha cifra?

Entendo, logo, que haberá que borrar tamén Categoría:Mulleres por países e Categoría:Mulleres de España. Non si?

Por último, como curiosidade, botádelle un ollo a isto: [1]. --. HombreDHojalata.conversa 25 de setembro de 2013 ás 16:16 (UTC)[responder]

Ninguén discute que o fixeras por boa intención, pero se só categorizamos ás mulleres estamos a discriminar, e pódese interpretar de maneira non positiva, se existira unha categoría igual para homes ([2]) xa non sería discriminatorio, aínda que como opinión persoal, creo que non se debería facer unha categoría segundo o sexo, senón pola súa actividade. --JaviP96 25 de setembro de 2013 ás 18:53 (UTC)[responder]

Eu levo pouco tempo fedellando na Wikipedia e aínda non sei como funcionan moitísimas cousas, polo que non teño moi clara a miña opinión sobre este tema, pero cría necesario que intervise unha muller, xa que a Wiki é un "mundo de homes", dado que a maioría dos usuarios son homes e hai moitos máis contidos sobre homes que sobre mulleres, así como máis artigos de "temática masculina" que de "temática femenina". Así pois, igual si que sería necesario manter a categoría e facer unha discriminación positiva para tratar de loitar contra esta desigualdade. --Evafuentes (conversa) 26 de setembro de 2013 ás 16:06 (UTC)[responder]

Nas wikipedias máis importantes existe a categoría Muller, que recolle os temas relacionados coa muller, que entendo que si deben ter unha visibilidade: dende o feminismo á historia das mulleres pasando por fisioloxía do corpo da muller. Tamén en paralelo debería existir unha categoría Varón. Pero, en troques, non existe a categoría muller aplicada de forma extensiva a todas as mulleres. De feito cando entramos nas categorías de "mulleres francesas" vemos sopranos, bailarinas, etc., pero non vemos arquitectas. Sopranos só poden ser as mulleres. Creo que o límite é difuso, e pasa con bailarinas e con actrices, por exemplo.

Ora ben, a wikipedia non é un medio para facer discriminación, nin negativa, nin positiva. Ten que ser o máis neutral que se poida, e unha cousa é que na nosa vida privada como editores, defendamos modelos de discrimación positiva e outra que a Wikipedia, que é neutral e diversa, deba tomar partido e asumir un nesgo, sexa o que sexa. Este debate é moi interesante e vou propoñer o borrado da categoría, cando xunte con calma exemplos e argumentos. Moitas grazas.--Xabier Cid Talk 2 me, please 7 de outubro de 2013 ás 21:48 (UTC)[responder]

Se hai unanimidade para borrala non creo que haxa que darlle máis voltas. Porén, este tema prodúceme bastante frustración, por dous motivos:
  1. Estou seguro de que Xas, Javi, Piquito .... tiveches que ver ducias de edicións en cambios recentes de cando estaba armando a categoría. Porque non dixeches nada antes?
  2. O carallo do bot deixoume de funcionar. Di: Token not found on wikipedia:gl. You will not be able to edit any page e non sei como amañalo. Así que terei que borrar as +300 Categoría:Mulleres de Galicia co hotcat. --. HombreDHojalata.conversa 8 de outubro de 2013 ás 15:04 (UTC)[responder]

HombreDHojalata, eu non sei se é habitual nesta wiki empregar esas categorías, ao ver as argumentacións deducín que non o era e pareceume lóxico eliminar esta categoría tal e como están as cousas agora. Sigo pensando en que non están ben organizadas as categorías de persoas e que cecais poderiamos tentar mudar as categorías por "Personalidades da Coruña" por exemplo, ou algo así. Piquito (conversa) 8 de outubro de 2013 ás 15:18 (UTC)[responder]

Eu non me dera de conta, HombreDHojalata. Pero bueno, ás veces nunha cousa non reparas ata que alguén o enfoca doutra maneira... Eu non tiña claro o borrado total, e por iso non o fixera e quería darlle unha volta máis. Pero xa que o fixeches non o vou debater. Un saúdo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 8 de outubro de 2013 ás 21:02 (UTC)[responder]

Perdonade por chegar a estas alturas á conversa pero é que non o tiña nada claro. Eu vexo que a categoría pode non ser consitente pero tamén penso que pode ser útil e xusto agora acabo de decatarme dunha cousa: e se facemos que esta sexa unha categoría oculta? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de outubro de 2013 ás 23:24 (UTC)[responder]