Saltar ao contido

Conversa modelo:Castro

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Elisardo, eu cambiaría com. autónoma por país. --Atobar (conversa comigo) 12:49, 8 de febreiro de 2011 (UTC)

Ocorre unha cousa: ata agora estivemos prestándolles moita atención ós castros galegos, pero hai que ter en conta que a cultura castrexa excede moito as fronteiras de Galicia, mesmo da Galicia estremeira. Algún día haberá que falar de castros que se localizan en Asturias, en Salamanca ou en Portugal. Non sei se a iso hai que darlle a consideración de país ou so ter en conta as categorías político-administrativas, pero hai que atopar un modo de diferenciar. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 15:11, 8 de febreiro de 2011 (UTC)
O modelo xa ten país, e tamén contempla que o castro esté ubicado específicamente en Portugal cuns parámetros específicos para eses casos, podedes velo na documentación do modelo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15:41, 8 de febreiro de 2011 (UTC)

Teño unha dúbida: é frecuente que nun mesmo xacemento arqueolóxico se emprendan varias campañas de escavacións, ás veces moi distantes no tempo. Nese caso sería bo facelas constar todas ou só a última ou só a primeira...? Eu non o teño nada claro. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 16:05, 8 de febreiro de 2011 (UTC)

Eu penso que na data de escavación debería ir a última, e que habería que cambiar o modelo para que non poña o de Periodos de escavación (xa que só permite poñer unha data) e cambialo por Data da última escavación. Logo no artigo debería incluirse unha sección de Períodos de escavación ou Campañas de escavación que fose indicando cándo se fixeron as excavacións, por quén, as achegas que foron facendo cada unha delas, etc. O comezos das escavacións non me parece importante poñelo no modelo xa que, aínda que non é o mesmo, xa se inclúe a data da descuberta. E si se cambia, haberá que actualizar a documentación para que quede todo clariño. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17:51, 8 de febreiro de 2011 (UTC)

Outra observación: sen ser un especialista, creo que o campo "Data da descuberta" non ten sentido ningún. Se nos estamos referindo á data na que o castro en cuestión foi coñecido polos especialistas, ou recollido ou rexistrado, daquela habería que cambiarlle o nome ó campo (algo así como "Data de rexistro"), pero aínda así paréceme bastante irrelevante. Se, pola contra, nos referimos á data na que foi coñecida a súa existencia como castro, hai que facer notar que no agro galego nunca se perdeu a conciencia de que aquilo era un castro. Non hai máis que observar a toponimia. O pobo galego foi sempre un pobo culto e tivo sempre unha clara conciencia da súa historia (unha historia tal vez mítica, pero presente), foi a academia a que tardou en coñecer a existencia de catros, medorras e moimentas, non o paisano, que sabía localizalas con moita precisión na súa historia como pobo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:43, 8 de febreiro de 2011 (UTC)

No de que a xente do campo sabía, e sabe, ónde se atopan a maioría dos castros é moi certo, pero por outra banda tamén é certo que algún foi esquecido e perdido nos séculos, e seguramente algún aínda está por descubrir, só fai falta que fagan unha carretera nova ou algo así. Estou dacordo en cambiarlle o nome por Data de rexistro e manter o campo porque paréceme un dato a ter en conta. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:14, 8 de febreiro de 2011 (UTC)

Cátalogo da Xunta

[editar a fonte]

habería que pensar en incluir no modelo o código do catálogo da xunta de galicia, número que aparece en tódolos castros catalogados pola xunta e nos PXOM
|label8 = Catálogo
|data8 = {{{catálogo|}}}—o anterior comentario sen asinar foi feito por 47.62.145.97 (conversacontribucións) 18 de decembro de 2016 ás 11:53‎

Si, penso que sería unha boa achega, a ver se alguén llo pode engadir... Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de decembro de 2016 ás 02:00 (UTC)[responder]
Feito! Feito! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de xaneiro de 2018 ás 00:22 (UTC)[responder]