Conversa categoría:Nados en Xalisco
Aparencia
Usuario:Anton45, o "no estado de" é innecesario ao non se chamar así a capital: non hai outro Xalisco, polo que a categoría debe ser esta (cf. Categoría:Nados en Montana, Categoría:Nados en Cataluña vs. Categoría:Nados na Rexión de Murcia, Categoría:Nados na Bretaña, etc.). Saúdos! --Norrin (Fálame) 3 de xullo de 2014 ás 12:46 (UTC)
- Usuario:Norrin strange, pero que é un estado é un feito e polo tanto poderia aparecer no nome, onde aparece recollido ese feito no libro de estilo. Grazas pola aportación pero agradecería que non reverteras os meus cambios antes de discutilos, grazas. --Anton45 (conversa) 3 de xullo de 2014 ás 12:49 (UTC)
- Non, porque para as categorías e para os títulos dos artigos úsase a forma máis sinxela de non haber posibilidade de erro. E neste caso non o hai, e no de Chiapas e demais tampouco. E, falando de discutir os cambios, poderías facer ti o mesmo. --Norrin (Fálame) 3 de xullo de 2014 ás 12:51 (UTC)
- Tamén, por outra banda, é un feito que Galicia é unha CA, e non temos "Nados na comunidade autónoma de Galicia", é un feito que Guipúscoa é unha provincia e non temos "Nados na provincia de Guipúscoa", é un feito que Vigo é un concello e non temos "Nados no concello de Vigo". E así, ad infinitum. --Norrin (Fálame) 3 de xullo de 2014 ás 12:56 (UTC)